Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32567

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 6 de xullo de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 861, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 6 de xullo de 2020, foi autorizada a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 861 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 59,77 m2.

Data da resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11.7.2019).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Antiga titular: María Teresa Torrado Torrado.

Nova titular: Pilar Ouviña Otero (***4538**).

A nova titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas da anterior.

Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 6 de xullo de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo