Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32851

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Mediante a Resolución do 8 de maio de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 94, do 20 de maio), a Dirección Xeral da Función Pública convocou un concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de Administración especial, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escalas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 19 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 224, do 25 de novembro), fixéronse públicas as puntuacións provisionais das persoas participantes admitidas ao concurso.

Examinadas e resoltas as reclamacións presentadas contra o baremo provisional de méritos, a comisión de valoración, na súa xuntanza do día 16 de xullo de 2020, acordou elevar á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública a proposta definitiva de resolución do concurso de traslados.

Debido a causas organizativas e para manter o bo funcionamento dos servizos públicos, dado que unha parte importante das persoas funcionarias afectadas pola resolución do concurso teñen que desfrutar o seu período de vacacións preferentemente nos meses de xullo e agosto, tal e como se establece na Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 44, do 4 de marzo), pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas, cómpre dilatar os prazos posesorios derivados da resolución do concurso co fin de asegurar a continuidade na prestación de servizos.

Conforme o anterior, esta dirección xeral, ao abeiro do disposto na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública en materia de convocatoria e resolución de concursos de traslados, e de conformidade co previsto na base VIII.5 da convocatoria,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as adxudicacións de postos de traballo que se relacionan no anexo I ás persoas que nel se especifican. Esta información atoparase á disposición das persoas interesadas no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal, na epígrafe de <concurso de traslados>.

Segundo. De acordo co disposto na base IX da convocatoria do concurso de traslados, os destinos adxudicados serán irrenunciables salvo que con anterioridade á finalización do prazo posesorio se obteña outro destino mediante convocatoria pública, ben polo procedemento de libre designación ou por concurso, casos en que poderán optar entre os postos adxudicados, e estarán obrigados a comunicar por escrito a opción seleccionada á Dirección Xeral da Función Pública no prazo dos tres días seguintes á data de apertura do prazo posesorio.

Os traslados que deriven da resolución deste concurso terán a consideración de voluntarios polo que, en consecuencia, non xerarán dereito a indemnización.

Terceiro. De conformidade co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Se a adxudicación comporta reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles a partir do día seguinte á data do cesamento.

O cesamento deberá efectuarse con data do 1 de outubro de 2020.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante esta mesma dirección xeral, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contado desde a mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela ou do domicilio do demandante, á súa elección, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Concurso escalas gardacostas

Listaxe ordenada por apelidos e nome.

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Grupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Centeno

Vidal

Serafín

***5095**

C1

9

PE.C99.10.910.15001.006

Subinspector/a

PE

A Coruña

16

19.673

Chans

Vidal

José Juan

***5017**

C1

6

PE.C01.00.001.15770.065

Xefatura Sección Seguridade Marítima

PE

Santiago de Compostela

25

23.663

Escudero

Dans

David

***3591**

C1

7

PE.C99.10.910.15001.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

A Coruña

22

20.113

García

Bugallo

Juan Ginés

***4581**

C1

70

PE.C99.30.010.36590.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Vilagarcía de Arousa

22

21.973

García

Muñoz

Carlos Adolfo

***5174**

C1

4

PE.C01.00.001.15770.049

Subinspector/a

PE

Santiago de Compostela

16

11.900

García

Pérez

Juan Manuel

***6743**

C1

11

PE.C99.10.910.15001.022

Mecánico/a

PE

A Coruña

16

12.209

Goce

Lemos

Jesús Fernando

***7243**

C1

38

PE.C99.10.910.36560.010

Patrón/oa

PE

Vigo

18

19.433

González

Arias

Francisco

***3950**

C1

48

PE.C99.30.010.15720.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Ribeira

22

23.578

González

García

Narciso Gil

***5750**

A2

25

PE.C99.10.910.27650.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Viveiro

22

23.390

López

García

José Alberto

***3864**

C1

109

PE.C99.10.910.27650.007

Subinspector/a

PE

Viveiro

16

20.648

Martínez

Paz

Guillermo

***4339**

C1

63

PE.C99.30.010.36001.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Pontevedra

22

21.216

Pego

Argibay

Agustín Manuel

***5263**

C1

3

PE.C01.00.001.15770.048

Subinspector/a

PE

Santiago de Compostela

16

17.848

Piñeiro

Pouso

Ramón Javier

***7419**

C1

17

PE.C99.10.910.15510.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Muxía

22

21.356

Quelle

Russo

Xabier

***6360**

C1

28

PE.C99.10.910.27650.006

Subinspector/a

PE

Viveiro

16

20.658

Rodríguez

Doval

María José

***3272**

A2

35

PE.C99.10.910.36560.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Vigo

22

20.670

Rodríguez

González

Enrique José

***2601**

C1

1

PE.C01.00.001.15770.021

Xefatura Sección de Control e Vixilancia II

PE

Santiago de Compostela

25

24.372

Rodríguez

Rodríguez

José Ramón

***3168**

C1

86

PE.C99.10.910.15001.008

Subinspector/a

PE

A Coruña

16

19.033

Rodríguez-Navas

Bello

Julio Eduardo

***4892**

C

103

PE.C01.00.001.15770.017

Xefatura Sala Operacións

PE

Santiago de Compostela

18

19.698

Taboada

Pousa

Ernesto

***5081**

C1

117

PE.C99.10.910.36560.006

Subinspector/a

PE

Vigo

16

20.063

Veiga

Bellón

Raúl

***5853**

C1

29

PE.C99.10.910.27650.010

Patrón/oa

PE

Viveiro

18

19.472

Vilela

Bouza

José Antonio

***2623**

C1

47

PE.C99.30.010.15350.001

Xefatura Unidade Operativa

PE

Ferrol

22

21.223

Código de consellería: PE-Consellería do Mar.