Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32568

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de aprobación inicial de proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta dos terreos necesarios para a urbanización parcial das rúas Cataluña, Celso Emilio Ferreiro e de nova apertura (A. Alvajar e M. Araújo).

De conformidade co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que o Pleno do Concello de Narón, en sesión ordinaria celebrada o día 25 de xuño de 2020, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación polo procedemento de taxación conxunta, dos terreos necesarios para a urbanización parcial das rúas Cataluña, Celso Emilio Ferreiro e de nova apertura (A. Alvajar e M. Araújo).

Así mesmo, acordouse someter a información pública polo período dun (1) mes o referido proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia, no taboleiros de edictos do concello e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Para estes efectos e, desde o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, o proxecto poderá consultarse nas dependencias do Servizo de Expropiacións, sito no 6º andar da casa do concello, de luns a venres, das 8.30 ás 13.00 horas, con cita telefónica previa.

Procederase tamén á notificación individualizada con traslado literal das follas de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos aqueles que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da recepción da notificación.

En cumprimento do establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o presente anuncio serve de notificación aos interesados que poidan resultar descoñecidos, cando se ignore o lugar para a práctica da notificación ou ben cando, intentada a notificación, no se puido efectuar.

Narón, 7 de xullo de 2020

Marián Ferreiro Díaz
Alcaldesa presidenta

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de predio

Afección

Sup. total (m2)

Sup. afectada

(m2)

DNI

Ref. catastral

Valor prezo xusto

01

Parcial

202

38

32605033A

4458804NJ6145N0001TH

3.079,71 €

02

Parcial

117

70

32609850J

32604828M

32631438G

32666279T

32605033A

4458805NJ6145N0001FH

4458805NJ6145N0002GJ

6.039,79 €

03

Parcial

295

79

32588579V

32581345M

32570657N

32520084Q

4558112NJ6145N0001FH,

4558112NJ6145N0002GJ,

4558112NJ6145N0003HK

7.625,84 €

04

Parcial

663

486

32570657N

4458806NJ6145N0001MH

39.617,19 €

05

Parcial

167

160

32664014N

32651938B

4458807NJ6145N0001OH

44.997,74 €

06

Total

40

40

Esta parcela non está catastrada

3.208,38 €

07

Total

51

51

Esta parcela non está catastrada

4.090,68 €

08

Parcial

390

382

B15761604

Esta parcela non está catastrada

34.279,25 €

09

Parcial

78

33

Esta parcela non está catastrada

2.727,12 €