Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32451

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 27 de febreiro de 2020, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou ao seu director xeral para a súa convocatoria, aprobación de créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicación das bases reguladoras

Publicar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e convocar a modalidade de préstamos de IFI Innova do anexo I en réxime de concorrencia non competitiva (procedemento IG534C).

A presente convocatoria finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento Feder do 80 %, en particular:

Préstamos IFI Innova:

Obxectivo temático 01: potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación.

Prioridade de investimento 01.b: fomento do investimento empresarial en I+i, desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector da ensinanza superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente, e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes.

Obxectivo específico:01.02.01: impulso e promoción de actividades de I+i lideradas polas empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora.

Actuación 1.2.1.3: instrumentos financeiros para a mobilización de capital privado.

Campo de intervención: CE064 Procesos de investigación e innovación nas pemes (incluíndo sistemas de vales, procesos, deseño, servizos e innovación social).

Segundo. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009).

b) O 30 de decembro de 2020.

Terceiro. Dotación orzamentaria

Establécese a liña de préstamos directos do Igape IFI Innova polos importes máximos indicados a seguir:

Préstamos IFI Innova: 3.175.000 €.

Os créditos dispoñibles para concesións nesta convocatoria aboaranse con cargo á partida orzamentaria, importes e distribución plurianual que se indican de seguido:

Partida orzamentaria

Liña préstamo

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

09.A1-741A-8310

IFI Innova

675.000

1.250.000

1.250.000

Totais

675.000

1.250.000

1.250.000

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo no 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Cuarto. Prazos de duración do procedemento e para solicitar o cobramento

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación de solicitude de préstamo e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de préstamo.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder o 30 de decembro de 2022.

Quinto. Contido da convocatoria

Os requisitos das letras c), e), f), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 está previsto o uso de instrumentos financeiros reembolsables para mellorar o acceso das pemes ao financiamento.

Tras a realización da avaliación ex ante sobre instrumentos financeiros baseados en Fondos EIE do 2014-2020 para Galicia, exixida no artigo 37.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20.12.2013), mostráronse oportunidades de mellora no financiamento dos investimentos produtivos no territorio galego mediante distintos tipos de produtos financeiros para as pequenas e medianas empresas, e conclúe que o produto prioritario para a súa posta en marcha son os préstamos directos a pemes.

O Igape é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do goberno autónomo para o apoio aos investimentos considerados estratéxicos no ámbito de Galicia.

A Axencia Galega de Innovación (Gain) é unha axencia pública autonómica, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, que ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas, e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas, a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG núm. 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG núm. 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG núm. 48, do 10 de marzo de 2009) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG núm. 234, do 10 de decembro) habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que, con carácter xeral, para ese efecto aprobe.

En virtude destes antecedentes, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos, o Igape e Gain, constituíron un Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia, cofinanciado ao 80 % con fondos procedentes do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, co obxecto de facilitar o acceso ao crédito a aqueles proxectos economicamente viables dos sectores vinculados coa estratexia do programa operativo Feder 2014-2020.

Mediante Resolución do 16 de outubro do 2017 déuselle publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape que aprobou as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procedeu á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 206, do 30 de outubro de 2017), tendo finalizado o prazo de solicitudes o pasado 31.12.2019.

Este programa tivo unha certa demanda por parte das pemes galegas, resultando ser un instrumento de grande utilidade na actual situación dos mercados financeiros, caracterizado polas dificultades de accesibilidade ao crédito con que se atopan os proxectos de investimento e financiación de circulante das pemes.

Por isto resulta conveniente aprobar unhas novas bases reguladoras, que permitan poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma. Inicialmente, convócase un programa de préstamos dirixido a proxectos innovadores, para os que as incertezas e riscos de implantación característicos deste tipo de proxectos, xunto co seu especial interese na competividade do tecido produtivo, fan máis intensa a necesidade de apoio público.

En coherencia co anterior, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión do 27 de febreiro do 2020, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020, establecendo as modalidades de préstamos recollidas no anexo I e de acordo cos seguintes artigos.

Artigo 1. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014), que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se vai a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso, salvo que en este adquirise a eficacia un convenio, ou cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal. Tamén se encadrarán neste suposto aquelas empresas que estean en proceso de negociación cos seus acredores ao abeiro do artigo 5.bis da citada Lei 22/2003, salvo que adquirise eficacia un acordo de refinanciamento.

c) As entidades en que concorrese algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.

4. O Igape realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Características dos proxectos que se van financiar

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables que se vaian implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran, ademais, os requisitos específicos establecidos no anexo I para cada modalidade de produto.

Os investimentos para financiar non poderán terse concluído nin executado integramente na data da resolución da solicitude de préstamo. Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables meras substitucións de bens, traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, gastos de amortización, saneamento de contas, financiamento ou refinanciamento de débedas, pagamento de impostos, nin aquelas afectadas por limitacións específicas do programa operativo Feder.

3. Actividades financiables. Os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no anexo I para cada unha das modalidades do produto financeiro, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

4. Non serán financiables as empresas dos sectores que quedan fóra do ámbito de aplicación establecido no artigo 1 do Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado ás axudas de minimis:

a) Empresas que operan nos sectores da pesca e a acuicultura, regulados polo Regulamento (UE) núm. 717/2014 da Comisión, do 27 de xuño de 2014.

b) Empresas dedicadas á produción primaria de produtos agrícolas.

5. Tampouco serán financiables as tipoloxías de proxectos e actividades excluídas polo artigo 3.3 do Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional:

a) O desmantelamento ou a construción de centrais nucleares.

b) O investimento para lograr a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro procedentes de actividades enumeradas no anexo 1 da Directiva 2003/87/CE.

c) A fabricación, transformación e comercialización de tabaco e elaborados de tabaco.

d) O investimento en infraestruturas aeroportuarias, a non ser que estean relacionadas coa protección do ambiente ou vaian acompañadas dos investimentos necesarios para mitigar ou reducir o seu impacto negativo no ambiente.

Artigo 3. Conceptos de gasto financiables

1. Consideraranse conceptos financiables os seguintes, sempre que reúnan os requisitos establecidos no título III da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para 2014-2020 (BOE núm. 315, do 30 de decembro de 2016):

a) Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, elementos de transporte especial e mobiliario. O importe financiable en concepto de terreos non poderá superar o 10 % do importe do préstamo.

b) Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnolóxica, que deberán cumprir, ademais, todas estas condicións:

1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2) Consideraranse activos amortizables.

3) Adquiriranse a terceiros en condicións de mercado.

4) E deberán figurar no activo da empresa.

c) Gastos de desenvolvemento e innovación, que terán, para estes efectos, a consideración de activo inmaterial, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan xeral de contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir o seguintes tres requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será calculada pola beneficiaria na solicitude, sustentando as súas necesidades cunha metodoloxía analítica, sobre a base das previsións de incremento de actividade a consecuencia do proxecto, detallando custos, marxes e períodos medios de pagamentos a provedores, almacenamento, fabricación, venda e cobramento a clientes.

2º. Á finalización do período de execución do proxecto, deberá acreditarse que o capital circulante se incrementou na contía financiada. Para estes efectos, entenderase como capital circulante o valor das existencias (materias primas, produto en curso e produto terminado) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e as de provedores. O total destes saldos contables deberá terse incrementado, na data de fin de prazo de execución, en contía equivalente á financiada por este concepto.

3º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade serán aplicados ao pagamento de conceptos de gasto corrente do exercicio. A beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, en que aboará as disposicións e na cal se poderán cargar exclusivamente:

i) Pagamentos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, mediante transferencia ou pagamento de efectos.

ii) Pagamentos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.

iii) Pagamento de nóminas e seguros sociais.

iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.

v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

Os fondos non poderán destinarse ao refinanciamento de débedas bancarias, saneamento de contas, ou a atender vencementos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso se realizarán disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que, posteriormente, se apliquen ás finalidades previstas.

e) Exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE do investimento.

f) Non serán subvencionables as contribucións en especie.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior número 2, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en alugamento e/ou en réxime de concesión administrativa, así como a obra civil (construción) levada a cabo en terreos sobre os que a titular teña un dereito de superficie, unha concesión administrativa ou un contrato de alugamento. A vixencia do alugamento, do dereito de superficie ou da concesión administrativa deberá ter unha duración igual ao prazo de execución do proxecto.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario da axuda e o provedor final.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, logo de petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados cando se cumpran os seguintes requisitos:

a) que conste unha declaración do vendedor sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e

b) o prezo non poderá ser superior ao valor de mercado e deberá ser inferior ao custo dos bens novos similares, acreditándose estes aspectos mediante certificación de taxador independente.

Artigo 4. Características dos préstamos

1. As características específicas de cada modalidade de préstamo serán as detalladas no anexo I.

2. Importe do financiamento: os importes mínimos e máximo do financiamento, e a porcentaxe de investimento financiable serán os establecidos no anexo I para cada unha das modalidades de préstamo. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos financiables do proxecto pendentes de pagamento.

3. Custo do financiamento: os préstamos terán un custo inferior ao de mercado por incluír unha subvención implícita determinada conforme o sinalado no artigo 5.

4. Reembolso: os préstamos serán reembolsables nos prazos e carencias sinalados no anexo I.

A beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

Os pagamentos da beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben mediante domiciliación na conta que a beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar debidamente cumprimentado o formulario orde de domiciliación de cargo directo SEPA que se incorpora no anexo V.4. As liquidacións periódicas dos importes a ingresar ou a cargar na conta de domiciliación serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular a título informativo ao enderezo de correo electrónico sinalado no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá a titular da obriga de pagamento nos prazos establecidos. O pagamento da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme o pactado no contrato de financiamento.

5. En caso de producirse o incumprimento total ou parcial das condicións do contrato de financiamento, o Igape poderá dálo por vencido, e requirirá o reembolso total ou parcial, segundo corresponda do capital vivo e os xuros devindicados, sen prexuízo da obriga de reintegro da subvención implícita a que poida dar lugar o expediente de incumprimento conforme o artigo 18 destas bases.

6. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas segundo as características de cada operación, de acordo co establecido para cada modalidade no anexo I.

7. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Artigo 5. Subvención implícita, compatibilidade e límite

1. As operacións financeiras concedidas ao abeiro destas bases inclúen unha axuda implícita, equivalente ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria respecto dunha operación alternativa que poderían obter no mercado financeiro.

A subvención bruta equivalente con base na diferenza entre o tipo de xuros aprobado e os xuros de mercado recollerase no acordo de concesión e será determinada polo Igape coa metodoloxía descrita no anexo II. A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira de que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda.

2. As subvencións implícitas das operacións de financiamento reguladas nas presentes bases terán a consideración de axudas de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

3. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder o préstamo, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

4. A concesión destas axudas queda supeditada ao cumprimento da normativa vixente e, en especial a da Unión Europea. Nestes termos serán compatibles con outras sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) O importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación. En particular, serán compatibles con outras axudas de minimis, sempre que o importe total que se conceda a unha mesma empresa non supere 200.000 € durante calquera período de tres exercicios fiscais. Este límite será de 100.000 € para as empresas que realicen por conta allea transporte de mercadorías por estrada.

b) O gasto financiado con cargo ao préstamo IFI non estea subvencionado por Feder ou outro fondo ou instrumento da Unión. En ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras axudas, poderá subvencionarse un gasto superior ao do custo total subvencionable do proxecto.

5. De conformidade co establecido no artigo 3.5 do Regulamento (CE) nº 1407/2013, as axudas de minimis consideraranse concedidas no momento en que se recoñeza á empresa o dereito legal a recibir a axuda en virtude do réxime xurídico nacional aplicable, con independencia da data de pagamento da axuda de minimis á empresa. En consecuencia, as variacións nas condicións financeiras de mercado posteriores á concesión non afectarán o cálculo da subvención bruta equivalente.

6. Non se poderán utilizar as operacións financeiras reguladas nestas bases para prefinanciar outras subvencións.

Non se utilizarán outras subvencións para reembolsar as operacións financeiras reguladas nestas bases.

Artigo 6. Criterios de selección de proxectos

1. Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme os seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: valoraranse as solicitudes conforme os correspondentes criterios e puntuacións recollidas no anexo I para cada modalidade.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme a metodoloxía de avaliación descrita no anexo III, cualificarase ao proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)».

c) Cualificación da garantía, conforme os criterios descritos no anexo IV, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas no número 1 anterior, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados anexos I, III e IV. Se unha solicitude non alcanza devanditos limiares mínimos, será denegada.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no número anterior deste artigo serán aprobadas por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria para as distintas modalidades de préstamos, en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 7. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. Forma e lugar de presentación de solicitudes.

Para presentar a solicitude de préstamo, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que non está en situación de concurso de acredores sen convenio de acredores eficaz, nin nas circunstancias previstas no artigo 2.4 da Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, nin en proceso de negociación cos acredores ao abeiro do artigo 5 bis da citada Lei 22/2003, ou normativa que a substitúa.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

f) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos financiados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

g) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos financiados durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais en que estean incluídos os gastos da operación (artigo 125.4.d) e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo V.1) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou en que este sexa erróneo (sexa porque teña un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días para a súa emenda, transcorrido o cal se terán por desistidos da súa petición, logo de resolución de arquivamento.

No caso de presentala de xeito presencial, o Igape requirirá o solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa sinatura baste para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada etc.), deberán anexar necesariamente un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e enderezo de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.

2. A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) A documentación específica sinalada no anexo I para cada modalidade do produto financeiro.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de sociedades mercantís:

1º. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores, e poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, de ser o caso, no rexistro competente.

2º. Contas anuais correspondente ao último exercicio pechado.

3º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) En caso de sociedades en constitución:

1º. Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai a constituír.

2º. Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de concesión/denegación. Para tal fin, terá que ser presentada no Igape a escritura de constitución e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, no prazo máximo dun mes desde a presentación da solicitude. Transcorrido o devandito prazo sen presentala ou se a documentación presentada é incorrecta, e logo de requirimento para a súa corrección no prazo de dez días, o Igape arquivará o expediente.

e) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE (resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente).

f) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

g) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

h) De ser o caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

i) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

j) Copia do contrato de alugamento/concesión das instalacións obxecto do proxecto de investimento, de ser o caso.

k) Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de concesión/denegación.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

3. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude: todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Artigo 8. Comprobación de datos

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE). 

f) Certificado de estar ao corrente das obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.

i) Declaración do imposto da renda das persoas físicas do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no anexo V.1 de solicitude e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Investimento do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión. O Comité de Riscos previsto no artigo 10.4 valorará os informes técnicos e, de ser o caso, validaraos e elevará a correspondente proposta ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Artigo 10. Instrución dos procedementos, resolución e notificacións

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións exixidas, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achega dos documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa que, se así non o fixese, se terá por desistido na súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de corrección tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 8 destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pagamento das súas obrigas tributarias e sociais co Estado, coa Comunidade Autónoma e coa Seguridade Social.

2. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que, para a cualificación do risco de crédito, poida solicitarse información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos rexistros mercantís e da propiedade, Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das sociedades de garantía recíproca.

3. Os servizos técnicos do órgano instrutor emitirán informe co seguinte contido:

a) Descrición do solicitante e do proxecto.

b) Comprobacións do cumprimento dos requisitos do beneficiario e de elixibilidade do proxecto.

c) Determinación do importe do proxecto financiable e da contía do investimento proposto.

d) Baremación específica do proxecto de acordo cos criterios do anexo I.

e) Cualificación do risco de crédito de acordo coa metodoloxía do anexo III.

f) Valoración das garantías conforme os criterios do anexo IV.

g) Cálculo da subvención bruta equivalente implícita na operación financeira proposta, con base na diferenza entre o tipo de xuros aprobado e os xuros de mercado, e comprobación dos límites de axudas de estado no proxecto.

Se é o caso, anexaranse os informes preceptivos da Axencia Galega de Innovación (Gain) ou doutros organismos sectoriais e os sinalados no anexo I para cada modalidade de préstamo.

4. Comité de Riscos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020: o Comité de Riscos estará formado por un número impar de membros, e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e da Axencia Galega de Innovación para a avaliación daqueles proxectos do seu ámbito de actuación (IFI Innova), así como das correspondentes consellerías sectoriais. Ademais, poderá solicitarse a presenza, como asesor/a, doutro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións dos proxectos incluídas nos informes técnicos recollidos no artigo 10.3 anterior, podendo acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución a favorable ou desfavorable. Alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación. Nese caso, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución previsto no número 3 do artigo 6.

5. Por proposta da persoa titular da Dirección Xeral do Igape, fundamentada nos acordos do Comité de Riscos, o Consello de Dirección do Igape decidirá a concesión ou denegación da operación. Previamente, poderá decidir, mediante acordo motivado, a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluída a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios. Nestes casos, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución previsto no número 3 do artigo 6.

6. No acordo de concesión do préstamo farase constar, entre outros datos, a identificación da prestameira, o importe do investimento financiable e non financiable, con descrición dos conceptos de gasto, o importe do préstamo, o tipo de xuro aprobado, o seu prazo de vixencia e de carencia, a subvención bruta equivalente calculada con base na diferenza entre o tipo de xuro aprobado e os xuros de mercado, os prazos de execución do proxecto, o de formalización e o de disposición, a descrición das garantías para constituír a favor do Igape, así como outras obrigas e compromisos que se poidan requirir á prestameira, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria. Así mesmo, os beneficiarios serán informados de que a concesión da axuda implica a súa inclusión na lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-

ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

No acordo denegatorio do préstamo farase constar o motivo da denegación.

7. As notificacións dos actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun xustificante de recepción das notificacións (xustificación de recepción telemático).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorre o prazo máximo para resolver sen que recaia resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 11. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) De forma potestativa, recurso previo de reposición ante o órgano ou persoa que ditou o acto impugnado, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento para partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 12. Formalización das operacións financeiras

1. As empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión. Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen que se inste a formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

2. Será por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que a dita operación devindique.

Artigo 13. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase por solicitude da beneficiaria, conforme o modelo do anexo V.2, que se presentará xunto á documentación xustificativa do cumprimento de condicións para a disposición que se establecen no anexo I para cada modalidade de préstamo, e no acordo individual de concesión.

A solicitude de disposición de fondos deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario normalizado co IDE (anexo V.2) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada e rexistrada, e será requisito que as garantías que, de ser o caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto, a persoa titular de Dirección Xeral do Igape emitirá resolución anulando o compromiso pola parte non disposta e axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pagamento dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d).3º.

Artigo 14. Período de execución do proxecto

1. O período de execución do proxecto iniciarase e finalizará nas datas que se indique no acordo de concesión.

2. Todos os xustificantes da realización e pagamento dos investimentos deberán estar datados nese período, así como calquera outra condición establecida no acordo de concesión, salvo que expresamente se estableza outro prazo. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por se axustaren aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución.

Artigo 15. Modificación do acordo de concesión

1. Unha vez ditado o acordo de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas a contía do investimento financiable sempre que se manteña nos límites e porcentaxes máximos de operación financeira respecto do investimento previstos nestas bases, plan de financiamento, localización, garantías, composición do capital (no caso de sociedades mercantís), cambios de titularidade, operacións de fusión ou escisión e variacións entre partidas ou de conceptos de gasto.

2. O beneficiario deberá solicitar a modificación presentando a súa instancia dirixida ao Consello de Dirección do Igape.

O acto polo que se acorde a modificación do acordo será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no cal se dará audiencia aos interesados. Con todo, poderá prescindirse deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

3. O Igape poderá rectificar de oficio o acordo cando dos elementos que figuren nel se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

4. Os prazos para a formalización e disposición dos fondos das operacións, así como os prazos de execución dos proxectos poderán ser modificados, logo de solicitude dos interesados, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape despois do informe da Área de Investimento. Só se poderá autorizar a prórroga por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos en que se acredite que o atraso non é por causa imputable ao beneficiario.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigacións dos prestameiros:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce da operación financeira.

b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión do préstamo subvencionado no prazo establecido no acordo de concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións que realizará o Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, así como ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

d) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da axuda. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da axuda poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere os límites máximos de intensidade da axuda que sexan de aplicación.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos financiados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo VI a estas bases.

g) Proceder ao reintegro anticipado da operación financeira e da subvención bruta equivalente implícita, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de que non poida realizarse o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 17. Xustificación do proxecto

1. A aplicación da operación financeira ao pagamento dos gastos financiables do proxecto acreditarase documentalmente ante o Igape nun prazo máximo de 4 meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión. Dentro do mesmo prazo, deberá xustificarse tamén a execución e pagamento dos investimentos financiados coas restantes fontes, distintas á operación do Igape.

2. Para presentar a documentación xustificativa, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario de xustificación a través da aplicación establecida no enderezo da internet (http://tramita.igape.es).

Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O devandito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada doutros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de xustificación mediante o formulario normalizado (anexo V.3) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou en que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, logo de requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de xustificación na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a xustificación non se presente en prazo ou a xustificación sexa incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda da axuda implícita na concesión do préstamo e a resolución e vencemento anticipado do préstamo, con obriga de reintegro do préstamo pendente e da subvención implícita equivalente, segundo o disposto no artigo 45.2 do Decreto 11/2009. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá o beneficiario das sancións que, conforme a lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de xustificación, o beneficiario presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas co gasto xustificado.

No caso de reforma de inmobles arrendados e/ou en réxime de concesión administrativa, deberá achegarse o contrato de arrendamento/concesión.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria en que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto subvencionado, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo en que conste o cambio empregado.

c) No caso de que o proxecto subvencionado inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da citada Lei 9/2013, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

e) A copia –que permita a súa lectura–, do material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citado no artigo 16.1.f) destas bases.

f) Para a xustificación do capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, deberán achegar extracto da conta bancaria específica a que se refire o artigo 3.1.d).3º destas bases xunto á xustificación documental dos destinos dos fondos, é dicir: facturas de provedores e acredores, nóminas e xustificantes dos importes correspondentes ás retencións e ingresos á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e dos gastos da Seguridade Social, recibos de primas de seguros e, en todos os casos, xustificantes bancarios de pagamento segundo o establecido na anterior letra b).

Ademais, deberase xustificar o incremento da suma de saldos contables das existencias (materias primas, produto en curso e produto terminado) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e as de provedores. Os saldos estarán referidos aos seguintes balances de situación:

1º. Balance inicial: será o balance de situación máis recente presentado para o estudo da operación financeira.

2º. Balance final: será o correspondente ao último día do mes anterior á data de finalización do período de execución. Se esta data é diferente á do peche do exercicio económico, deberase achegar, ademais do balance de situación, un inventario valorado e detallado das existencias, así como un balance de sumas e saldos comprensivo dos saldos de clientes e de provedores e acredores, nos cales se poida identificar o terceiro. Os citados documentos deberán acompañarse de declaración responsable de coincidencia cos rexistros contables da empresa. Cando o importe aplicado ao capital circulante supere 300.000 €, achegarase un informe de auditoría limitado á comprobación dos saldos de existencias, de clientes e de provedores no balance final, que inclúa a verificación do inventario e confirmacións de terceiros.

g) A documentación específica establecida no anexo I para a respectiva liña de préstamo.

6. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumo de facturas do formulario de xustificación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos financiados para acreditar a obriga establecida no artigo 16.1.e): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación financiada.

7. Nos casos en que a xustificación documental resulte insuficiente ou excesivamente complexa para acreditar o importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar que se presente informe de auditoría independente.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, no seu caso, poderá supoñer a perda ou modificación da axuda implícita na concesión do préstamo, e a resolución e vencemento anticipado, total ou parcial, do préstamo, con obriga de reintegro do préstamo pendente e da subvención implícita equivalente.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non se reduza o importe total de investimento financiable, nin se desvirtúen as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

10. Cando o beneficiario da axuda poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da axuda, e que poidan dar lugar á modificación do acordo de concesión conforme o artigo 15 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime o beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme a Lei 9/2007.

11. O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación achegada, ou, de ser o caso, informes doutras entidades públicas.

Artigo 18. Perda do dereito e reintegro da axuda

1. Producirase a perda do dereito á axuda no suposto da falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas no acordo de concesión, das obrigas contidas na normativa aplicable, o que dará lugar, no seu caso, á obriga de devolver total ou parcialmente a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes.

2. O importe da subvención implicitamente percibida determinarase pola diferenza dos custos financeiros soportados polo titular e aqueles que deberían corresponder nas condicións de mercado consideradas para o cálculo da subvención bruta equivalente, contías que se considerarán percibidas pola beneficiaria ás datas das cotas vencidas.

3. O incumprimento considerarase total, con obriga de devolver totalmente a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes, sen prexuízo do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter o préstamo sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce do préstamo.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e as verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) Incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

e) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento financiable quede por baixo do mínimo establecido no anexo I para a respectiva modalidade de préstamo.

f) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16.1.f) destas bases.

g) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

h) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da axuda, excepto o permitido no artigo 17.10.

i) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida no acordo de concesión e, de ser o caso, establecendo a correspondente obriga de reintegro.

En caso de condicións referentes á contía ou conceptos do investimento financiable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados financiables, debendo, de ser o caso, reintegrarse a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro na devandita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento supera o 50 % do investimento financiable do proxecto, entenderase que devandito incumprimento é total, debendo reintegrarse a totalidade da subvención implicitamente percibida en forma de redución do custo financeiro, e os seus xuros de mora. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Artigo 19. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento, declarando vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Sexa declarada a perda total do dereito á subvención implicitamente percibida nos supostos recollidos no artigo 18 das presentes bases.

b) A falta de pagamento pola prestameira de cantidades debidas por principal e/ou xuros por importe equivalente ao devindicado nun prazo de tres meses.

c) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que fose determinante para a súa aprobación.

d) Non acharse a prestameira ao día de pagamento de obrigas de reintegro de subvencións con cargo a fondos da Comunidade Autónoma de Galicia ou organismos dependentes, así como non acharse reiteradamente ao día no cumprimento de obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, ou estar incursa a prestameira ou os seus administradores en causa que legalmente os inhabilite para obter axudas e subvencións públicas.

e) Se algún dos elementos ou situacións relativos ao proxecto que foron tomados en consideración polo Igape para a concesión do préstamo se modifican ou deixan de existir de tal forma que se comprometa a realización do proxecto ou o servizo do préstamo.

f) Non atender, no prazo que se lle sinale, os requirimentos que realice o Igape co fin de que se poida comprobar o correcto cumprimento dos fins para os que se concedeu o préstamo, ou do seu correcto seguimento.

Ante o incumprimento pola prestameira de calquera obriga asumida no contrato, o Igape poderá conceder un prazo de 20 días contados a partir da denuncia ou notificación para que a prestameira poida emendalo.

2. A prestameira quedará obrigada ao pagamento das obrigas procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumpre a obriga de pagamento no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital, como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son exixibles.

3. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo, declarando vencida anticipadamente parte do principal cando se produza a perda parcial do dereito á subvención. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Artigo 20. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas operacións financeiras someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, e ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf.

Artigo 21. Comprobación de axudas

O Igape comprobará a adecuada xustificación da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o goce da axuda.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos da operación. O Igape informará da data de inicio a que se refire esta obriga, de acordo co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº1303/2013.

Artigo 22. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, o Igape publicará na súa páxina web oficial e no Diario Oficial de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o beneficiario da subvención está obrigado a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de datos nacional de subvencións non requirirá o consentimento do beneficiario.

Artigo 23. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de Organismo Intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola Autoridade de Xestión dos programas operativos segundo o disposto nos artigos 125, número 2, artigo 140, números 3 a 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nas presentes bases reguladoras a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou, presencialmente, nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 24. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Regulamento nº 1407/2013/UE da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro de 2013).

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca.

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego.

d) Regulamento Delegado nº 240/2014/UE da Comisión, do 7 de xaneiro, relativo ao Código de conduta europeo sobre as asociacións no marco dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos.

e) Regulamento delegado nº 480/2014/UE da Comisión, do 3 de marzo, que complementa o Regulamento nº 1303/2013/UE.

f) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

g) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG núm. 78, do 23 de abril), modificado polos decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG núm. 186, do 25 de setembro), 45/2009, do 12 de febreiro (DOG núm. 48, do 10 de marzo de 2009) e 155/2019, do 28 de novembro (DOG núm. 234, do 10 de decembro) habilita o Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

h) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización.

i) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015.

Anexo I

Modalidades de préstamos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020

1.1. Préstamos Ifi Innova.

A) Obxecto.

Apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes, financiando activos tanxibles e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación.

B) Modalidade do contrato de financiamento.

Contratos de préstamo que se van instrumentar entre e o beneficiario e o Igape. O nominal do devandito préstamo estará cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 OT 1, PI 1 b), OE 1.2.1, Actuación 1.2.1.3.

Indicador de produtividade: – CO27 Investigación e innovación: investimento privado que se combina con axuda pública en proxectos de innovación ou I+D. Unidade de medida: EUR.

Indicador de resultado: R036A– Número de empresas de 10 ou máis traballadores innovadoras (número).

C) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Sociedades mercantís pemes con proxectos innovadores, especialmente as de base tecnolóxica, principalmente semente e start-up, pero tamén aquelas pemes que, a pesar de ter unha traxectoria contrastada, desexan emprender proxectos innovadores.

D) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

D.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable superior a 71.500 €.

D.2) Sectores de actividade.

Serán financiables os proxectos para desenvolver en todos os sectores, fóra dos excluídos no artigo 2.4.

D.3) Gasto financiable.

Serán financiables os seguintes conceptos de gasto, de acordo co artigo 3:

a) Activos fixos materiais necesarios para o desenvolvemento do proxecto, tales como bens de equipamento, instalacións técnicas, equipamentos para procesos de información ou datos, instrumental, útiles, moldes etc.

b) Activos intanxibles, tales como patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas a prezos de mercado, licenzas, coñecementos técnicos ou outros dereitos de propiedade intelectual, así como software específico necesario para o proxecto.

c) Outros gastos en desenvolvemento e innovación, que incluirán:

– Custos de investigación contractual e custos de consultoría ou outros servizos externos necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

– Materiais e consumibles necesarios para o desenvolvemento do proxecto.

– Gastos de persoal dedicado ao desenvolvemento do proxecto (investigadores, desenvolvedores técnicos e demais persoal auxiliar)

D.4) Modalidade de proxecto.

Investimentos produtivos en activos fixos e determinados gastos elixibles, de proxectos novos das empresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia e que executen proxectos de I+D+i co obxectivo de mellorar a posición competitiva da empresa, baixo o criterio de selección de operacións do programa operativo Feder 2014-2020.

Os proxectos deberán estar aliñados coas prioridades e obxectivos de RIS 3. Terán a consideración de proxecto de I+D+i financiables os que se atopen nalgún dos seguintes TRL (Technology Readliness Levels) referidos ao nivel de madurez dunha tecnoloxía:

– TRL5: validación de compoñentes e/ou disposición destes nunha contorna relevante.

– TRL6: modelo de sistema ou subsistema ou demostración de prototipo en contorna relevante.

– TRL7: demostración de sistema ou prototipo nunha contorna real.

– TRL8: sistema completo e certificado a través de probas e demostracións.

– TRL9: sistema probado con éxito nunha contorna real.

Non serán financiables os investimentos xa realizados con anterioridade á presentación da solicitude, gastos de amortización, saneamento de contas, financiamento ou refinanciamento de débedas, pagamento de impostos nin aquelas afectadas por limitacións específicas do programa operativo Feder.

E) Condicións do produto financeiro.

E.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo dos préstamos para conceder será de 50.000 € e o máximo de 500.000 €, correspondendo a un máximo do 70 % do importe total do custo do proxecto financiable.

E.2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de amortización será un máximo de 12 anos incluíndo unha carencia na amortización do principal adaptada ás características do proxecto e ao seu plan financeiro, cun máximo de 4 anos.

E.3) Tipo de xuro.

E.3.a) Tipo de xuro ordinario

O capital disposto e non amortizado do préstamo devindicará diariamente, contado desde a disposición dos fondos e ata que transcorra o prazo de vixencia do préstamo, un xuro nominal fixo que liquidarase e pagarase con periodicidade trimestral e con carácter vencido, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada a amortización de principal salvo durante o período de carencia.

Para cada unha das disposicións, no período comprendido desde a data da disposición do préstamo ata o último día do primeiro trimestre natural seguinte á disposición, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase segundo a seguinte fórmula:

(C × R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual que se pagará trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuro, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C × R)/400

Onde «C» = Capital, e «R» = tipo de xuro nominal anual expresado en puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual determinarase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultado de sumar:

– Tipo de referencia: será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior ao da data da proposta de resolución de concesión do préstamo.

– Marxe adicional: Será de 0,10 puntos porcentuais. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando o criterio recolleito no anexo II, supera o límite de axuda de minimis, a petición do interesado e coa finalidade de diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite, poderase:

a) incrementar a marxe adicional para reducir o aforro de custo financeiro, sempre que non resulte un préstamo sen SBE, e/ou

b) Reducir o prazo do préstamo, e/ou

c) Reducir o importe do préstamo, sempre que non resulte inferior ao mínimo de 50.000 €, e/ou

d) Achegar garantías complementarias.

O tipo de xuro será do 0 % cando resultase negativo.

E.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pagamento dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os devanditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

E.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pagamento de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao acordo de concesión. Para o cálculo de plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga para afrontar polo beneficiario, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre polo beneficiario, se manteña constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.

E.5) Garantías.

Para préstamos iguais ou inferiores a 200.000 € non se requirirá a achega de garantías adicionais á responsabilidade da sociedade prestameira. Para importes superiores a 200.000 €, o Igape tomará garantías en función da súa dispoñibilidade e das características do proxecto. As garantías puntuaranse cos criterios sinalados no anexo IV.

F) documentación específica que hai que presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 17, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Acreditación da capacidade de financiamento da parte do proxecto non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida e/ou unha comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento segundo o modelo do anexo V.5.

– Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación de xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición do proxecto: obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, estado da técnica actual, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos), análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesouraría). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas.

d) Relación de investimentos que se van realizar que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: (Robotización e robotización colaborativa, Fabricación aditiva, Sensórica e actuadores mecatrónicos, Sistemas ciber-físicos, Automatización total ou estendida, Intercomunicación máquina-máquina, Conectividade total ou estendida, Vehículos autónomos -optimización de fluxos e redución de custos, Personalización de produtos, Internet das cousas, internet de equipamentos e máquinas, Dixitalización, Big Data, Cloud computing e Ciberseguridade aplicadas á industria, Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministración coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos, Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

G) Requisitos e documentación específica que hai que presentar coa disposición.

G1) Requisitos e documentación que hai que presentar ademais da sinalada no artigo 13:

a) Será necesario acreditar previamente a existencia de débeda cos provedores dos bens para financiar, mediante facturas, contratos, facturas pro-forma ou orzamentos debidamente aceptados.

b) En proxectos xa iniciados, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e pagamento dos investimentos executados, mediante facturas, xustificantes de pagamento e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte do proxecto financiada con fondos propios ou outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo, ou simultaneamente. En caso de pagamento simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida para o pagamento da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme o artigo 53 da vixente Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao día do pagamento das obrigas de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

G2) Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nas letras a), b) e c) do anterior punto G1, cando o reembolso dun tramo do préstamo figure avalado mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez que conste xustificado o proxecto conforme o establecido no artigo17 das bases.

H) Documentación específica que hai que presentar coa xustificación.

No caso de financiamento bancario do proxecto, copia da póliza ou escritura de préstamo correspondente, de non terse presentado previamente coa solicitude.

I) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación de risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultantes de sumar os seguintes valores:

I1) Grao de innovación: máximo 90 puntos, valorando os aspectos de innovación do produto e/ou servizo e tecnolóxicos do produto/servizo obxecto do proxecto, capacidade de execución e vantaxes competitivas. A puntuación desta epígrafe realizarase con base nun informe emitido pola Axencia Galega de Innovación (Gain), que será presentado ao Comité de Riscos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020.

O informe sobre o grao de Innovación do proxecto analizará, entre outros aspectos:

– Novidade da Proposta: capacidade tecnolóxica e grao de desenvolvemento

– Análise sectorial: co fin de reforzar o aliñamento dos proxectos seleccionados aos sectores prioritarios da Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

– Grao de sustentabilidade da innovación, estratexia comercial, competencia e clientes potenciais.

– Grao de protección da innovación.

– Creación de valor engadido na comunidade: creación de emprego de alto valor engadido, creación de tecido industrial etc...

– Xeración de novos mercados e potenciación da exportación.

I2) Financiamento bancario do proxecto: 5 puntos.

I3) A cualificación do proxecto como iniciativa de emprego de base tecnolóxica (Iebt) polo órgano competente da Xunta de Galicia, 5 puntos.

ANEXO II

Determinación da subvención bruta equivalente

Determinación da subvención implícita en préstamos:

Os préstamos concedidos ao abeiro destas bases incluirán unha axuda implícita, equivalente ao aforro de carga financeira respecto dun préstamo alternativo que poderían obter no mercado en aplicación da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión. Os puntos porcentuais de bonificación implícitos e a subvención bruta equivalente recolleranse no acordo de concesión.

As axudas implícitas dos préstamos terán a consideración de axudas de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento nº 1407/2013 da Comisión relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para os efectos de cálculo da subvención bruta equivalente, naqueles proxectos que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo unha cualificación de risco coa metodoloxía descrita no anexo III, de que resultarán encadrados nunha das categorías «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)». Conforme os criterios descritos no anexo IV, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

Con base nestas categorías, determinarase o tipo de xuros de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme o seguinte método:

a) Tipo base: determinarase con base na media do Euríbor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior ao da concesión. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses seguintes anteriores desvíase en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícase pola Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.html.

b) Marxes: determinaranse para cada operación con base na súa cualificación de risco e ás garantías da operación segundo a seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Deficiente (B)

2,20 %

4,00 %

6,50 %

Mala/dificultades (CC)

4,00 %

6,50 %

10,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior ao que sería aplicable á empresa matriz.

Os puntos porcentuais de subvención determinaranse pola diferenza entre o tipo de xuros de mercado así determinado e o aplicable en cada liña de préstamo.

A subvención bruta equivalente implícita no préstamo calcularase consonte a fórmula financeira do valor actual neto:

missing image file

Onde:

SBE= subvención bruta equivalente implícita no préstamo.

t = cada un dos períodos de liquidación de xuros ou amortización da operación de préstamo.

n = períodos de liquidación de xuros e/ou amortización de préstamo.

Vt = Diferenza entre fluxo de efectivo dunha operación a tipo de mercado determinado conforme os criterios anteriormente expostos e a operación de préstamo concedida.

k = tipo de xuro de actualización, que conforme a Comunicación 2008/C14/02 da Comisión será o resultado de engadir ao tipo base un diferencial fixo de 100 puntos básicos.

ANEXO III

Metodoloxía de cualificación do risco de crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

5

Factores atenuantes do risco

 

 

Cualificación o risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordados no Comité de Riscos do Instrumento Financeiro Feder Galicia previsto no artigo 10.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e fondos xestionados Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e fondos xestionados Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas con el Igape e fondos xestionados Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias

Utilizar sistemas de información ERP ou prever a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades

Retribución media ao persoal adecuada

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral

Xerencia e administradores-consello de administración cualificado, achegando currículo

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos

Experiencia no produto/servizo

Dispoñer de persoal cualificado en persoal

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade

Dispoñer de certificados ambientais

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos)

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda

Competitividade en prezo

Competitividade en calidade

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación co produto

O produto non está contrastado tecnicamente

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica

Grao de diversificación da carteira de clientes

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...)

Existencia dun plan de márketing

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo

Dispoñer de rede comercial adecuada

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo

Barreiras de entrada que afecten o proxecto

Inestabilidade nos prezos

Dependencia de intermediarios

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente fondos propios/pasivo total

Cociente endebedamento financeiro/EBITDA

Rotacións de circulante coherentes / fondo de manobra apropiado

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow

Gastos financeiros contidos

Resultado do exercicio/fondos propios

Magnitude do proxecto en relación coa estrutura previa

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente débeda total/ fondos propios

Financiamento que se vai conceder/fondos propios

Financiamento que se vai conceder/débeda total

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas a capitalizar

Cociente fondos propios/pasivo total inferior a limiar

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise

Adiamentos de débedas con administracións

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto)

O proceso carece de complexidade técnica

Experiencia exitosa en proxectos de similares

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial

Viabilidade económica e financeira dá actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesouraría claro e con detalle suficiente

Achéganse balances de situación previsionais

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda

Achéganse datos suficientes para o cálculo do TIR, e este polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos, e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. Non obstante o disposto nos puntos anteriores, para os proxectos solicitantes de préstamos IFI Innova que obtivesen unha puntuación de 70 ou máis puntos no criterio relativo ao grao de innovación previsto no punto I.1) d punto 1.1 do anexo I, establécese en 2 puntos o limiar mínimo do criterio de capacidade financeira, e en 40 puntos a puntuación total mínima exixida para a aprobación das solicitudes.

6. A puntuación do risco así obtida dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, consonte a seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

51-65

Deficiente (B)

25-50

Mala/dificultades (CC)

0-24

ANEXO IV

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase con base nunha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, consonte a seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

<30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

>60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme os seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 × (patrimonio neto conforme os seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida).

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicarase unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Cando as garantías consistan en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 × (valor de taxación)/(importe operación garantida).

4. Cando as garantías consistan en hipotecas ou peñor sen desprazamento sobre bens mobles: Considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente.

Puntos = 60 × (valor de peritación)/(importe operación garantida).

5. Cando as garantías consistan en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou peñoración de activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito, considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) × 100.

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, acumulándose as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI

Requisitos e modelos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, Gain, a Xunta de Galicia e o Feder

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, punto 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro do 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, de Gain (de ser o caso), da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional e a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021, e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que dá apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo «Unha maneira de facer Europa».

2. Durante a realización do proxecto:

a) Breve descrición no seu sitio da internet, no caso de que dispoña dun do proxecto, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, de Gain, da Xunta de Galicia e da Unión, a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021.

b) Colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), en que se mencionará a axuda financeira do Igape, de Gain, da Xunta de Galicia e da Unión, a marca turística de Galicia e o logotipo do Xacobeo 2021, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio.

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo.

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo do 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en cor nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presente nun sitio web, serán visibles ao chegar ao devandito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome «Unión Europea» sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de maneira que non interfira. A cor do tipo será azul reflex, negra ou branca, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e anchura, que o maior dos demais logotipos. Utilización do logotipo da Unión Europea. O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo del.

missing image file

Aínda que en toda comunicación relativa a fondos europeos deberá incorporarse, ademais, unha referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Adicionalmente, empregarase o lema «Unha maneira de facer Europa».