Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 166 Martes, 18 de agosto de 2020 Páx. 32847

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

EXTRACTO da Resolución do 6 de agosto de 2020 pola que se amplían os prazos máximos de execución dos proxectos e de presentación da xustificación e solicitude de cobramento da Resolución do 19 de decembro de 2018, pola que se dá publicidade do Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se convocan en réxime de concorrencia non competitiva.

BDNS (Identif.): 434603.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (BDNS):

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Redistribución do crédito orzamentario

Modifícase a distribución plurianual dos créditos dispoñibles para concesións, que se aboarán con cargo á aplicación orzamentaria 09.A1.741A.7701, e polos seguintes importes con cargo aos seguintes exercicios: 2.000.000 € con cargo ao ano 2020, 3.100.000 € para o ano 2021 e 3.900.000 con cargo ao ano 2022.

Santiago de Compostela, 6 de agosto de 2020

Zeltia Lado Lago
Xerente do Instituto Galego de Promoción Económica