Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32306

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 6 de agosto de 2020 ditada no procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

Con data do 24 de xaneiro de 2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 16 a Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña, modificada en virtude da Resolución do 10 de xullo de 2020, publicada o 13 de xullo de 2020 no Diario Oficial de Galicia número 138, modificación motivada polo restablecemento dos prazos administrativos en virtude do Real decreto 537/2020, do 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma decretado polo Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria orixinada polo COVID-19.

Finalizada a tramitación, o 27 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia número 149 a Resolución do 17 de xullo de 2020 pola que se publica a Resolución do 16 de xullo de 2020, coa selección da entidade privada sen ánimo de lucro Fundación Diagrama Intervención Psicosocial, para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

Ao abeiro do establecido no número décimo sexto do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019, modificada pola Resolución do 10 de xullo de 2020, e de acordo co sinalado no resolvo terceiro da Resolución do 16 de xullo de 2020, tendo en conta a paralización e reactivación dos prazos administrativos derivados do estado de alarma, no caso de que o 2 de agosto de 2020 a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial non conte co permiso do inicio de actividades para o CIEMA, ou non cumpra calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, ditarase resolución en que se declare decaída no seu dereito e se designe como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

De conformidade co exposto, con data do 6 de agosto de 2020 dítase resolución administrativa e que se declara decaído o dereito e procédese á súa notificación.

O número décimo cuarto do anexo I da Resolución do 30 de decembro de 2019 establece que a resolución do procedemento se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 6 de agosto de 2020, ditada no procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2020

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
P.A. (Disposición adicional primeira do Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

«Resolución do 6 de agosto de 2020, ditada no procedemento BS213C, pola que se selecciona unha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña.

A través da Resolución do 30 de decembro de 2019 pola que se convoca o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na Lei orgánica 5/2000, do 12 de xaneiro, reguladora da responsabilidade penal dos menores na provincia da Coruña, convocouse o procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir na provincia da Coruña medidas non privativas de liberdade, denominadas de medio aberto, ditadas polos xulgados de menores, e de tarefas e actividades de reparación extraxudiciais, segundo o establecido na LORPM, de conformidade coas bases establecidas no anexo I, a través da formalización dun convenio de colaboración (anexo IV).

Con data do 13 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de xullo de 2020 pola que se modifica a Resolución do 30 de decembro de 2019. De acordo co establecido no número décimo sexto da Resolución do 30 de decembro, que foi obxecto de modificación en virtude desta resolución, no caso de que o 15 de maio de 2020 a entidade seleccionada no procedemento selectivo non conte con permiso de inicio de actividades para o CIEMA ou non cumpra calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, agás nos supostos afectados pola suspensión dos prazos administrativos establecida coa declaración do estado de alarma, se é o caso, a persoa titular da Consellería de Política Social ditará resolución en que a declare decaída no seu dereito e designe como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte entidade que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

O 27 de xullo de 2020 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 17 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 16 de xullo de 2020, do procedemento de selección dunha entidade privada sen ánimo de lucro para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na LORPM na provincia da Coruña, seleccionando a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial para levar a cabo a dita intervención .

De acordo co sinalado na dita resolución, tendo en conta a paralización e reactivación dos prazos administrativos derivados do estado de alarma, en caso de que o 2 de agosto de 2020 a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial non conte con permiso de inicio de actividades para o CIEMA ou non cumpra calquera outro dos requisitos fixados no procedemento, ditarase resolución en que se declare decaída no seu dereito e se designe como entidade seleccionada para a sinatura do convenio a seguinte entidade que obtivese maior puntuación de entre as valoradas no proceso de selección. Procederase á sinatura do convenio coa entidade seguinte que cumpra os requisitos exixidos na convocatoria, seleccionada pola orde en que quedasen clasificadas as propostas.

O día 4 de agosto de 2020 solicitouse certificación ao órgano competente en materia de inspección de servizos sociais da Consellería de Política Social, co fin de que informe se a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial conta co permiso de inicio de actividade para o equipamento que propoñen. A dita unidade achega certificado en que se indica que a entidade non conta con permiso de inicio de actividade para o dito equipamento.

Tendo en conta o exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar decaída no seu dereito a Fundación Diagrama Intervención Psicosocial, seleccionada para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na LORPM na provincia da Coruña, de acordo coa Resolución do 16 de xullo de 2020, tendo en conta que, tal e como se sinala no resolvo terceiro da dita resolución, non conta con permiso de inicio de actividades para o CIEMA.

Segundo. Designar a Fundación Camiña Social como entidade seleccionada para a sinatura do convenio para levar a cabo unha intervención educativa integral con persoas menores que teñan que cumprir medidas xudiciais e outras actuacións de medio aberto previstas na LORPM na provincia da Coruña.

Terceiro. Asinar o convenio coa entidade seleccionada con data límite do 1 de outubro de 2020.

Cuarto. A resolución ditada neste procedemento esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de silencio administrativo, o prazo será de seis meses desde o día seguinte a aquel en que a solicitude se entenda desestimada.

Potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución é presunta, en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ao abeiro dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Quinto. A publicación desta resolución producirá os efectos de notificación, nos termos establecidos no número décimo cuarto da Resolución do 30 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social»