Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32048

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2020 pola que se publican a relación das persoas beneficiarias e o importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2020.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, procédese á publicación dos adxudicatarios e do importe das bolsas.

Obxecto da axuda: as bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

As bolsas terán unha duración de seis meses (6) contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Políticas Culturais de acordo co centro de destino.

As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente ata outros seis meses (6) en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2021.

Norma reguladora: Orde do 7 de xaneiro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2020 (código de procedemento CT110A) (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro).

Crédito orzamentario: 107.406 € (cento sete mil catrocentos seis euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.20.432A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Beneficiarios: os beneficiarios e o importe das bolsas figuran no anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data de notificación desta aos interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a data de notificación.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo

ANEXO I

Relación de adxudicatarios e importe das bolsas de arquivos

Nome e apelidos

Puntos

Destino

Importe

1

Josué Malvido Sánchez

5,75

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

5.370,30 €

2

Elena Montero Sabín

4,35

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

5.370,30 €

3

Carolina Fiaño Valverde

4,25

Arquivo Territorial de Vigo

5.370,30 €

4

Sara Cajigal Faginas

3,90

Arquivo Territorial de Pontevedra

5.370,30 €

5

Eva Colmeiro Romero

3,60

Arquivo de Galicia

5.370,30 €

6

Ana Cebreiros Iglesias

3,50

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

5.370,30 €

7

André Gómez Santos

3,50

Arquivo do Reino de Galicia

5.370,30 €

8

Gema Martínez-Seara Vázquez

3,50

A M Ribadavia

5.370,30 €

9

Brenda Rodríguez Seoane

3,25

A M Ordes

5.370,30 €

10

María Luz Sánchez Pérez

2,75

A M Bergondo

5.370,30 €

11

Luciano Piñón Pita

2,65

A M Abegondo

5.370,30 €

12

Álvaro Pérez Montero

2,50

A M Celanova

5.370,30 €

13

Ana Isabel Delgado Iglesias

2,25

A M Celanova

5.370,30 €

14

Tamara González López

2,05

A M Paradela

5.370,30 €

15

Borja Arias Mas

2,00

A M Ordes

5.370,30 €

16

Alejandro Chousa Méndez

2,00

A M Muros

5.370,30 €

17

María Isabel Almau Taboada

2,00

A M Carballo

5.370,30 €

18

Salustiano Ferreirós Muinelo

1,85

A M Aranga

5.370,30 €

19

Rodrigo Márquez Gómez

1,75

A M Boborás

5.370,30 €

20

Menchu Garrote Espantoso

1,35

A M Ponteceso

4.475,25 €