Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Mércores, 12 de agosto de 2020 Páx. 32050

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 30 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT207A).

Advertido erro no contido da citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 159, do 10 de agosto de 2020, procede facer as oportunas correccións:

Nas páxina 31733 e 31734, do contido, debe dicir:

«O 29 de xaneiro de 2019 publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 20 a Resolución do 27 de decembro de 2018 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego e se convocan para o ano 2019 (código de procedemento CT207A).

O día 14 de marzo en virtude do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, declárase o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria, ocasionada polo COVID-19, crise que se fixo extensible a todos os sectores económicos e sociais.

A Axencia Galega das Industrias Culturais, sendo sensible ao impacto producido pola pandemia nas empresas audiovisuais, a través da Consellería de Cultura e Turismo, elevou ao Consello da Xunta de Galicia, para a súa valoración, as propostas relativas a aqueles expedientes de subvencións para os cales se propoñía a súa continuidade, así como de modificacións das que estaban en execución por estaren vinculadas con carácter maioritario ao funcionamento de servizos públicos esenciais e á protección do interese xeral. Este, por Acordo do 24 de abril de 2020, determinou a continuación da tramitación de determinados expedientes e procedementos en materia de subvencións, no eido da Administración xeral e das entidades instrumentais do sector público autonómico.

O día 30 de abril de 2020, por Acordo do Consello da Xunta de Galicia, apróbase o Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19 e adoptouse un paquete de medidas dirixidas ao sector cultural co obxectivo de paliar esta crise e reactivar o sector cultural e turístico que se fixo público o día 5 de maio de 2020.

Entre as medidas que recolle o plan atópanse “as medidas de apoio ao sector audiovisual”, o que supón unha inxección de liquidez ás empresas a través da modificación extraordinaria das convocatorias de axudas ao audiovisual para a consecución dos anticipos.

Ase mesmo, no ámbito estatal o día 6 de maio de 2020, publícase o Real decreto lei 17/2020, do 5 de maio, polo que se aproban medidas de apoio ao sector cultural e de carácter tributario para facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19, adaptando ás xa existentes para protección tanto de traballadores como para as empresas especialmente autónomos e pemes do sector cultural e dentro deste do audiovisual.

Por estes motivos, a Axencia Galega das Industrias Culturais considera necesaria a modificación da convocatoria do ano 2019 das subvencións a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego,

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Modificar a Resolución do 27 de decembro 2018 pola que aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a producións e coproducións audiovisuais de contido cultural galego, e se convocan para o ano 2019, que quedará redactada como segue:

Primeiro. A base cuarta, puntos 2 e 3, que resultan redactados como segue:

2. Estas subvencións terán carácter cuatrianual ou bianual no caso da modalidade D, e admitiranse aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a solicitude e a data máxima de xustificación establecida na presente convocatoria para cada modalidade.

3. O importe global máximo para o financiamento da presente convocatoria será de 2.000.000 de euros, distribuídos por anualidades: 214.000 euros para o exercicio 2019, 1.204.000 euros para o exercicio 2020, 388.000 euros para o exercicio 2021 e 194.000 euros para o exercicio 2022, suma que irá con cargo á aplicación orzamentaria 11.A1.432B.770.0 do orzamento de gastos da Agadic, coa seguinte distribución:

2019

2020

2021

2022

Total

Modalidade D

20.000

40.000

 

60.000

Resto modalidades

194.000

1.164.000

388.000

194.000

1.940.000

Total

214.000

1.204.000

388.000

194.000

2.000.000

– 60.000 euros para a modalidade D, con carácter bianual: 20.000 para a anualidade 2019 e 40.000 para a anualidade 2020.

– 1.940.000 euros, para o resto das modalidades, con carácter cuatrianual: 194.000 euros para a anualidade 2019, 1.164.000 euros con cargo ao exercicio 2020, 388.000 euros con cargo ao exercicio 2021 e 194.000 euros con cargo ao exercicio 2022. Deste orzamento, 1.440.000 euros resérvanse para as modalidades A1, A2, B e C, sen prexuízo de reasignar as cantidades entre as distintas modalidades se non hai suficientes proxectos que acaden a puntuación exixida.

Segundo. A base décimo sexta que regulamenta o pagamento e xustificación, que resultan redactados como segue:

3. No resto dos proxectos subvencionados, o réxime de pagamentos anticipados será o seguinte:

...b) Nos supostos en que os pagamentos anticipados superen a contía de 18.000, quedarán eximidos da constitución de garantía sempre que presenten a seguinte documentación, e nos prazos establecidos, en cada unha das anualidades:

Poderá pagarse a anualidade 2019 a partir do momento da concesión, tras resolución motivada de concesión, sempre que se solicite como máximo ata o 15 de novembro de 2019 e logo da presentación da seguinte documentación:

– Declaración responsable do inicio dos traballos e do estado de execución dos proxectos.

– Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

Poderá pagarse a totalidade da anualidade 2020 para facer fronte á crise do COVID, como pagamento anticipado sen xustificación, de conformidade co establecido no artigo 63 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, tras resolución motivada de concesión, sempre que a solicitude se presente entre o día 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e se acompañe da documentación que se relaciona:

1. Memoria do estado do proxecto canto aos traballos de desenvolvemento realizados.

2. Acreditación de que o proxecto dispón de como mínimo do 25 % do financiamento total mediante a documentación que proceda: 

– Certificación bancaria sobre a existencia e titularidade dos fondos propios consignados polo beneficiario no plan de financiamento.

– Contratos de coprodución, se é o caso.

– De ser o caso, contratos en firme de adquisición de dereitos de explotación da obra con empresas prestadoras de servizos de comunicación audiovisual, axencias de vendas internacionais e distribuidoras. 

– De ser o caso, documentación xustificativa (contratos ou documentos válidos no tráfico mercantil) que acredite outras vías de financiamento das cales deriven ingresos destinados a cubrir os custos de produción

3. Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

– Nos supostos en que se teña presentado a documentación exixida para o pagamento da anualidade 2020, poderá pagarse ata o 100 % da anualidade 2021, como anticipado sen xustificación, sempre que se solicite a partir da comunicación do inicio da rodaxe e sempre a partir do 1 de xaneiro de 2021 e se acompañe da documentación que se relaciona:

1. Memoria da execución orzamentaria do proxecto, pagamentos efectuados e calendario de pagamentos pendentes.

2. Contratos definitivos subscritos cos responsables da produción executiva, guión e dirección, se non foron achegados con anterioridade, e contratos definitivos asinados cos xefes de equipo e os actores protagonistas.

3. Declaración de axudas públicas que figura no anexo II.

4. Acreditación de que o proxecto dispón de como mínimo o 60 % do financiamento total mediante a presentación de:

– Certificación bancaria sobre a existencia e titularidade dos fondos propios consignados polo beneficiario no plan de financiamento.

– Contratos en firme de coprodución, se é o caso.

– De ser o caso, contratos en firme de adquisición de dereitos de explotación da obra con empresas prestadoras de servizos de comunicación audiovisual, axencias de vendas internacionais ou distribuidoras. Os contratos con axencias de vendas e/ou distribuidoras deberán acompañarse dun historial cos títulos comercializados e distribuídos polas empresas contratantes nos últimos tres anos.

– Documentación xustificativa (contratos ou documentos válidos no tráfico mercantil) que acredite outras vías de financiamento dos cales deriven ingresos destinados a cubrir os custos de produción.

– Aqueles beneficiarios que soliciten pagamentos anticipados que excedan a contía de 18.000 euros e non envíen a documentación citada deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O pagamento final da subvención procederá una vez cumpridas as obrigas establecidas na presente resolución e xustificada de conformidade cos artigos seguintes, sempre a partir do 1 de xaneiro de 2022. A xustificación incompleta ou insuficiente dará lugar á redución do pagamento nas porcentaxes incumpridas.

5. O prazo de xustificación da subvención rematará o 30 de novembro de 2020 para a modalidade de curtametraxes (modalidade D), e o 15 de xuño de 2022 para o resto das modalidades. Transcorrido este prazo sen que se presente a xustificación ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia».