BDNS (Identif.): 493045.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS) (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):
Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario
Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles para concesións, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701, e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios: 300.000 € con cargo ao ano 2020, 500.000 € para o ano 2021 e 8.200.000 con cargo ao ano 2022.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020
Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica