Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 25 de agosto de 2020 Páx. 33719

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da convocatoria da oferta de emprego público ordinaria para o ano 2020 do Concello de Ourense.

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria do 13 de agosto de 2020, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público ordinaria do Concello de Ourense para o ano 2020, co seguinte contido:

Nº prazas

Denominación

Escala

Subescala

Clase

Grupo

25

Policía local

Adm. especial

Servizos especiais

Policía municipal

C1

12

Bombeiro-condutor

Adm. especial

Servizos especiais

Extinción de incendios

C2

Segundo. Que se publique no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello, no Boletín Oficial da provincia de Ourense e no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de agosto de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 10.9.2019)
Armando Ojea Bouzo
Concelleiro delegado de Recursos Humanos