Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31538

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se acorda a caducidade do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ramón Pascual Cánovas Martínez.

Por Resolución do 3 de xuño de 2019, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio (publicada no DOG núm. 120, do 26 de xuño, e BOE suplemento de notificacións núm. 156, do 1 de xullo), acordouse a incoación do procedemento para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ramón Pascual Cánovas Martínez.

De conformidade co disposto no artigo 20.bis.6 da Lei 33/2003, do patrimonio das administracións públicas, o prazo máximo ordinario para a resolución deste procedemento era dun ano, contados desde a data da adopción do acordo de incoación, segundo prescribe o artigo 21.3.a) da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ao terse excedido o prazo para resolver o procedemento cómpre declarar a súa caducidade de acordo co establecido no artigo 25.1.b) da Lei 39/2015, ordenando o arquivamento das actuacións e cos efectos previstos no artigo 95 do mesmo texto legal, é dicir e para o caso, reservándose esta Administración autonómica o seu dereito a iniciar novo procedemento pola persoa causante de referencia, incorporando a este os actos e trámites que polo seu contido se manterían igual de non se ter producido a caducidade, sen prexuízo de que no novo procedemento que se incoe se deban cumprimentar os trámites de publicacións e alegacións previstos no artigo 20.bis.3 da Lei 33/2003.

Segundo o anterior, en exercicio das competencias atribuídas á Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio nos artigos 4 da Lei 5/2011, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e 4 e 7 do Decreto 30/2017, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, de acordo co artigo 20.bis da Lei 33/2003, de patrimonio das administracións públicas,

ACORDO:

Primeiro. Declarar a caducidade do procedemento incoado o 3 de xuño de 2019 para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Ramón Pascual Cánovas Martínez, con DNI 78444297Z, ordenando o arquivamento das súas actuacións cos efectos previstos no artigo 95 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Segundo. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, Anuncios, que se pode consultar no seguinte enlace:

http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Sevilla e Pedrafita do Cebreiro.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020

Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda