Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO do extracto da convocatoria e das bases para a cobertura, mediante oposición libre, dunha praza de técnico de xestión tributaria e recadatoria deste concello (OEP 2020).

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 156, do 14 de agosto de 2020, correspondente á oferta de emprego para o ano 2020, publicouse a convocatoria e as bases que rexen a cobertura da seguinte praza vacante:

Denominación: técnica/o de xestión tributaria e recadatoria, de escala administración especial, subescala técnica, clase media. Sistema de provisión: oposición, grupo A, subgrupo A2.

Solicitudes: presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, ou a través da sede electrónica (https://sede.sanxenxo.es), ou ben de calquera das formas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo de presentación: vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios realizaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, na sede electrónica (https://sede.sanxenxo.es) e no taboleiro de anuncios do Concello de Sanxenxo. Unha vez iniciados os exercicios, os resultados faranse públicos na sede electrónica e no taboleiro de anuncios.

Sanxenxo, 14 de agosto de 2020

Telmo Martín González
Alcalde presidente