Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Xoves, 13 de agosto de 2020 Páx. 32305

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 27 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión das axudas para o sector editorial galego, relativas a gastos de edición, distribución e comercialización das publicacións editoriais no ano 2020, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento CT238A).

Advertidos erros na orde publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 156, do 5 de agosto de 2020, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 31157, no artigo 4, letra m), onde di: «As reimpresións de obras salvo o previsto no artigo 1, número 2, letra d)», debe dicir: « As reimpresións de obras».

Na páxina 31166, no artigo 21, parágrafo 2, onde di: «Para os efectos do disposto no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considérase gasto realizado e pagado o que se acredite entre a data de publicación da resolución de concesión da subvención e o prazo de xustificación previsto na presente orde», debe dicir: «Para os efectos do disposto no artigo 29.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considérase gasto realizado e pagado o que se acredite entre o 1.9.2019 e o 31.10.2020 (ambos incluídos)».