Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31536

V. Administración de xustiza

Xulgado de Instrución número 3 de Lugo

EDICTO (52/2019).

No procedemento de divorcio contencioso 52/2019 do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo seguido por Cecilia Molina Roca fronte Rubén Castro Trigo, declarado en situación de rebeldía procesual, ditouse sentenza con número 10/2020 co seguinte encabezamento e resolución:

«En Lugo o 17 de xuño de 2020

Sergio Orduña Alonso, maxistrado do Xulgado de Instrución número 3 de Lugo e o seu partido, viu os presentes autos de divorcio contencioso con número de autos 52/2019 onde foi parte demandante Cecilia Molina Roca, baixo a representación procesual da procuradora Sra. Peláez García e coa asistencia da letrada Sra. Martínez Orejas, e parte demandada Rubén Castro Trigo, en situación de rebeldía procesual.

Decido que, estimando a demanda de divorcio presentada pola representación procesual de Cecilia Molina Roca en que é parte demandada Rubén Castro Trigo, debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio de Cecilia Molina Roca e de Rubén Castro Trigo cos efectos legais inherentes a esta, isto é, a revogación de consentimentos e poderes outorgados entre os que formaban matrimonio e a disolución da sociedade de gananciais.

Non se fai expresa condena en custas.

Contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo no prazo de vinte (20) días desde a súa notificación, logo de consignación de 50 euros na conta do expediente, de conformidade co ordenado na disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009. Faise saber ás partes que conforme establece o artigo 774 da LAC: “5. Os recursos que, conforme a lei, se interpoñan contra a sentenza non suspenderán a eficacia das medidas que se tiveren acordado nesta. Se a impugnación afectase unicamente os pronunciamentos sobre medidas, declararase a firmeza do pronunciamento sobre a nulidade, separación ou divorcio”.

E firme que sexa esta resolución, expídase o oportuno despacho para a anotación marxinal desta na inscrición de matrimonio (artigo 755 da LAC)».

E encontrándose o demandado en situación de rebeldía procesual, de conformidade co disposto nos artigos 156.4, 164 e 497.2 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, mediante este edicto notifícase a Rubén Castro Trigo o contido da sentenza ditada no referido procedemento.

Lugo, 16 de xullo de 2020

Gonzalo Lobato Andrés
Letrado da Administración de xustiza