Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33625

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/736/2020, do 23 de xullo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, convocado pola Orde JUS/60/2000, do 15 de xaneiro.

De acordo co disposto no artigo 483 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e no artigo 16 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, as probas selectivas serán convocadas e resoltas polo Ministerio de Xustiza e realizaranse de forma territorializada nos distintos ámbitos en que se agrupasen as vacantes.

Así mesmo, de conformidade co establecido nos mencionados artigos, as convocatorias publicaranse nos diarios oficiais das comunidades autónomas de forma simultánea á publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e, para o suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible, prevese que os termos e prazos establecidos na convocatoria se contarán a partir da publicación no BOE.

Na súa virtude, en exercicio das facultades atribuídas polo artigo 19 do Decreto 74/2018, do 5 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Artigo único

Publicar no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 3 de agosto de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/736/2020, do 23 de xullo, pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos no proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, e que se insire a seguir como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, e de conformidade co establecido no artigo 20 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e coa base décimo segunda da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, este ministerio resolveu:

Primeiro

Aprobar as relacións provisionais de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, ao corpo de auxilio xudicial da Administración de xustiza, convocadas pola Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro, e publicar no anexo I a relación provisional de aspirantes excluídos, con indicación das causas de exclusión que se relacionan no anexo II.

Segundo

As listaxes certificadas completas quedarán expostas ao público na web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.es), nas páxinas web das comunidades autónomas que convocan prazas e no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es).

En todo caso, os aspirantes deberán comprobar que non figuran na relación de excluídos e, ademais, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de admitidos.

Terceiro

Tanto os aspirantes excluídos coma os omitidos por non figuraren nas listaxes de admitidos nin na de excluídos poderán emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión nas listas, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do día 1 de setembro de 2020.

Os aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o seu dereito a seren incluídos na relación de admitidos, serán definitivamente excluídos da realización das probas.

Cuarto

A inclusión de aspirantes nas relacións de admitidos ás probas selectivas, pola quenda xeral e pola de reserva para persoas con discapacidade, non supón en ningún caso o recoñecemento por parte da Administración de que reúnen os requisitos xerais ou particulares exixidos nas respectivas ordes de bases comúns e de convocatoria. A acreditación e verificación destes requisitos terá lugar para os aspirantes que superen o proceso selectivo, antes do seu nomeamento como funcionarios, tal e como establecen o artigo 23 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, a base décimo sétima da orde de bases comúns e a base oitava da orde de convocatoria.

Quinto

De acordo co previsto no anexo IV da citada Orde JUS/60/2020, do 15 de xaneiro, noméanse os membros das unidades de colaboración de Cantabria, Galicia e La Rioja.

Unidade de colaboración de Cantabria

Presidentas:

– Titular: María Souto Aller.

– Suplente: Nuria Prada García.

Vogais titulares:

– Jorge Juan Gutiérrez Fernández.

– Antonio Gómez Ortiz.

– Dolores Santos Domínguez.

Vogais suplentes:

– Francisco Javier Manrique Quintana.

– Carlos Balenchana Pérez.

– José María Martín Fuente.

Unidade de colaboración de Galicia

Presidentes:

– Titular: María Dolores Sáez Madrid.

– Suplente: Rafael Juanatey Mayán.

Vogais titulares:

– María Campoy de la Torre.

– Marta Trebolle Rodríguez.

– Ascensión Labella Lozano.

Vogais suplentes:

– Fernando Pérez-Soba Treviño.

– Ana Pedrosa Castillo.

– Ana María Arias Graña.

Unidade de colaboración de La Rioja

Presidentes:

– Titular: Rosana Montañés Fandos.

– Suplente: Julián Prudencio Almida.

Vogais titulares:

– Sonia Azofra Sotés.

– Esther Magaña Díez.

– Carmen Gómez Collado.

Vogais suplentes:

– Inmaculada Palmira Carazo Ceña.

– Silvia Izquierdo Olasolo.

– Eva Curiel Ugarte.