Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33632

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 373/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 373/2019 deste xulgado do social, sobre ordinario, se ditou decreto con data 29 de xuño de 2020, podendo interpoñer o oportuno recurso directo de revisión no prazo de tres días hábiles desde a súa publicación, facéndolles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro das ditas resolucións na secretaría deste órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Art Coruña Hostelería, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xullo de 2020

A letrada da Administración de xustiza