Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33630

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 4 de agosto de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, técnicos especialistas de laboratorio e técnicos especialistas de radiodiagnóstico da Área Sanitaria de Ferrol.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 208, do 31 de outubro) e polo Decreto 134/2019, do 10 de outubro, polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia (DOG nº 204, do 25 de outubro), o xerente de Área Sanitaria de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro. Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo da categoría de técnicos en coidados auxiliares de enfermaría, técnicos especialistas de laboratorio e técnicos especialistas de radiodiagnóstico, así como as bases que rexerán a convocatoria. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (Fides expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo. Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da Área Sanitaria de Ferrol, na Intranet da Área Sanitaria de Ferrol e no Punto de atención ao/á traballador/a.

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 4 de agosto de 2020

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol