Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32848

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 13 de xaneiro de 2020, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No Diario Oficial de Galicia núm. 22, do 3 de febreiro de 2020, publicouse a Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

No resolvo cuarto establécense o crédito dispoñible e a aplicación orzamentaria polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

09.A1.741A.7701

3.000.000 €

3.000.000 €

3.000.000 €

No mesmo punto establécese que o director xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Tendo en conta o número de solicitudes pendentes de resolución e o disposto no artigo 7.3 das bases reguladoras das axudas –mediante o cal se establece que o prazo de execución do proxecto será o previsto na resolución de concesión e, en todo caso, comprendido entre o día seguinte ao da presentación da solicitude e os 12 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión–, e tendo en conta a situación actual de crise provocada polo COVID-19, na que as decisións sobre os investimentos poden ou poderán verse afectadas como consecuencia das incertezas que provocan as medidas de prevención e protección fronte á enfermidade, é coherente prever que a execución destes proxectos se concentrará fundamentalmente no exercicio 2022, polo que resulta conveniente unha nova periodización anual do orzamento.

Por todo o anterior, e dado que non se causan prexuízos a terceiros,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar a distribución plurianual dos créditos dispoñibles establecidos no resolvo cuarto da Resolución do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva, que queda como segue:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

09.A1.741A.7701

300.000 €

500.000 €

8.200.000 €

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica