Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 7 de agosto de 2020 Páx. 31565

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 22 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, de incoación de expediente de exclusión de listas de selección temporal.

Para que sirva de notificación a Carmen María Mota Fraga, ao non ter sido posible efectuar esta no último domicilio coñecido da interesada e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que pola Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 9 de marzo de 2020 iniciouse un procedemento administrativo de exclusión de listas de selección temporal na categoría de técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

O texto íntegro do acordo de incoación así como a documentación que figura no expediente encóntrase á disposición da interesada nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao desta publicación para formular sobre o contido do acordo de iniciación as alegacións que considere convenientes.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos