Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Venres, 14 de agosto de 2020 Páx. 32511

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

BDNS (Identif.): 519667.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios aquelas pequenas, medianas ou microempresas conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño), que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo I das bases reguladoras.

c) Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo I das bases reguladoras, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do punto 1 anterior.

Segundo. Obxecto

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto poñer á disposición das pemes liñas de financiamento directo que melloren o seu acceso ao crédito, e faciliten a execución de proxectos de investimento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 3 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos préstamos previstos no Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG534C).

Cuarto. Importe

Préstamos IFI Innova: 3.175.000 €.

Con cargo á partida orzamentaria 09.A1-741A-8310 e por un importe de 675.000 € con cargo ao exercicio 2020, 1.250.000 € con cargo ao exercicio 2021 e 1.250.000 € con cargo ao exercicio 2022.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) O 30 de decembro de 2020.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica