Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 5074/2019 BC
Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario (PO) 317/2017 Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela
Recorrente: Ambuibérica, S.L.
Avogado: Ricardo Pérez Seoane
Recorridos: Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Roberto Porto Castro
Avogados: letrado de Fogasa (...), María Rocío Arnoso Moure
Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de Xustiza da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5074/2019 desta sección, seguidos por instancia de Ambuibérica, S.L. contra a empresa Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., Roberto Porto Castro, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:
«Decidimos: que desestimamos o recurso de suplicación formulado por Ambuibérica, S.L. contra a sentenza ditada o 19 de febreiro de 2019 polo Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela en autos número 317/2017 sobre cantidades, seguidos por instancia de Roberto Porto Castro contra a recorrente e contra Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., resolución que se mantén na súa integridade.
En canto a depósito, aseguramento e costas obsérvese o razoado.
Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:
– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.
– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.
– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).
Unha vez que sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.
Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 20 de xullo de 2020
A letrada da Administración de xustiza


