Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 11 de agosto de 2020 Páx. 31889

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o curso 2020/21 (código de procedemento TU200A).

BDNS (Identif.): 518830.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións: (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán solicitar estas bolsas os/as alumnos/as que reúnan os requisitos académicos e económicos que establece esta resolución e teñan feito, se procede, a reserva de praza nalgunha das titulacións do CSHG para o curso 2020/21, no seu primeiro curso.

No caso de que non se outorgue a totalidade das bolsas incluídas para a convocatoria do curso 2020/21, poderán outorgarse ao alumnado do resto de cursos, sempre que reúnan os requisitos establecidos para a obtención das bolsas no artigo 4 destas bases, salvo o de cursar o primeiro curso.

Segundo. Obxecto

O establecemento de bolsas de matrícula, en réxime de concorrencia competitiva, para os/as alumnos/as que cursen as titulacións que imparte o CSHG para o curso 2020/21.

Clases e contías das bolsas:

As bolsas consistirán no desconto dunha parte porcentual dos prezos da matrícula en réxime externo da titulación en que se matricule.

Segundo a contía, establécense dúas modalidades:

Tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Conforme as titulacións que se imparten no CSHG, a través da presente convocatoria outorgaranse as seguintes bolsas para o curso 2020/21:

a) 6 bolsas tipo I para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.

b) 12 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma Superior en Xestión Hoteleira.

c) 3 bolsas tipo II para o 1º curso de Diploma de Gastronomía e Xestión en Cociña.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 31 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de bolsas para a realización de estudos no Centro Superior de Hostalaría de Galicia e se procede á súa convocatoria para o curso 2020/21 (código de procedemento TU200A).

Cuarto. Importe

Bolsas tipo I: supoñen un desconto do 80 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Bolsas tipo II: supoñen un desconto do 50 % do prezo da matrícula ordinaria por titulación.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Sexto. Aboamento e xustificación

A bolsa non supón a entrega efectiva de diñeiro ao/á alumno/a a quen lle foi concedida. A concesión da bolsa supón a posibilidade de matricularse nas titulacións sen necesidade de aboar o importe que lle foi concedido segundo o tipo de bolsa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2020

A directora da Axencia Turismo de Galicia
P.S. (Artigo 19.6 do Decreto 196/2012, do 27 de setembro,
DOG núm. 193, do 9 de outubro)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia