Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 173 Xoves, 27 de agosto de 2020 Páx. 33963

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de agosto de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 (cuarta convocatoria), orientado a proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras dentro da iniciativa Industrias 4.0-captación de investimentos, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN854A).

A Constitución española, no seu artigo 44.2, obriga os poderes públicos a promover a ciencia e a investigación científica e técnica en beneficio do interese xeral. Ademais, establece, no artigo 149.1.15, que o fomento e a coordinación da investigación científica e técnica son competencia exclusiva do Estado. Pola súa banda, o Estatuto de autonomía de Galicia recolle, no seu artigo 27.19, que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia do fomento da cultura e da investigación en Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 149.2 da Constitución.

A Lei 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e da innovación de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promover o desenvolvemento económico, social e produtivo de Galicia. Esta lei, no seu capítulo III, crea o Plan galego de investigación e innovación como unha ferramenta encamiñada ao logro deste obxectivo

O Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación e se aproban os seus estatutos, establece que a Axencia Galega de Innovación ten como finalidade fomentar e vertebrar as políticas de innovación nas administracións públicas galegas e o apoio e impulso do crecemento e da competitividade das empresas galegas a través da implementación de estratexias e programas de innovación eficientes.

A Estratexia de especialización intelixente de Galicia 2014-2020 (RIS3 Galicia) define o marco para as políticas de investigación e innovación en Galicia para o período 2014-2020 seleccionando as prioridades de investimento ao redor de tres retos. Cada un destes retos ten asociadas unha serie de prioridades e liñas de acción específicas, aliñadas cos obxectivos e principais programas de innovación nacionais e europeos, entre os que cabería destacar as respectivas axendas dixitais e o programa Horizonte 2020.

O segundo destes retos da RIS3 Galicia é conseguir un novo modelo industrial sustentado na competitividade e no coñecemento e aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia, a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais. Preténdese, desta forma, fomentar a innovación nos modelos produtivos dos principais sectores industriais galegos para conseguir unha mellora da súa produtividade de forma sustentable como garantía da súa competitividade a nivel internacional.

Orientados á execución desta prioridade no marco da RIS3 defínense varios instrumentos de apoio agrupados dentro do programa «Innova en Galicia» que ten por obxectivo que o investimento público sexa un elemento tractor na mobilización e atracción de capital privado para os procesos de innovación galegos. Neste contexto sitúase a iniciativa Industria 4.0-captacións de investimentos e o programa de axudas Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0, do que agora se anuncia a súa cuarta convocatoria. Estes instrumentos teñen por obxectivo o fomento de investimento privado a través da xeración de alianzas estratéxicas con empresas tractoras que coinvistan coa Administración no desenvolvemento de grandes proxectos de I+D+i orientados á renovación do modelo produtivo de Galicia para consolidar un crecemento intelixente e sustentable da economía galega. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0.

En liña co novo rol das administracións no marco das políticas de innovación europeas e internacionais, as características deste instrumento, tanto nesta convocatoria como nas anteriores, foron definidas a través dun proceso participativo aberto, desenvolvido no marco da RIS3 Galicia, a través dun anuncio específico ao mercado. A través deste anuncio aberto ata 2020, e as súas posteriores actualizacións, a Axencia Galega de Innovación busca identificar as necesidades concretas do tecido produtivo galego no marco da industria 4.0 para definir de forma axeitada os apoios públicos para a súa implantación co obxectivo de acadar un novo modelo industrial para Galicia. O obxectivo é afondar de xeito progresivo na busca da eficiencia e eficacia do financiamento público ao adaptarse mellor aos requirimentos dos diferentes sectores tractores galegos.

Froito deste diálogo aberto a través dos respectivos anuncios e as solicitudes presentadas ás anteriores convocatorias do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0, definíronse as características dos proxectos subvencionables desta cuarta convocatoria. Estas características teñen en conta ademais a coherencia e a busca de sinerxías con outros instrumentos a nivel autonómico, estatal e europeo.

Na segunda convocatoria ampliouse o alcance do apoio público, incluíndo o financiamento de proxectos de innovación, e simplificáronse algunhas das características dos proxectos diminuíndo o seu orzamento mínimo ata os catro millóns de euros. Estes cambios están encamiñados a aumentar a versatilidade da iniciativa a través da súa apertura para asegurar o seu impacto en todos os sectores tractores da industria galega.

Na terceira convocatoria rebaixouse aínda máis o orzamento mínimo subvencionable dos proxectos, que se fixou en dous millóns de euros.

A terceira convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 financiouse, como a segunda, con fondos do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (obxectivo temático 1), polo que as actuacións desenvolvidas fóra de Galicia se verán limitadas en aplicación do artigo 70 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Nesta cuarta convocatoria, como novidade fronte a convocatorias anteriores, inclúese o financiamento de proxectos desenvolvidos en colaboración efectiva entre empresas, onde as grandes empresas actúen como tractoras das pemes coa finalidade de incrementar a competitividade e reforzar o tecido empresarial galego. Así mesmo, conscientes de que o futuro de Europa se encamiña cara a unha economía sustentable, o obxectivo é impulsar, en coherencia co Pacto verde europeo, o desenvolvemento de proxectos que permitan ás empresas avanzar nos seus compromisos ambientais e enfocar a súa actividade a unha forma de producir máis eficiente baseada no emprego de tecnoloxías limpas. Os proxectos deberán estar enfocados ao mercado e orientados á xeración de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora dos procesos de dixitalización e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido que revertan nas pemes galegas e melloren a súa competitividade. Poderán combinar o dixital con outras tecnoloxías facilitadoras para maximizar os beneficios da dixitalización e valorarase ademais, de xeito especial, a súa coherencia con outros ámbitos estratéxicos para a Unión Europea como o Pacto verde ou a Innovación responsable.

O procedemento de concesión destas axudas tramitarase en réxime de concorrencia competitiva e axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado da Unión.

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPÓN:

Artigo 1. Convocatoria e bases reguladoras

1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0. Este programa, incluído no plan de acción da RIS3 Galicia, ten por obxectivo o fomento do investimento privado para o financiamento da innovación a través do apoio a grandes proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador. Estes proxectos deberán estar en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0

2. Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2020, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva (código de procedemento IN854A), axustándose as axudas concedidas no marco da presente resolución ao establecido no Regulamento (UE) nº 651/2014.

Artigo 2. Definicións

1. Investigación industrial: investigación planificada ou estudos críticos destinados a adquirir novos coñecementos e aptitudes que poidan ser útiles para desenvolver novos produtos, procesos ou servizos, ou que permitan mellorar considerablemente os xa existentes. Comprende a creación de compoñentes de sistemas complexos e pode incluír a construción de prototipos nunha contorna de laboratorio ou nunha contorna con interfaces simuladas cos sistemas existentes, así como liñas piloto cando sexa necesario para a investigación industrial e, en particular, para a validación de tecnoloxía xenérica.

2. Desenvolvemento experimental: a adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados. Pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos e servizos. Entre as actividades poderá figurar a elaboración de proxectos, deseños, plans e demais tipos de documentación, coa condición de que non vaia destinada a usos comerciais.

O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa acadar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados. Pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda que as ditas modificacións poidan representar melloras.

3. Innovación en materia de organización: a aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa. Non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

4. Innovación en materia de procesos: a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipamentos ou programas informáticos). Non se inclúen os cambios ou melloras de importancia menor, os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos e o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados.

5. Empresa: toda entidade que realice unha actividade económica consistente na oferta de produtos ou servizos nun determinado mercado independentemente do seu estatuto xurídico (público ou privado) ou do seu carácter económico, é dicir, se pretende obter beneficios ou non, tal e como se indica no punto 2.1 do Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/1).

6. Gran empresa: enténdese toda empresa que non cumpre cos requisitos para ser considerada como peme nos termos establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

7. Pequena e mediana empresa: segundo o anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, consideraranse pemes as empresas que ocupan menos de 250 persoas e o seu volume de negocio anual non excede os 50 millóns de euros ou o seu balance xeral non excede os 43 millóns de euros. Dentro das pemes, considérase pequena empresa aquela que ocupa menos de 50 persoas e o seu volume de negocio anual ou balance xeral anual non supera os 10 millóns de euros. Para o cálculo destes efectivos deberán considerarse as indicacións incluídas nos artigos 3, 4, 5 e 6 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

8. Organismos de investigación e difusión de coñecementos: son organismos de investigación e difusión de coñecementos (en diante, organismos de investigación), segundo a definición do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014, toda entidade (por exemplo, universidades ou centros de investigación, organismos de transferencia de tecnoloxía, intermediarios de innovación ou entidades colaborativas reais ou virtuais orientadas á investigación), independentemente da súa personalidade xurídica (de dereito público ou privado) ou forma de financiamento, cuxo principal obxectivo sexa realizar de forma independente investigación fundamental, investigación industrial ou desenvolvemento experimental ou difundir amplamente os resultados delas mediante o ensino, a publicación ou a transferencia de coñecementos. Cando unha entidade deste tipo leve a cabo tamén actividades económicas, ou financiamento, os custos e os ingresos das devanditas actividades deberanse contabilizar por separado. As empresas que poidan exercer unha influencia decisiva nas devanditas entidades, por exemplo, en calidade de accionistas ou membros, non poderán gozar de acceso preferente aos resultados que xere.

9. Reto estratéxico: sintetiza o conxunto de prioridades tecnolóxicas e de innovación da estratexia RIS3 de Galicia (http://www.ris3galicia.es/wp-content/uploads/2015/09/ESTRATEXIA-_REXIONAL_RIS3_GALICIA.pdf) baseadas tanto en actividades existentes como en oportunidades de futuro. Os retos estratéxicos son:

– Reto 1: xestión innovadora de recursos naturais e culturais. Modernización dos sectores tradicionais galegos a través da introdución de innovacións que incidan na mellora da eficiencia e rendemento no uso dos recursos endóxenos e a súa reorientación cara a usos alternativos con maior valor engadido en actividades enerxéticas, acuícolas, farmacolóxicas, cosméticas, alimentarias e culturais.

– Reto 2: o modelo industrial da Galicia do futuro. Aumentar a intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia a través da hibridación e as tecnoloxías facilitadoras esenciais.

– Reto 3: novo modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo. Situar a Galicia para o ano 2020 como a rexión líder no sur de Europa na oferta de servizos e produtos intensivos en coñecemento relacionados cun modelo de vida saudable: envellecemento activo, a aplicación terapéutica de recursos hídricos e mariños e a nutrición funcional.

10. Colaboración efectiva: tal e como se recolle no artigo 2, punto 90, do Regulamento (UE) nº 651/2014 é a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para alcanzar un obxectivo común sobre a base da división do traballo en que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos de financiamento; a investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.

11. Entidade vinculada: son empresas vinculadas segundo o artigo 3.3 do anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 aquelas empresas entre as cales existe algunha das seguintes relacións:

a) Unha empresa posúe a maioría dos dereitos de voto dos accionistas ou socios da outra empresa.

b) Unha empresa ten dereito a nomear ou revogar a maioría dos membros do órgano de administración, dirección ou control da outra empresa.

c) Unha empresa ten dereito a exercer unha influencia dominante sobre outra, en virtude dun contrato celebrado con ela ou dunha cláusula estatutaria da segunda empresa.

d) Unha empresa, accionista ou asociada a outra, controla soa, en virtude dun acordo celebrado con outros accionistas ou socios da segunda empresa, a maioría dos dereitos de voto dos seus accionistas ou socios.

Presúmese que non existe influencia dominante cando os investidores enunciados no artigo 3.2 do citado anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014 non teñen implicación directa ou indirecta na xestión da empresa en cuestión, sen prexuízo dos dereitos que lles correspondan na súa calidade de accionistas.

As empresas que manteñan calquera das relacións previstas no parágrafo primeiro do artigo 3 do citado anexo I a través doutra ou outras empresas, ou cos investidores enumerados no punto 2 do mesmo artigo, consideraranse tamén vinculadas.

Tamén se considerarán empresas vinculadas as que manteñan algunha das devanditas relacións a través dunha persoa física ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo se as ditas empresas exercen a súa actividade ou parte dela no mesmo mercado de referencia ou en mercados contiguos, considerándose mercado contiguo o mercado dun produto ou servizo situado nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á do mercado en cuestión.

12. Empresa en crise: tal e como se recolle no artigo 2, punto 18, do Regulamento (UE) nº 651/2014:

Unha empresa en que concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) Se se trata dunha sociedade de responsabilidade limitada (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas; é o que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un resultado negativo superior á metade do capital social subscrito; para efectos da presente disposición, «sociedade de responsabilidade limitada» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo I da Directiva 2013/34/UE e «capital social» inclúe, cando cumpra, toda prima de emisión.

b) Se se trata dunha sociedade en que polo menos algúns socios ten unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade (distinta dunha peme con menos de tres anos de antigüidade ou, para efectos dos criterios para poder optar ás axudas ao financiamento de risco, unha peme no prazo de sete anos desde a súa primeira venda comercial, que cumpra as condicións para recibir investimentos de financiamento de risco tras as comprobacións de dilixencia debida por parte do intermediario financeiro seleccionado), cando desaparecese polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade; para efectos da presente disposición, «sociedade en que, polo menos, algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade» refírese, en particular, aos tipos de sociedades mencionados no anexo II da Directiva 2013/34/UE.

c) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos no seu dereito nacional para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.

d) Cando a empresa recibise axuda de salvamento e aínda non reembolsase o préstamo ou puxese fin á garantía, ou recibise axuda de reestruturación e estea aínda suxeita a un plan de reestruturación.

e) Se se trata dunha empresa distinta dunha peme, cando durante os dous exercicios anteriores:

1º. O cociente débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.

2º. O cociente de cobertura de xuros da empresa, calculado sobre a base do EBITDA, se situase por baixo de 1,0.

13. Actividades económicas: aquelas actividades que consisten na oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, mesmo cando non exista ánimo de lucro.

14. Actividades non económicas dos organismos de investigación: tal e como se recolle no punto 2.1 do Marco sobre axudas estatais de investigación e desenvolvemento e innovación (2014/C 198/1), aquelas actividades que non consisten na oferta de bens e/ou servizos nun determinado mercado, incluíndo entre elas as actividades primarias dos organismos de investigación, en particular: a educación para lograr máis e mellor persoal cualificado; a realización de I+D independente para a mellora do coñecemento cando o organismo emprenda unha colaboración efectiva e a ampla difusión de resultados das investigacións de forma non discriminatoria e non exclusiva. Tampouco se consideran actividades económicas as actividades de transferencia de coñecemento cando son levadas a cabo polo organismo de investigación sempre que os beneficios xerados por elas volvan investirse nas súas actividades primarias. O carácter non económico destas actividades de transferencia non se ve afectado polo feito de contratar con terceiros a prestación dos servizos correspondentes mediante licitación pública.

15. Contorno de laboratorio: aquel contorno en que se realiza a análise e experimentación das funcións máis críticas da tecnoloxía. A validación das predicións analíticas sobre os diferentes elementos que compoñen a dita tecnoloxía, e que foron realizadas na investigación básica, efectúase mediante estudos analíticos e de laboratorio. Neste mesmo contorno controlado empezan a se integrar os ditos compoñentes e a traballar de forma conxunta con eles. As probas son realizadas a nivel de sistema ou compoñente, así como mediante probas de concepto experimental validadas, pero sempre cunha baixa fidelidade.

16. Contorno relevante, operacional o de simulación: aquel contorno en que xa os compoñentes básicos da tecnoloxía están integrados dunha forma razoablemente realista e a maioría das funcións están dispoñibles para demostración e proba. O sistema está parcialmente integrado con outros sistemas auxiliares mediante o uso dunhas interfaces iniciais. Empézase a traballar cun modelo representativo ou prototipo que se encontra preto da configuración final desexada en termos de rendemento, peso e volume. No dito prototipo empézanse a implantar problemas reais a grande escala e con características similares ao contorno real (o contorno previsto) proporcionando alta fidelidade.

17. Contorno real: aquel contorno en que as probas e demostracións van dirixidas a obter, ao final do proceso, un sistema completo e cualificado, con todas as súas funcionalidades probadas (configuración final), totalmente integrado cos sistemas hardware e software cos que van traballar e nunhas condicións de traballo realistas, así como outras inesperadas (condicións de estrés).

Artigo 3. Actividades subvencionables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental e a innovación en materia de organización e de procesos, entendendo como tales as definicións incluídas no artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014 e que se recollen no artigo anterior da presente resolución.

Artigo 4. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas:

a) Empresas do sector industrial cun establecemento permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 6 da presente resolución. As empresas, atendendo ao seu tamaño, poderán ser grandes ou pemes, segundo as definicións incluídas no artigo 2.

b) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial e un ou varios organismos de investigación e difusión, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), que realicen proxectos en cooperación.

c) Agrupacións entre unha grande empresa e unha ou varias pemes que, en ambos os casos, deberán pertencer ao sector industrial.

No caso de agrupacións, as empresas que a integren deberán ter as características indicadas no punto 1.a) deste artigo.

2. Os organismos de investigación, ademais de cumpriren os requisitos da definición incluída no artigo 2, só poderán ser beneficiarios se desenvolven un proxecto en colaboración cunha empresa no marco dun proxecto en cooperación subvencionable ao abeiro desta convocatoria e contan cun centro de traballo permanente en Galicia.

3. As grandes empresas só poderán acceder ás axudas para proxectos de innovación en materia de organización e de procesos se colaboran de xeito efectivo (artigo 2.10) para o desenvolvemento das actividades obxecto da axuda cunha ou varias pemes que deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación coa grande empresa.

4. Non poderán acceder á condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, nin tampouco as empresas en crise, nin aquelas que están suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión Europea que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Artigo 5. Modalidades de participación

1. Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación. Tal e como se indicaba no artigo 4, os organismos de investigación só poderán participar na modalidade en cooperación.

2. Poderán participar na modalidade de proxectos individuais unha peme ou unha grande empresa, no caso de proxectos de I+D. No caso de proxectos de innovación en materia de organización e de procesos, para a modalidade de participación individual, só poderá participar unha peme.

3. As entidades participantes en proxectos en cooperación deberán formar unha agrupación xurídica, nos termos previstos no artigo 8.3 da Lei 9/2007. Esta agrupación estará constituída por:

– No caso de proxectos de I+D:

• por empresas, pemes ou grandes.

• por empresa/s, pemes ou grandes e un ou varios organismos de investigación e difusión.

-– No caso de proxectos de innovación en materia de organización e procesos:

• por empresas, sendo necesario que unha delas sexa unha peme.

4. Todas as entidades que forman parte da agrupación e que obteñan axuda terán a consideración de beneficiarias e deberán cumprir as súas obrigas como tales. Tanto na solicitude como na resolución de concesión deberán constar, de forma expresa, os compromisos de execución asumidos por cada membro, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles. A concesión e o pagamento da axuda efectuarase a cada unha das entidades participantes, en proporción á parte dos gastos que lle corresponda realizar no proxecto.

5. As agrupacións rexeranse polo documento contractual que as regule. O funcionamento interno da agrupación responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é o líder ou representante da agrupación. O líder será o representante único da agrupación, único interlocutor coa Administración en todo o procedemento, e con poderes bastantes para cumprir as obrigacións que, como beneficiario, corresponden á agrupación. O líder sempre deberá ser unha empresa, nunca un organismo de investigación.

O documento contractual de regulación da agrupación deberá prever, como mínimo, o seguinte:

a) Distribución das actividades e do orzamento total e o achegado por cada un dos membros da agrupación.

b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocución con ela.

c) Acordos de confidencialidade.

d) Propiedade, protección legal (patentes) e divulgación dos resultados.

e) Xestión da agrupación, plan de continxencias e distribución de responsabilidades ante posibles dificultades.

f) Designación dun/dunha xefe/a técnico/a do proxecto. Esta figura será única para toda a agrupación.

Con todo, o orzamento e as actividades quedarán suxeitos ao establecido na resolución de concesión da axuda.

A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.

Artigo 6. Características dos proxectos

1. Os proxectos subvencionables ao abeiro desta convocatoria deberán ser proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia de organización e de procesos.

A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade participante no proxecto será única e corresponderá coa que sexa predominante. Neste sentido, considerarase predominante cando a metade dos custos subvencionables no proxecto se xeren a través de actividades clasificadas nese tipo de categoría, sempre respectando, á hora de fixar a axuda, as intensidades máximas recollidas no artigo 9 destas bases.

2. Os proxectos deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e máximo de 30.000.000 de euros.

3. Poderán ser proxectos individuais dunha empresa ou proxectos en cooperación, tal e como se definen as modalidades de participación no artigo 5.

4. No caso de proxectos en cooperación:

a) O orzamento do organismo de investigación e de difusión de coñecementos non poderá ser inferior ao 15 % do custo total subvencionable do proxecto.

b) Se son proxectos de innovación en materia de organización e de procesos solicitados por grandes empresas, será requisito imprescindible para o seu financiamento a colaboración dun xeito efectivo (artigo 2.10) cunha ou varias pemes, que deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación.

c) A participación mínima da cada unha das empresas participantes deberá ser do 10 % do custo total subvencionable do proxecto.

5. Os proxectos deberán:

a) Ser estratéxicos para a renovación do modelo produtivo e actuar como tractores nos ámbitos máis destacados da economía de Galicia, cun efecto de arrastre ou fervenza de transformación do tecido industrial galego cara a unha competitividade baseada na innovación, contribuíndo a conseguir unha «Industria intelixente».

b) Caracterizarse por un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras (TFE) para obter procesos e produtos de alto valor engadido en liña coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, sempre aliñados co reto 2 da RIS3 galega.

Poderán estar centrados:

– Na mellora de procesos, buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade.

– Na mellora de produtos, de forma que se xeren produtos novos ou con novas funcionalidades para adaptalos ás novas tendencias.

– No avance nos compromisos ambientais e no emprego de enerxías limpas.

– No desenvolvemento de novos modelos de negocio, a través dalgunha das seguintes tecnoloxías, aínda que non de forma excluínte:

1º. Tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital:

• Realidade aumentada e impresión en 3D.

• Automatización avanzada e robótica.

• Internet das cousas.

– Sistemas intelixentes embebidos.

2º. Tecnoloxías que permitan a comunicación e o tratamento dos datos:

• Cloud-computing.

• Ciberseguridade.

3º. Tecnoloxías que faciliten a xestión intelixente das operacións, así como o traballo colaborativo con outras empresas:

• Big data.

• Intelixencia de negocio.

• Desenvolvemento de plataformas de traballo colaborativo e de integración en liña das cadeas de valor de provedores e outras empresas.

6. Só se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega, de xeito que as todas as empresas e organismos participantes nun proxecto deberán ter na comunidade un centro de traballo onde realicen as actividades susceptibles de obter axuda. De non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar declaración da entidade solicitante que acredite que se establecerá en Galicia antes de se iniciar o proxecto.

7. A duración dos proxectos será de catro anualidades e estenderase ata o 30 de abril de 2023.

8. De acordo co artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014 considérase que as axudas teñen un efecto incentivador se a solicitude de axuda se presentou antes do comezo do proxecto. Prodúcese un efecto incentivador cando as axudas cambian o comportamento dunha empresa de tal maneira que esta emprenda actividades complementarias que non realizaría ou que, sen as axudas, realizaría dunha maneira limitada ou diferente. Con todo, as axudas non deben subvencionar os custos dunha actividade en que a empresa incorrería de todos os xeitos nin deben compensar o risco empresarial normal dunha actividade económica. A data de inicio do proxecto presentado non debe entenderse unicamente como unha data a partir da cal se poden imputar gastos, senón realmente como a data de comezo das actividades do proxecto.

Artigo 7. Prazo das solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes a esta cuarta convocatoria do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 8. Financiamento

1. As subvencións imputaranse ao capítulo VII do orzamento da Axencia Galega de Innovación nas aplicacións orzamentarias que se indican neste artigo.

Eixe

OE

Beneficiarios

Aplicación

2020

2021

2022

2023

Total

01

1.2.1

Grandes empresas

09.A3.561A.770.0

(CP: 2018.003)

350.000 €

4.000.000 €

4.000.000 €

800.000 €

9.150.000 €

01

1.2.1

Pemes

09.A3.561A.770.0

(CP: 2018.002)

100.000 €

1.000.000 €

1.000.000 €

350.000 €

2.450.000 €

01

1.2.1

Organismos de investigación privados

09.A3.561A.781.0

(CP: 2018.006)

50.000 €

1.500.000 €

1.500.000 €

350.000 €

3.400.000 €

Total

500.000 €

6.500.000 €

6.500.000 €

1.500.000 €

15.000.000 €

2. A distribución de fondos entre anualidades e entre as aplicacións orzamentarias sinaladas é unha previsión que deberá axustarse tras a valoración das solicitudes de axuda, e será posible incluso a incorporación de novos conceptos de gasto, tendo en conta a natureza xurídica das entidades beneficiarias, sen incrementar o crédito total.

3. As axudas reguladas nesta resolución estarán cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 1 «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.2 «O fomento do investimento empresarial en I+i, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre as empresas, os centros de investigación e desenvolvemento e o sector do ensino superior, en particular mediante o fomento do investimento no desenvolvemento de produtos e servizos, a transferencia de tecnoloxía, a innovación social, a innovación ecolóxica, as aplicacións de servizo público, o estímulo da demanda, a interconexión en rede, as agrupacións e a innovación aberta a través dunha especialización intelixente e mediante o apoio á investigación tecnolóxica e aplicada, liñas piloto, accións de validación precoz dos produtos, capacidades de fabricación avanzada e primeira produción, en particular, en tecnoloxías facilitadoras esenciais e difusión de tecnoloxías polivalentes»; obxectivo específico 1.2.1 «Impulso e promoción de actividades de I+i lideradas por empresas, apoio á creación e consolidación de empresas innovadoras e apoio á compra pública innovadora», e actuación CPSO 1.2.1.6 «Proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación centrados en tecnoloxías industriais innovadoras no marco da atracción do investimento privado para a posta en valor da I+D+i en Galicia».

4. As axudas fináncianse no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciación Feder do 80 %, computándose o 20 % restante como investimento privado elixible dos beneficiarios.

Artigo 9. Intensidade das axudas e concorrencia

1. As axudas concederanse en forma de subvencións. A contía máxima da axuda que pode ser concedida aos proxectos seleccionados determinarase sobre o investimento subvencionable de cada beneficiario, e será conforme os límites de intensidade previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, de acordo coa seguinte táboa:

Categoría predominante do proxecto/da participación dun membro da agrupación no caso de proxectos en cooperación

Pequena empresa1

Mediana empresa1

Grande empresa1

Investigación industrial

70 %

60 %

50 %

Desenvolvemento experimental

45 %

35 %

25 %

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecementos, asumindo estes como mínimo o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresa/s e un ou varios organismos de investigación e difusión de coñecementos, asumindo estes como mínimo o 10 % dos custos subvencionables e tendo o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

60 %

50 %

40 %

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha empresa corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables

80 %

75 %

65 %

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas, polo menos unha das cales debe ser peme e que ningunha empresa corra por si soa con máis do 70 % dos custos subvencionables

60 %

50 %

40 %

Innovación en materia de procesos e organización2

50 %

50 %

15 %

1 Para os efectos desta convocatoria, na medida en que as actividades que se apoian teñen natureza económica, aos organismos de investigación seranlles de aplicación estas mesmas intensidades máximas.

2 No caso de grandes empresas, só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, que deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto (artigos 4.3 e 6.4)

Sen prexuízo das porcentaxes indicadas no parágrafo anterior, a contía total da axuda non poderá superar os límites máximos de notificación previstos no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

2. As axudas reguladas nesta convocatoria serán compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade ou proxecto, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, sempre que o importe conxunto sexa de tal contía que non se superen os límites de intensidade de axuda previstos nos artigos 25 e 29 do Regulamento (UE) nº 651/2014, ou que de acordo coa súa normativa reguladora fosen incompatibles.

Sen prexuízo do anterior, as axudas reguladas nestas bases serán incompatibles con outras axudas ou instrumentos cofinanciados con fondos EIE (fondos estruturais e de investimento europeo) que financien o gasto declarado nunha solicitude de pagamento, de conformidade co previsto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, na súa redacción modificada polo Regulamento (UE, Euratom) 2018/1066 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xullo de 2018.

Artigo 10. Forma e lugar de presentación das solicitudes

1. No caso de proxectos en cooperación, cada membro da agrupación, agás o líder, presentará a súa solicitude expresando claramente o título do proxecto e a información contida no anexo I. Desta presentación resultará un número de rexistro, que deberá facilitar á empresa líder. Posteriormente a empresa líder de cada agrupación presentará a súa solicitude (anexo I) . Para efectos de presentación da solicitude do proxecto, unicamente se terá en conta a data de presentación da solicitude da empresa líder, sendo esta a súa responsabilidade, polo que se entenderán inadmitidas as solicitudes que non dispoñan da presentación do líder.

2. Os datos de contacto que figuren nas solicitudes (enderezo postal, enderezo electrónico e teléfono) consideraranse os únicos válidos para os efectos de notificacións.

3. A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Se algunha das entidades interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. A presentación da solicitude implica o coñecemento e a aceptación destas bases reguladoras.

Artigo 11. Conceptos subvencionables

1. Terán a consideración de gastos subvencionables aqueles que respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento de cada proxecto. En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

A estes gastos seralles de aplicación o previsto na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

2. Para a anualidade de 2020, só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados dentro do período comprendido entre a data de presentación da solicitude de subvención e a data límite de xustificación establecida no artigo 41 desta resolución. Para estes efectos, considérase como data de presentación, no caso de proxectos en cooperación, a que corresponde á solicitude do líder da agrupación.

Para o resto de anualidades, admitiranse os gastos realizados dentro do período comprendido entre a data límite de xustificación da anualidade anterior e a data límite de xustificación da anualidade corrente.

3. Os custos subvencionables desagregaranse nas seguintes partidas.

a) Custos directos: os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1. Custos de persoal.

2. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición.

3. Materiais, subministracións e produtos similares.

4. Adquisición de patentes.

5. Servizos tecnolóxicos externos.

6. Subcontratacións.

7. Outros custos: o custo derivado do informe realizado polo auditor respecto ao proxecto que se require para a súa xustificación.

b) Custos de carácter indirecto: os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos cales se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, e normas número 5 e 13 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional 2014-2020, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10 % aos custos de persoal imputados do proxecto.

Artigo 12. Custos de persoal

1. Poderanse subvencionar:

a) Os custos de persoal propio (persoal investigador, técnico e persoal auxiliar que realice actividades de investigación) no tempo imputado exclusivamente ao desenvolvemento de actividades de I+D+i do plan de traballo do proxecto.

b) Os de persoal de nova contratación que se incorpore á entidade para a realización do proxecto e que deberá dedicarse de xeito exclusivo a el.

No caso de persoal propio, deberán xustificarse os motivos da porcentaxe de imputación do tempo de dedicación ao proxecto sobre a base dos fitos ou traballos concretos que se vaian desenvolver no proxecto. Non será suficiente unha xustificación xenérica que non permita valorar a adecuación, pertinencia e verificabilidade do tempo imputado.

O custo de persoal propio poderá ser como máximo o 60 % do custo subvencionable total do proxecto ou do orzamento de cada entidade, no caso de proxectos en cooperación.

Os custos de persoal por cada persoa investigadora non poderán superar os custos máximos anuais por grupo de cotización que se establecen no anexo VII. O custo de persoal propio correspondente aos grupos de cotización desde o 4 ata o 11 poderá ser como máximo o 50 % do custo subvencionable total do persoal propio de cada entidade.

2. Só no caso de pemes poderán subvencionarse os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D+i no proxecto cunha dedicación máxima do 30 %. Na memoria técnica que se achegará coa solicitude xustificaranse detalladamente as funcións/tarefas concretas de investigación que desenvolverá este persoal nas diferentes fases/actividades recollidas no plan de traballo do proxecto. Estas funcións deberán ser compatibles co seu labor directivo ou xerencial.

3. Só serán subvencionables aqueles gastos de persoal relacionados con actividades que a entidade non levaría a cabo se non realizase a operación subvencionada. Consideraranse custos de persoal subvencionables os custos brutos de emprego do persoal do beneficiario nos termos indicados na norma 6, número 2, da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

4. Non se considerarán subvencionables:

a) Os gastos relacionados con aqueles/as traballadores/as que non estean dados/as de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto e os de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, agás que se trate de socios que traballen baixo o réxime de autónomos. No caso de traballadores autónomos, a súa dedicación anual estará limitada ao 40 %.

b) Os conceptos incluídos na retribución bruta do traballador que non garden relación coa actividade subvencionada.

c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión do proxecto.

d) As contratacións en formación, as de prácticas, as de bolseiros/as e as contratacións a tempo parcial excepto nos supostos de redución voluntaria da xornada previstos no Estatuto dos traballadores.

e) As contratacións en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que se establecen pola Seguridade Social ao regular as bases de cotización por continxencias comúns e que se indican a continuación:

Titulación/categoría profesional

Grupo de cotización

Enxeñeiros, licenciados, persoal de alta dirección

1

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados, diplomados

2

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

3

Axudantes non titulados

4

Oficiais administrativos

5

Subalternos

6

Auxiliares administrativos

7

Oficiais de primeira e segunda

8

Resto de oficiais

9

Peóns

10

Traballadores menores de 18 anos

11

f) Os custos de viaxes, as indemnizacións ou axudas de custos non teñen natureza de gastos de persoal.

g) Os custos de persoal directivo e xerencial que realice labores de I+D+i no caso de grandes empresas.

5. Calquera modificación no cadro de persoal asignado ao proxecto deberá ser motivada e xustificada, para a súa realización será necesario obter a autorización previa da Axencia Galega de Innovación. Só se admitirán os cambios dunha persoa por outra con idéntica titulación ou cunha titulación susceptible de poder desempeñar funcións similares.

Artigo 13. Outros custos directos

O resto dos custos directos correspondentes a custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, material funxible, adquisición de patentes, servizos tecnolóxicos externos, subcontratacións e o custo do informe do auditor que se require para a xustificación do proxecto, calcularanse como custos reais con documentación soporte do gasto e pagamento.

Artigo 14. Custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición

1. Serán subvencionables os custos de equipamento e material instrumental de nova adquisición, na medida e durante o período en que se utilice para o proxecto.

Se o equipamento e material se dedica exclusivamente á actuación subvencionada e a súa vida útil se esgota ao rematar o período de execución, será subvencionable o custo de adquisición. Deberase xustificar na memoria do proxecto a vida útil do equipamento ou material.

Se o equipamento e material non se utilizan exclusivamente para o proxecto, por exceder a súa vida útil a duración deste, só serán subvencionables os custos de amortización que correspondan á duración do proxecto, calculados sobre a base das boas prácticas contables. Para que este custo sexa subvencionable, deberá detallarse na memoria do proxecto o procedemento de cálculo seguido para calcular os custos de amortización, tendo en conta o tempo concreto de imputación ao proxecto.

Serán subvencionables os custos de depreciación dos bens amortizables sempre que se cumpran as condicións establecidas na Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas de gastos subvencionables dos programas operativos do Feder 2014-2020.

Conforme o indicado no número 8, punto b), da citada norma, os activos depreciados non poderán ser adquiridos con axuda de subvencións públicas, nin a súa adquisición pode ter sido obxecto de cofinanciamento por parte dos fondos.

2. As novas licenzas e as renovacións de licenzas de software atópanse dentro da categoría de material inventariable e considéranse gastos subvencionables se son de uso específico para o proxecto e non de uso xeral.

3. Admitiranse gastos de leasing sempre que cumpran os seguintes requisitos:

a) Deberá existir un compromiso oficial por escrito de adquisición do activo ao finalizar o contrato de leasing.

b) Soamente serán subvencionables os custos na medida e durante o período que se dediquen ao proxecto.

c) As cotas de arrendamento subvencionables deberán ser constantes ou crecentes e comezar posteriormente á data de presentación da solicitude da subvención, podendo imputarse só as cotas pagadas dentro do período de xustificación de cada anualidade.

d) Non serán gastos subvencionables a marxe do arrendador, os custos de refinanciamento dos xuros, os gastos xerais e os gastos de seguro.

Artigo 15. Materiais, subministracións e produtos similares

Poderanse imputar os gastos de materiais directamente destinados ás actividades de I+D+i. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa na epígrafe correspondente do impreso da solicitude. Os gastos de material de oficina e consumibles informáticos non se financiarán neste concepto pois considéranse incluídos dentro da porcentaxe de custos indirectos.

Artigo 16. Adquisición de patentes

As patentes deberán ser adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante, coa condición de que a operación se realizase en condicións de plena competencia e sen elemento ningún de colusión.

Artigo 17. Servizos tecnolóxicos externos

1. Consideraranse servizos tecnolóxicos externos aquelas actividades distintas á investigación prestadas por terceiros de forma puntual, tales como análises e ensaios de laboratorio, enxeñaría para a montaxe e operación, estudos e actividades complementarias, consultorías, asistencias técnicas e servizos equivalentes. Se a actividade que se vai realizar forma parte da propia investigación, deberá ser considerada como subcontratación.

2. Os servizos tecnolóxicos externos deberán ser necesarios para o desenvolvemento das actividades do proxecto e estar debidamente xustificados na memoria técnica.

3. Na fase de solicitude deberase especificar o provedor que realizará estes servizos, así como presentar a documentación exixida no artigo 18 no caso de que se incorra nesa circunstancia.

Artigo 18. Ofertas

No caso de adquisición de bens de equipamento, ou a contratación de servizos ou subministracións e materiais, cando o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 € no global do proxecto para un mesmo provedor, deberán achegarse un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren, estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

Con todo, no caso de que o organismo de investigación beneficiario reúna os requisitos previstos no artigo 3.3.b) do texto refundido da Lei de contratos do sector público terá a consideración de poder adxudicador e, por tanto, deberá someterse á disciplina de contratación pública nos termos previstos no citado texto legal.

Artigo 19. Subcontratacións

1. Considerásense subcontratacións as actuacións contratadas a terceiros que supoñan a execución dunha parte da actividade investigadora que constitúe o obxecto da subvención. A subcontratación deberá estar debidamente xustificada e motivada na memoria técnica.

2. Os beneficiarios das axudas reguladas nesta resolución poderán subcontratar, como máximo, ata o 50 % do importe da actividade subvencionada.

3. Será obrigatoria a subscrición dun contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista, que poderá condicionarse a resultar beneficiario da subvención e deberá recoller, como mínimo, os seguintes aspectos: obxectivos do contrato, descrición das actividades, data de inicio e duración total, identificación dos/das investigadores/as participantes, orzamento total e desagregación por anualidades, así como o acordo sobre a propiedade dos resultados. No contrato deberanse detallar as persoas que participan no proxecto, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas neste e a porcentaxe de dedicación ao proxecto. Todos estes aspectos serán revisados pola Axencia Galega de Innovación.

Este contrato deberá ser autorizado pola Axencia Galega de Innovación. En caso de aprobación do proxecto este contrato entenderase autorizado pola Axencia desde a data de inicio da súa execución sempre que esta sexa posterior á de entrega da solicitude do proxecto.

4. En ningún caso o beneficiario poderá subcontratar con:

a) Persoas ou entidades incursas nalgunha das prohibicións que se recollen no artigo 10 da Lei 9/2007.

b) Persoas ou entidades que percibisen outras subvencións para a realización da actividade obxecto da contratación.

c) Intermediarios ou asesores en que os pagamentos se definan como unha porcentaxe do custo total da operación, agás que o devandito pagamento estea xustificado con referencia ao valor de mercado do traballo realizado ou dos servizos prestados.

d) Persoas ou entidades solicitantes da axuda na mesma convocatoria e programa que non obtivesen subvención por non reuniren os requisitos ou non acadasen a valoración suficiente.

e) Persoas ou entidades en que concorran algunhas das circunstancias detalladas no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

Artigo 20. Informe do auditor

O informe do auditor axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007 e, no caso dun proxecto en cooperación, deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas. A súa designación corresponderá ao representante da agrupación.

O informe do auditor terá en conta as instrucións que se detallan no anexo XII e comprobará a existencia da documentación e requisitos descritos no artigo 41 da presente convocatoria.

Naqueles casos en que o beneficiario estea obrigado a auditar as súas contas anuais por un auditor sometido ao texto refundido da Lei de auditoría de contas, aprobada polo Real decreto lexislativo 1/2011, do 1 de xullo, a revisión levaraa a cabo o mesmo auditor, ou outro, sempre que estea inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.

O custo derivado do informe do auditor non poderá superar os 2.000 euros por anualidade.

Artigo 21. Participación na agrupación de empresas vinculadas

Cando nun proxecto interveñan empresas vinculadas, consonte a definición que destas empresas se realiza no artigo 2 desta resolución e no artigo 43.2 do Decreto 11/2009, só poderán facelo como membros da agrupación. Se empresas vinculadas participan como entidades subcontratadas, como provedores, prestadores de servizos, ou dalgún outro xeito, a súa actividade non será subvencionable.

Artigo 22. Gastos indirectos

En aplicación da opción prevista no artigo 68.1.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o custo subvencionable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 10 % aos custos directos de persoal imputados ao proxecto, segundo o solicitado nel.

Artigo 23. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento administrativo

1. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables, relativas á empresa solicitante, no caso de proxectos individuais, e a todas as entidades participantes no caso de proxectos en cooperación:

1º. Declaración responsable do solicitante de todas as axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

2º. Declaración responsable de que os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan para formulala son certos e acepta as condicións e obrigas do programa Fábrica do futuro, fábrica intelixente e sustentable da industria 4.0 recollidas nesta resolución.

3º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións (en diante, Lei 38/2003).

4º. Declaración responsable de que non está incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Deberase comunicar calquera variación das circunstancias recollidas na devandita declaración no momento en que se produza.

5º. Declaración responsable de que está ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e de reembolso de préstamos ou anticipos concedidos con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

6º. Declaración responsable de que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme o disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014, do 17 de xuño, da Comisión. Non obstante, a Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se fose necesario, os documentos oportunos.

7º. Declaración responsable de que non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

8º. Declaración responsable de que desenvolverá en Galicia as actividades que ten asignadas no plan de traballo do proxecto para o que se solicita a axuda.

9º. Declaración responsable de que a solicitude de axuda é anterior ao comezo do proxecto para o que se solicita (efecto incentivador).

10º. Declaración responsable de que o solicitante coñece que os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorre neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia, nin no artigo 43 do Regulamento que desenvolve a citada lei, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, tendo en conta, ademais, o disposto no Regulamento (UE) nº 651/2014 sobre empresas vinculadas.

11º. Declaración responsable de que, se é o caso, non vai realizar ningunha utilización comercial posterior do prototipo ou proxecto piloto incluído no proxecto.

12º. Declaración responsable de que no caso de dispoñer dun plan de igualdade implantado no centro, deberá mantelo durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 40.m) desta resolución.

13º. Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.

14º. Declaración responsable de que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

15º. Declaración responsable de que se conservará toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigos 125.4 e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

16º. Declaración responsable de que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeitas de fraude.

17º. Declaración responsable de que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación.

2. Xunto coa solicitude (anexo I) deberá presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia un exemplar da documentación que a continuación se relaciona distinguindo a documentación xurídico-administrativa e a documentación técnica.

a) Documentación xurídico-administrativa:

1º) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente, verificado polo/a letrado/a da Xunta de Galicia, no caso de que se opoña á súa consulta tal e como se indica no artigo 24.d). Para os apoderados de entidades mercantís distintos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil, deberá presentarse este poder en todo caso.

2º) Contrato/s subscrito/s de subcontratación con organismo/s e/ou empresa/s, debidamente asinados por ambas as dúas partes.

3º) Modelo de comprobación de datos das persoas socias mancomunadas (anexo III). No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do DNI/NIE deberán indicalo no recadro correspondente habilitado neste anexo e achegar o documento.

4º) Copia da resolución de concesión no caso de ter concedida algunha axuda.

5º) Modelo de declaración de información relativa á condición de peme (anexo IX). A Axencia Galega de Innovación utilizará os medios que considere oportunos para a súa verificación e requirirá ao solicitante, se for necesario, os documentos oportunos.

6º) Modelo de comprobación de datos do equipo investigador (anexo X).

7º) Modelo de autorización das persoas socias mancomunadas a favor do representante da entidade solicitante (anexo XI).

Ademais, no caso de proxectos en cooperación:

8º) Declaración de conformidade de participación no proxecto asinada polo/s representante/s de cada unha das entidades da agrupación outorgando ao líder do proxecto a autorización para canalizar a súa relación coa Administración, segundo o anexo II .

9º) A empresa líder da agrupación presentará tamén o acordo regulador da agrupación debidamente asinado por todos os membros. Neste documento contractual deben establecerse os dereitos e obrigas que asume cada membro da agrupación co contido mínimo sinalado no artigo 5.5 desta resolución.

b) Documentación técnica:

1º) Memoria do proxecto, segundo o índice que se inclúe como anexo V (en formato pdf, máximo 3 MB). Nesta memoria deberá incluírse a información detallada sobre o persoal dedicado ao proxecto: identificación do persoal propio da empresa, actividades que desenvolverá, porcentaxe de dedicación ao proxecto e motivación desta porcentaxe. Respecto do persoal de nova contratación, indicarase o seu perfil e a duración do seu contrato. No referido aos custos de equipamento, deberá xustificarse na memoria a vida útil do equipamento e material ou, se for o caso, o procedemento seguido para calcular os custos de amortización.

2º) Currículos redactados en formato libre de todos os membros do equipo humano asignado ao proxecto por parte de cada membro da agrupación.

c) Outra documentación.

3. Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, os interesados deberán indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentaron os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polos interesados, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle ao interesado a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algún dos interesados presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.

5. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

6. No caso de que algún dos documentos que se vai presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 24. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) Certificados de estar ao día nas seguintes obrigas: Axencia Estatal da Administración Tributaria, Tesouraría Xeral da Seguridade Social e Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante da entidade solicitante. No caso de que a entidade solicitante estea representada por unha persoa xurídica comprobarase o NIF desta.

d) Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito no rexistro competente. Esta consulta poderá facerse nos casos de administración única, administración solidaria ou mancomunada, ou tamén o cargo de conselleiro delegado. Para outros apoderados de entidades mercantís distintos dos anteriores, aínda que dispoñan de poderes xerais ou especiais inscritos nun rexistro mercantil, non poderá acreditarse a súa representación por estas vías, dadas as características técnicas da consulta ao Rexistro Mercantil e terá que achegarse a correspondente documentación pública verificada polo/a letrado/a da Xunta de Galicia.

e) DNI/NIE do/dos socio/s mancomunado/s. No caso de que os representantes mancomunados sexan persoas xurídicas, comprobarase o NIF.

f) DNI/NIE das persoas do equipo investigador e do/da titor/a ou representante legal no caso de menores de idade.

g) Títulos oficiais universitarios e títulos oficiais non universitarios do equipo investigador.

h) Consulta de vida laboral (TXSS) dos últimos 12 meses do equipo investigador.

i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

j) Consulta de concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e nos anexos III e X, segundo corresponda, e achegar os devanditos documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 25. Información e publicidade

1. A Axencia Galega de Innovación informará ás entidades beneficiarias de que a aceptación da axuda implica que pasarán a formar parte da lista de operacións que se publicará no portal da Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda, co contido previsto no número 1 do anexo XII e no artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013, http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ERES/loFEDER1420/porFEDER/paginas/inicio.aspx

Artigo 26. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, a Axencia Galega de Innovación publicará na súa páxina web oficial a relación dos beneficiarios e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e a publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016 a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 27. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Axencia Galega de Innovación, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas e esta circunstancia reflectirase no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda, coa finalidade realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos, segundo o disposto nos artigos 125, número 2, artigo 140, números 3 a 5, e anexo XIII, número 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 28. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados por medios electrónicos accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 29. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo, que ten o código indicado no artigo 1, poderase obter información adicional na Axencia Galega de Innovación, a través dos seguintes medios:

a) Páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.

b) Nos teléfonos: 981 95 73 03, 981 95 78 72 e 881 99 93 55 da devandita axencia.

c) No correo electrónico axudas.gain@xunta.gal

d) Persoalmente.

e) Na guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo:

http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia: 012.

3. De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, as entidades beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999.

Artigo 30. Publicación

Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva, e de conformidade co establecido nos artigos 45.1.b) e 45.3 da Lei 39/2015, os requirimentos de emenda e corrección de erros nas solicitudes, así como as notificacións das resolucións correspondentes, realizaranse mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e anuncio publicado na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). Excepcionalmente, se a instrución do procedemento o aconsella, o órgano competente poderá substituír esta publicación no DOG e na web pola notificación individualizada que, no caso de proxectos en cooperación, realizarase a través do líder da agrupación.

Artigo 31. Notificacións

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

3. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

4. As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, a Axencia Galega de Innovación practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora e do procedemento administrativo común.

Artigo 32. Instrución do procedemento e tramitación

1. A Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión das subvencións prevista nesta resolución. Corresponderalle á directora da Axencia Galega de Innovación ditar a resolución de concesión.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, ou non se lle xunta a documentación exixida, requirirase o interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixer, terase por desistido na súa petición, logo da correspondente resolución. No caso de proxectos en cooperación este requirimento remitirase exclusivamente ao líder do proxecto que canaliza a relación de todos os participantes coa Axencia Galega de Innovación. Non se considerará emendable a falta de presentación ou a presentación fóra de prazo da solicitude de axuda e/ou da memoria do proxecto.

A documentación requirida presentarase electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo co disposto no artigo 14 da Lei 39/2015.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, poderá requirirse ao solicitante para que forneza cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e feitas as emendas, aqueles expedientes administrativos que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán avaliados por expertos e remitidos á comisión de selección.

5. Os expedientes que non cumpran as exixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, ou que non conteñan a documentación necesaria, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de inadmisión, en que se indicarán as causas desta. No caso de proxectos en cooperación a inadmisión dun dos membros da agrupación por non reuniren algún dos requisitos establecidos na resolución de convocatoria suporá a inadmisión do proxecto.

6. O feito de non axustarse aos termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 50 e seguintes da Lei 9/2007.

Artigo 33. Comisión de selección

1. A comisión de selección será o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes de acordo coa valoración realizada conforme o procedemento e os criterios establecidos no artigo 34.

2. A composición da comisión de selección será a seguinte:

a) O/a director/a da Área de Xestión, ou persoa en quen delegue, que actuará como presidente/a.

b) O/a director/a da Área de Programas, ou persoa en quen delegue.

c) Dous/dúas xefes/as de departamento da Axencia Galega de Innovación ou persoas en quen deleguen.

d) Un/unha funcionario/a da Axencia Galega de Innovación que actuará como secretario/a, con voz e sen voto.

3. A comisión de selección elaborará unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren as condicións administrativas e técnicas establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 34. Criterios de valoración

A valoración de cada proxecto presentado que reúna os requisitos realizarase sobre un total de 100 puntos que se outorgarán atendendo a aspectos científico-técnicos e económico-financeiros e á potencialidade para xerar valor económico coa explotación dos seus resultados, segundo os criterios de valoración que se indican a continuación coas súas puntuacións máximas.

1. Excelencia. Calidade científico-técnica do proxecto: 30 puntos.

a) Grao de innovación do proxecto en relación co estado da arte (15 puntos). A puntuación asignarase da forma seguinte:

– Nos proxectos de investigación industrial e desenvolvemento experimental:

i) De 0 a 5 puntos aos proxectos en que a tecnoloxía empregada foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real. Para estes efectos, considerarase contorno real aquelas actuacións que se desenvolvan en contornos representativos de condicións reais de funcionamento. Pode comportar a existencia dun primeiro sistema/prototipo comercial sempre que se trate do produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación.

ii) De 6 a 10 puntos aos proxectos en que a tecnoloxía empregada foi validada nun contorno relevante, operacional ou de simulación, xa sexa o sistema completo, un prototipo deste ou a nivel de compoñentes.

iii) De 11 a 15 puntos aos proxectos en que a tecnoloxía empregada foi unicamente validada a nivel de sistema ou compoñente nun contorno de laboratorio ou existe unha proba de concepto experimental validada.

– Nos proxectos de innovación:

i) De 0 a 5 puntos aos proxectos que inclúan a implantación dunha innovación en materia de organización ou de proceso que foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real no mesmo sector de actividade do beneficiario.

ii) De 6 a 10 puntos aos proxectos que inclúan a implantación dunha innovación en materia de organización ou de proceso que foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real distinto ao sector de actividade do beneficiario.

iii) De 11 a 15 puntos aos proxectos que inclúan a implantación dunha innovación en materia de organización ou de proceso que non foi probada, validada e certificada completamente nun contorno real.

b) Obxectivos científico-tecnolóxicos do proxecto: valorarase a adecuación dos obxectivos á finalidade do proxecto, ademais do grao de concreción e a claridade expositiva (6 puntos).

c) Credibilidade da formulación da proposta: valorarase o estudo do estado da arte, a existencia de resultados previos que soportan a proposta e a análise de puntos críticos e factores de risco (6 puntos).

d) Capacidade que ten a implantación da tecnoloxía proposta para mellorar os procesos buscando avanzar na súa eficiencia e flexibilidade, para resolver un problema de fabricación avanzada que teña a empresa ou para mellorar a xeración de produtos novos ou con novas funcionalidades. Valorarase o emprego de tecnoloxías relacionadas coa mestura do mundo físico e o dixital, coas comunicacións e tratamento de datos, e coa intelixencia e xestión intraempresa ou interempresas (3 puntos) .

2. Calidade e eficiencia da implementación do proxecto: 30 puntos.

a) Plan de traballo (15 puntos):

1) Coherencia: metodoloxía, plan de traballo, cronograma e entregables previstos. Valorarase a compatibilidade e coherencia cos obxectivos parciais e finais do proxecto (5 puntos).

2) Eficacia: axeitada asignación dos recursos ás tarefas planificadas. Xustificación da necesidade das distintas partidas en que se distribúe o orzamento do proxecto tendo en conta, ademais, no caso de proxectos en cooperación, a súa distribución entre os diferentes socios (10 puntos).

b) Capacidade técnica e económica das entidades solicitantes ou da agrupación no caso de proxectos en cooperación (10 puntos):

1) Capacidade técnica. valorarase a capacidade e experiencia dos membros do equipo que participará no proxecto a través da experiencia e formación que se acredite nos seus CV (5 puntos).

2) Solvencia financeira. Valorarase a partir da suma das puntuacións obtidas nos seguintes subcriterios ata un máximo de 5 puntos:

Subcriterio

Valor

Puntuación

1.1 Cociente entre a débeda total e os fondos propios

Maior ou igual a 5

0

Menor que 5 e maior ou igual a 3

1

Menor que 3

2

1.2 Cociente entre o orzamento solicitado para a execución do proxecto e a débeda total

Maior ou igual que 0,7

0

Menor que 0,7 e maior ou igual a 0,5

1

Menor que 0,5

2

1.3 Cociente entre o orzamento solicitado para a execución do proxecto e os fondos propios

Maior ou igual a 1

0

Menor que 1

1

No caso de que os fondos propios sexan negativos, a puntuación dos subcriterios 1.1 e 1.3 será 0.

En relación cos conceptos dos apartados anteriores, entenderanse os seguintes conceptos como se especifican a continuación:

1º. Débeda total: é a suma do pasivo corrente e pasivo non corrente.

2º. Fondos propios: é a suma de capital, capital non exixido, prima de emisión, reservas, accións propias e o resultado do exercicio.

3º. Activo corrente: é a suma de existencias, clientes, outros debedores, outros activos correntes e o efectivo.

4º. Pasivo corrente: é a suma de débedas a corto prazo, acredores comerciais e outras contas a pagar.

5º. Orzamento solicitado para a execución do proxecto, de acordo co disposto no artigo 8 desta convocatoria.

Para acreditar esta solvencia entregarase unha declaración relativa aos datos incluídos nos subcriterios, no momento de peche do último exercicio económico para o que estea vencida a obrigación de aprobación das contas anuais. A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas das Administracións Públicas acreditará as condicións de solvencia económica e financeira, excepto proba en contrario. Os organismos de investigación poderán acreditar esta solvencia a través doutras fórmulas similares que se adapten máis á súa xestión.

c) Procedementos de xestión previstos (5 puntos):

1) Estrutura organizativa do proxecto e mecanismo de xestión e seguimento. Valorarase a participación activa na estrutura organizativa de membros das entidades máis significativas participantes no proxecto (2 puntos).

2) Plan de continxencia. Valorarase a existencia dun plan de análise das dificultades xurdidas na consecución dos fitos técnicos do proxecto e a existencia dun plan de continxencias (3 puntos).

3. Impacto socioeconómico do proxecto (40 puntos).

a) Explotación dos resultados esperados e orientación ao mercado do proxecto: rendibilidade esperada dos resultados de I+D+i (10 puntos):

1) Eficiencia da estratexia de comercialización dos resultados do proxecto. Valorarase tanto a estratexia de comercialización dos novos ou mellorados produtos como a estratexia de protección dos resultados da propiedade industrial e intelectual, se os houber (2 puntos).

2) Mercado potencial e capacidade para a apertura de mercados. Valorarase a posibilidade de ter acceso a novos mercados (2 puntos).

3) Impacto do modelo empresarial de explotación. Valorarase que o proxecto facilite a conectividade con outras empresas, a integración de varias actividades da cadea de valor e a integración entre clientes e socios de negocios (2 puntos).

4) Xeración de emprego. Valorarase o número de empregos creados e a duración dos contratos, respecto á situación anterior ao comezo do proxecto (4 puntos).

b) Contribución ao proxecto para mellorar a competitividade do modelo produtivo de Galicia a través dunha idónea integración das tecnoloxías da industria 4.0. Aumento da intensidade tecnolóxica da estrutura industrial de Galicia nun contexto internacional (21 puntos).

1) Efecto de arrastre do proxecto: incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto a cadeas de valor estratéxicas para Galicia mellorando a competitividade a nivel internacional (3 puntos).

2) Aumento da flexibilidade e individualización dos procesos de fabricación e optimización dos procesos que acheguen maior valor engadido mediante o aumento da produtividade e a redución dos custos operativos (3 puntos).

3) Colaboración con pemes ou entre pemes para o desenvolvemento do proxecto, valorándose o número de pemes participantes e o peso económico específico da súa participación (5 puntos).

4) Impacto tecnolóxico da participación de pemes no desenvolvemento do proxecto. Valorarase este impacto para cada unha das pemes participantes como socias no mesmo (10 puntos).

c) Complementariedades e sinerxías con outras políticas (9 puntos).

1) Consonancia e adecuación do proxecto con (4 puntos).

– As tendencias internacionais da Fábrica do futuro, fábrica intelixente e da industria 4.0, especialmente coas prioridades e obxectivos do programa Horizonte 2020.

– A Axenda da competitividade industrial 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia na sesión do 13 de maio de 2015.

– O Plan estratéxico de Galicia, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia na sesión do 28 de xaneiro de 2016.

2) Implicacións ambientais do proxecto. Consonancia co Pacto verde europeo (3 puntos).

3) Consonancia cos principios de Innovación responsable: medidas das empresas solicitantes para o fomento do equilibrio de xénero nos equipos investigadores, grao de compromiso coa cidadanía e as súas necesidades (2 puntos).

Artigo 35. Procedemento de avaliación

1. De cada proxecto faranse dúas avaliacións realizadas por asesores/as científicos/as externos/as que sexan especialistas na materia a que o proxecto se refira. Estes/as asesores/as avaliarán os números 1, 2 e 3.a) do artigo anterior. Establecerase un panel de coordinación para unificar os criterios dos/das avaliadores/as por sectores ou cadeas de valor.

No caso de que a diferenza entre as puntuacións das avaliacións externas sexa inferior a 15 puntos, a nota final corresponderá á media aritmética das dúas avaliacións. De existir unha discrepancia de 15 puntos ou máis entre as dúas avaliacións externas, unha terceira avaliación externa deberá corrixir a dita puntuación e esta quedará sempre comprendida entre as notas inferior ou superior outorgadas polos outros dous asesores científicos externos.

O/a xestor/a técnico/a da Axencia Galega de Innovación a que se encomende o proxecto avaliará os números 3.b) e 3.c) e emitirá un informe técnico de idoneidade en que se determinará, co apoio de expertos/a externos/as se o considerase necesario, o custo subvencionable do proxecto e a intensidade de axuda que lle corresponde segundo o establecido no artigo 7.

Deberán absterse de avaliar un proxecto aquelas persoas que estean vinculadas con el por calquera circunstancia e seranlles de aplicación ademais as causas de abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015.

2. Será requisito necesario para que un proxecto poida ser subvencionado que acade un mínimo de 60 puntos.

No caso de empate nas puntuacións, como criterio de desempate terán preferencia as empresas que presentasen un plan de igualdade dos previstos no capítulo I do título III do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade.

Artigo 36. Audiencia

1. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de redactar a proposta de resolución, poñerase de manifesto aos interesados para que, nun prazo de dez días, poidan presentar alegacións cos documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

2. Poderase prescindir do trámite a que se refire o punto anterior cando non figuren no procedemento nin se vaian ter en conta na resolución outros feitos nin outras alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

Artigo 37. Resolución e notificación

1. Unha vez concluído o trámite de audiencia, o órgano instrutor elevará a proposta de resolución e o informe emitido pola comisión de selección á directora da Axencia Galega de Innovación para ditar a resolución de concesión, que deberá estar debidamente motivada.

Na proposta de resolución figurarán de xeito individualizado as solicitudes propostas para obteren a subvención e especificarase a avaliación que lles corresponde segundo os criterios recollidos nestas bases reguladoras. Indicarase, así mesmo, o importe da subvención para cada unha delas ou, se é o caso, a causa de denegación.

No expediente de concesión de subvencións tamén se fará constar o informe do órgano instrutor en que conste que da información que ten no seu poder se desprende que os beneficiarios cumpren os requisitos necesarios para accederen ás axudas.

2. Á vista da proposta exposta e segundo o que dispón o artigo 21.4 da Lei 9/2007, ao non seren tidos en conta outros feitos nin outras alegacións e probas que as aducidas polos interesados, a directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución definitiva de concesión ou denegación prevista nestas bases, que será motivada de acordo cos criterios de valoración establecidos.

3. A resolución prevista nestas bases expresará, cando menos:

a) O título do proxecto e a entidade beneficiaria da axuda.

b) O importe global da axuda para cada proxecto, con indicación, ademais, no caso de proxectos en cooperación, da súa repartición entre os membros da agrupación.

c) En caso de solicitudes denegadas, a súa causa de denegación.

d) A desestimación expresa do resto das solicitudes.

4. En todo caso, deberá notificarse a cada beneficiario (cada un dos integrantes da agrupación, se é o caso) un documento que estableza as condicións da axuda para a operación. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan ao beneficiario, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución ao interesado será de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen ditarse resolución expresa, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo.

6. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Non obstante, e de conformidade co establecido no artigo 45.1 desa lei, a notificación individual de concesión da axuda poderase substituír pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web http://gain.xunta.gal, con indicación do beneficiario, da cantidade concedida e da finalidade da axuda outorgada.

Artigo 38. Modificación da resolución

1. As actuacións subvencionadas deben executarse no tempo e forma que se determinen nas resolucións de concesión e débese obter autorización previa da Axencia Galega de Innovación para realizar cambios no proxecto.

2. Porén, cando xurdan circunstancias concretas que alteren as condicións técnicas ou económicas tidas en conta para a concesión da axuda e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión polo órgano que concede.

3. Tamén se poderá acordar a modificación da resolución de concesión por instancia do beneficiario se cumpre os seguintes requisitos:

a) Que a modificación sexa autorizada expresamente polo órgano concedente.

b) Que a modificación non afecte os obxectivos perseguidos coa axuda, os seus aspectos fundamentais ou que fosen determinantes para a concesión da axuda, a determinación do beneficiario, nin dane dereitos de terceiros.

Con todo, en relación coa determinación do beneficiario, si se poderá autorizar o cambio dunha entidade integrante da agrupación por outra debido á súa situación de insolvencia ou doutras circunstancias económicas que lle impidan afrontar o proxecto, sempre que se motiven suficientemente estas circunstancias; que a nova entidade cumpra os requisitos establecidos para ser beneficiaria e os demais establecidos na convocatoria, e comprométese a manter a actividade obxecto da axuda. O líder da agrupación en ningún caso poderá ser substituído, dada a súa función de dirección e coordinación do proxecto. A autorización requirirá un informe técnico dalgún dos avaliadores iniciais do proxecto en que se constate a idoneidade do novo beneficiario para garantir a viabilidade do proxecto e que, polo menos, ten unhas condicións equivalentes ao membro da agrupación substituído. Para realizar este informe técnico deberán aplicarse os mesmos criterios que se tiveron en conta para avaliar inicialmente a solicitude.

c) Que as modificacións obedezan a causas sobrevidas que non puideron preverse no momento da solicitude. Os novos elementos e circunstancias que motiven a modificación, de teren concorrido na concesión inicial, non poderían supor a denegación da subvención, nin poderán ser tidos en conta requisitos ou circunstancias que, debendo concorrer no momento en que se ditou a resolución, tivesen lugar con posterioridade a ela.

4. Para os efectos de facilitar a xestión do orzamento adxudicado, poderase solicitar unha redistribución entre as anualidades concedidas a partir de 2021, cun límite do vinte por cento do custo concedido para cada anualidade, variando proporcionalmente a seguinte anualidade orzada. Esta redistribución deberá ser solicitada antes do 30 de xuño da anualidade afectada.

5. Na solicitude de modificación expresaranse os motivos dos cambios que se propoñen xustificando a imposibilidade de cumprir as condicións expostas na resolución de concesión. No caso de proxectos en cooperación, esta solicitude de modificación deberá ser formulada polo líder da agrupación.

6. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola directora da Axencia Galega de Innovación, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia ao interesado. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificárselle ao interesado.

Artigo 39. Renuncia

A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo (anexo IV) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e que se publicará na web da Axencia Galega de Innovación, http://gain.xunta.gal, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015. A directora da Axencia Galega de Innovación ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da Lei 39/2015.

Artigo 40. Obrigas dos beneficiarios

Sen prexuízo das demais obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, así como daqueloutras específicas que se indican nesta convocatoria, os beneficiarios das axudas concedidas ao abeiro desta resolución quedan obrigados a:

a) Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención e acreditalo ante o órgano que concede, así como o cumprimento dos requisitos, prazos e condicións establecidos nas normas reguladoras, na presente convocatoria e na resolución de concesión e no documento en que se establecen as condicións da axuda.

b) Xustificar ante a Axencia Galega de Innovación, de acordo co previsto nestas bases da presente convocatoria e na normativa reguladora das subvencións, o cumprimento dos requisitos e condicións, a realización da actividade e dos gastos subvencionables e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión e o desfrute da subvención.

c) Proceder ao reintegro, total ou parcial, da subvención percibida, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e no resto dos casos previstos na Lei 9/2007.

d) Subministrar á Administración, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento das obrigas previstas na Lei 1/2016.

e) Someterse ás actuacións de comprobación que deba efectuar o órgano que concede, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo, e achegar canta información lles sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

f) Comunicarlle ao órgano que concede a obtención de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

g) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma e realizar en Galicia as actividades susceptibles de obter axuda por medio da convocatoria.

h) Solicitarlle á Axencia Galega de Innovación autorización previa para realizar aquelas modificacións no desenvolvemento dos proxectos aprobados. A realización de modificacións non autorizadas no orzamento financiable supoñerá a non admisión das cantidades desviadas.

i) Dar publicidade ás axudas recibidas nos contratos de servizos, así como en calquera outro convenio ou contrato relacionado coa execución da actuación, incluída a subcontratación, e en axudas, publicacións, relatorios, equipamentos, material inventariable e actividades de difusión de resultados financiadas con elas, mencionando expresamente a súa orixe e o cofinanciamento con fondos estruturais da Unión Europea. Ademais, deberán publicar a concesión da axuda na súa páxina web e mantela actualizada. Na web deberán figurar, como mínimo, as entidades beneficiarias, os obxectivos e os principais avances do proxecto que deberán divulgarse ano a ano. Concretamente, na documentación, carteis, propaganda ou publicacións que se elaboren para a súa difusión pública deberá figurar o logotipo da Axencia Galega de Innovación e a frase «Subvencionado pola Axencia Galega de Innovación», así como cofinanciado con cargo aos fondos Feder. Así mesmo, deberá informarse que foi apoiado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.

j) Realizar un evento de difusión ao comezo do proxecto, nun prazo máximo de 2 meses despois da data de concesión da subvención, para explicar os seus obxectivos; outro na metade da súa execución e un terceiro no momento da súa finalización para expoñer os resultados non suxeitos a confidencialidade. Este último realizarase como máximo 3 meses despois da finalización do proxecto. Nos tres eventos poñerase de manifesto o apoio do Feder e da Axencia Galega de Innovación ás actuacións do proxecto.

k) Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación coa publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no anexo XII, número 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013, o beneficiario deberá, durante a realización da operación:

1. Recoñecer o apoio do Feder á operación mostrando en todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo o emblema da Unión, así como referencias á Unión Europea, ao fondo que dá apoio á operación e ao lema «Unha maneira de facer Europa».

2. Informar o público do apoio obtido do Feder durante a realización do proxecto facendo unha breve descrición do proxecto no seu sitio da internet, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro da Unión.

3. Colocar, nun lugar ben visible para o público, por exemplo na entrada dun edificio, un cartel ou placa permanente de tamaño mínimo A3. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Elaboraranse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión no Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

4. No caso de persoal de nova contratación para o proxecto, farase mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao acrónimo do proxecto e á presente convocatoria. Para o resto de persoal dedicado ao proxecto, o beneficiario deberá comunicar por escrito ao traballador que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder nos mesmos termos.

l) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes cos investimentos realizados ao abeiro desta resolución, e conservar toda a documentación relativa a esta subvención durante un período de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas en que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (artigos 125.4 e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

m) Destinar os bens ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención, que non poderá ser inferior a cinco anos en caso de bens susceptibles de inscribirse nun rexistro público, nin a dous anos para o resto de bens. No caso de bens inscritibles nun rexistro público, deberá facerse constar na escritura esta circunstancia, así como o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes aspectos de inscrición no rexistro público correspondente. Esta condición non impedirá a substitución de instalacións ou equipamentos que queden obsoletos, dentro do prazo indicado debido á rápida evolución da tecnoloxía, sempre que a actividade económica se manteña en Galicia durante ese período.

n) Informar do nivel de logro dos indicadores de produtividade asociados a actuación 1.2.1.6, que lles sexan de aplicación, ao mesmo tempo que presenta a xustificación de gastos. No caso de proxectos en cooperación será a entidade líder da agrupación a responsable de achegar estes datos.

o) Co fin de avaliar o grao de cumprimento dos obxectivos establecidos na presente convocatoria, instrumentarase un plan de seguimento ex post dos proxectos subvencionados no marco do Plan de avaliación da RIS3 Galicia. O dito plan estará baseado na recompilación de información acerca dos resultados económicos e científico-técnicos obtidos polas entidades beneficiarias como consecuencia da súa participación na presente convocatoria, así como o seu nivel de satisfacción co instrumento.

Para tales efectos, ao finalizar o proxecto, os beneficiarios deberán presentar, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, un cuestionario sobre os indicadores de seguimento do proxecto debidamente cuberto. Posteriormente, tratarase dun xeito agregado a información recompilada co fin de avaliar o impacto da convocatoria e elaborar unha análise estatística detallada acerca dos seus principais resultados e efectos.

p) No caso de organismos de investigación deberán contar cunha contabilidade separada de actividades económicas e non económicas.

q) No caso de proxectos seleccionados, por aplicación do criterio de desempate relativo á implantación dun plan de igualdade, deberá manterse implantado durante o período de execución do proxecto e de mantemento dos investimentos previstos no artigo 40.m) desta resolución.

r) Calquera outra obriga imposta de maneira expresa aos beneficiarios na resolución de concesión ou no documento en que se establecen as condicións da axuda.

Artigo 41. Xustificación da subvención

1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención utilizando os formularios dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal). No caso de proxectos en cooperación cada entidade presentará a súa documentación. A xustificación económica materializarase a través da presentación do correspondente informe realizado por auditor, segundo o indicado nos artigos 20 e 42 desta resolución.

2. Prazos de xustificación:

Períodos de emisión das facturas (realización de gastos) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Primeira anualidade: desde a data de presentación da solicitude ata o 31 de decembro de 2020.

Segunda anualidade: desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 31 de decembro de 2021.

Terceira anualidade: desde o 1 xaneiro de 2022 ata o 31 de outubro de 2022.

Cuarta anualidade: desde o 1 de novembro de 2022 ata o 30 de abril de 2023.

Prazos de presentación da documentación:

Primeira anualidade: ata o 31 de marzo de 2021.

Segunda anualidade: ata o 31 de marzo de 2022.

Terceira anualidade: ata 15 de novembro de 2022.

Cuarta anualidade: 15 de maio de 2023.

Estes prazos poderán axustarse en función da data en que se resolva a convocatoria, tras a tramitación do procedemento correspondente e cos informes preceptivos.

3. Documentación xustificativa: debe presentarse a documentación económica xustificativa do custo das actividades e a documentación técnica.

As instrucións detalladas e os formularios correspondentes para a presentación da documentación xustificativa estarán dispoñibles na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.es) e é preciso presentar a documentación de forma ordenada seguindo a orde establecida nas instrucións.

Artigo 42. Documentación xustificativa económica

Conforme o artigo 20 a xustificación económica realizarase a través de informe de auditor. Este informe deberá axustarse ás instrucións incluídas no anexo XII, verificando a existencia da documentación que se detalla a continuación e revisando, ademais, o cumprimento dos requisitos que se exixen a cada concepto de gasto.

Deberá presentarse un resumo global de execución para a totalidade do proxecto, así como o resto de documentación que se sinala a continuación. No caso de proxectos en cooperación, este resumo global será responsabilidade do líder da agrupación e o resto de documentación xustificativa deberá dispoñerse nunha carpeta separada para cada un dos socios do proxecto:

a) Declaración do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas para a mesma finalidade ou proxecto ou para as mesmas partidas de gasto procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, utilizando o modelo que aparece como anexo VI a esta resolución e que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Axencia Galega de Innovación,
http://gain.xunta.gal. De ser o caso, deberá achegarse unha copia da resolución da concesión desoutras axudas.

b) Certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia, conforme os beneficiarios están ao día nas súas obrigas tributarias, no caso de que se opoñan á súa consulta por parte do órgano xestor.

c) Un resumo da execución do proxecto en que conste o concepto subvencionable, o provedor, o importe (IVE excluído) e a data de cada un dos xustificantes presentados agrupados por concepto de gastos.

d) De ser o caso, indicación por concepto subvencionable das cantidades inicialmente orzadas e as súas desviacións de forma xustificada, seguindo o modelo do informe técnico dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

e) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos gastos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegar unha declaración responsable de autenticidade dos documentos orixinais en papel.

f) Documentación xustificativa do pagamento: declaración responsable de autenticidade dos documentos orixinais en papel de transferencias bancarias, certificacións bancarias ou extractos bancarios, ou documentos obtidos a través da banca electrónica sempre que conten co selo do banco. Nestes documentos deberán estar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento, que deberán ser o emisor da factura e o beneficiario da axuda, respectivamente; o número e o importe total da factura satisfeito. De non estar acreditado o pagamento íntegro mediante estes documentos o gasto non será subvencionable.

No caso de que no documento de pagamento non se faga referencia ás facturas, deberá ir acompañado da documentación complementaria que permita verificar a correspondencia entre gasto e pagamento. Non se aceptarán aqueles documentos de pagamento que non permitan identificar claramente as facturas vinculadas ao proxecto a que corresponden.

No caso de que un xustificante de pagamento inclúa varias facturas, acompañarase dunha relación detallada delas en que se poida apreciar que o pagamento se corresponde coas devanditas facturas. En caso de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto, será necesario presentar o correspondente extracto bancario acompañado da orde de pagamento da entidade coa relación detallada das facturas.

En ningún caso se admitirán pagamentos xustificados mediante recibo do provedor nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

Non serán subvencionables partes de gastos que non estean íntegra e correctamente xustificados de acordo co establecido nos parágrafos anteriores.

g) Para a xustificación do custo de persoal destinado ao proxecto, deberá dispoñerse de:

1. Certificación emitida polo responsable de persoal, co visto e prace do xerente ou director da entidade, que consistirá nunha relación detallada por traballador do persoal dedicado ao proxecto e deberá incluír os seguintes datos: DNI/NIE, nome, apelidos, posto na entidade, retribución bruta mensual, data de pagamento das retribucións, importe da Seguridade Social con cargo á entidade, data de pagamento da Seguridade Social e custo total imputado (retribucións e Seguridade Social), grupo de cotización polo que está contratado, titulación e porcentaxe de dedicación ao proxecto. Declaración da dedicación do persoal dedicado ao proxecto en que debe figurar a sinatura do xefe técnico de proxecto e a sinatura do traballador, conforme o modelo dispoñible na páxina web da Gain. No anexo VII establécense os custos máximos por grupos de cotización.

2. Xustificación da comunicación por escrito ao traballador de que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder.

3. Informe de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación, e que comprenda toda a anualidade. No caso de persoal autónomo, certificado de vida laboral referida á data de finalización do prazo de xustificación. Para o persoal de nova contratación deberá achegarse a copia do contrato en que poida verificarse a exclusividade ao proxecto e o resto dos requisitos exixidos nesta convocatoria, xunto coa certificación da súa titulación académica.

No caso de proxectos en cooperación, esta documentación entregarase de cada unha das entidades integrantes da agrupación.

4. Copia das nóminas do persoal dedicado ás actividades do proxecto e declaración responsable de autenticidade dos documentos orixinais en papel, xustificantes bancarios do seu pagamento. Nos xustificantes de pagamento das nóminas deberán vir detallados os seus receptores, así como as cantidades percibidas por cada un deles. Cando a documentación xustificativa deste gasto conste dun xustificante bancario da remesa total mensual, deberá achegarse a listaxe da orde de transferencia en que se detallen os distintos traballadores incluídos.

5. Declaración asinada polo responsable de persoal da entidade cos importes mensuais de retencións do IRPF dos traballadores dedicados ás actividades do proxecto, acompañada dos modelos 111 e dos seus correspondentes xustificantes bancarios.

6. Boletíns de cotización á Seguridade Social e declaración responsable de autenticidade dos documentos orixinais en papel dos seus xustificantes de pagamento.

No caso de traballadores autónomos deberanse achegar nóminas e xustificantes bancarios do seu pagamento, así como xustificantes de pagamento das cotas á Seguridade Social.

En todo caso, considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas de seguros sociais liquidables con posterioridade á data de xustificación. A entidade subvencionada quedará obrigada a presentar os documentos acreditativos do seu pagamento antes de finalizar o mes en que ao beneficiario lle corresponde liquidar eses gastos.

7. Declaración responsable da non participación do persoal dedicado ao proxecto, financiado con cargo ás axudas da presente convocatoria, noutras actividades/proxectos financiados con axudas procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado ou, en caso contrario, declaración responsable de non superar, conxuntamente coa dedicación ao proxecto, a porcentaxe do 100 %, utilizando o modelo (anexo VIII) que está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e na páxina web da Axencia Galega de Innovación, http://gain.xunta.gal.

h) Tres ofertas de diferentes provedores cando o importe do gasto subvencionable, no caso de adquisición de bens de equipo e contratación de servizos ou subministracións e materiais, iguale ou supere os 15.000 € no global do proxecto cun mesmo provedor. Cando polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren, deberá achegarse unha xustificación de tal circunstancia. Se a elección non tivese recaído na proposta económica máis vantaxosa, deberá achegarse unha memoria xustificativa.

i) Declaración asinada polo representante legal, en que se detalle o cadro de amortización de cada equipamento incluído no seu orzamento calculado sobre a base de boas prácticas contables, así como un informe técnico sobre o período de amortización. En todo caso, esta documentación deberá acompañarse dos estados contables da entidade e dos correspondentes documentos xustificativos do gasto e pagamento da compra. A Axencia Galega de Innovación poderá comprobar a veracidade destes datos accedendo, en calquera momento, aos documentos contables da empresa.

j) No caso de leasing será necesario presentar o contrato, as facturas e os documentos de pagamento das cotas correspondentes ao período de execución do proxecto.

k) En caso de subcontratacións, deberá achegarse a seguinte documentación:

1. Factura emitida pola entidade subcontratada ao beneficiario en que se especifique claramente o título do proxecto financiado. No caso de que sexan varias as facturas, todas elas deberán especificar o título do proxecto.

2. Xustificantes de pagamento da factura da subcontratación.

3. Memoria realizada polo subcontratista das súas actividades no proxecto, en que se debe incluír unha relación das persoas que participaron nestas, unha descrición específica das actividades realizadas por cada unha delas e a porcentaxe de dedicación ao proxecto.

Artigo 43. Documentación xustificativa técnica

1. A documentación xustificativa técnica para o proxecto constará de:

a) Informe técnico normalizado segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

b) Memoria libre sobre a evolución do proxecto en que deberá incluírse a xustificación do cumprimento das normas de publicidade do artigo 40.

Documentación xustificativa (documentación gráfica, fotografías ou calquera outro soporte probatorio) do cumprimento das obrigas de publicidade de conformidade co Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o Regulamento de execución (UE) nº 821/2014.

Tanto o informe técnico como a memoria deberán presentarse en formato pdf e en soporte electrónico.

c) Á finalización do proxecto, xunto coa documentación xustificativa da última anualidade, deberá entregarse un cuestionario sobre os indicadores de seguimento do proxecto, debidamente cuberto, segundo o modelo dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación.

2. Sen prexuízo da documentación anteriormente indicada, poderá requirirse do solicitante que anexe cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.

3. Se, transcorrido o prazo establecido para a xustificación da subvención, a empresa representante da agrupación non presenta a documentación xustificativa segundo o indicado, a Axencia Galega de Innovación requiriraa para que no prazo improrrogable de dez días a presente, advertíndolle que a falta de presentación da xustificación no prazo indicado comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007.

Artigo 44. Pagamento

1. Poderán realizarse pagamentos anticipados e á conta das subvencións recollidas nesta resolución. De acordo co estipulado no artigo 62.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e tras a autorización do Consello da Xunta de Galicia, estes pagamentos poderán acadar ata o 100 % da axuda concedida.

Estes pagamentos están exentos da presentación de garantías de acordo co establecido no artigo 67.4 do Decreto 11/2009, conforme a autorización do Consello da Xunta de Galicia.

2. Pagamentos anticipados:

Poderanse tramitar pagamentos anticipados das anualidades correspondentes aos anos 2020, 2021 e 2022 sen superar o 65 % da subvención total concedida. A concesión destes anticipos realizarase mediante resolución motivada, de acordo co artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

A entidade solicitante deberá facer constar se opta por esta modalidade de pagamento na solicitude da subvención.

3. Pagamentos á conta: faranse efectivos, para cada anualidade, unha vez presentada e comprobada a correcta xustificación da execución do proxecto sen necesidade de entregar ningún tipo de garantías.

4. Antes de proceder ao pagamento final da subvención, a Axencia Galega de Innovación comprobará, de acordo co establecido no artigo 30 da Lei 9/2007, a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención, e será obrigatoria a realización dunha actividade de inspección por parte da Axencia Galega de Innovación. No caso de proxectos en cooperación esta actividade farase a todos os membros da agrupación. Tras esta visita efectuarase unha avaliación do proxecto presentado e valorado na solicitude, e emitirase un informe en que se indique o grao de cumprimento e se foi:

a) Excelente.

b) Positivo.

c) Negativo: se non se acadan as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto inicial por un baixo desempeño ou deficiente organización. Neste caso, deberá cuantificarse a porcentaxe de incumprimento de cada empresa participante da agrupación.

Artigo 45. Perda do dereito ao cobramento da subvención

1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento do beneficiario da súa obriga de estar ao día das súas obrigacións coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.

2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.

3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.

Artigo 46. Causas de reintegro

1. A entidade beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como os compromisos asumidos durante o tempo de duración da axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.

Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e os xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos nos artigos 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.

Son causas de reintegro as seguintes:

a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos fornecidos polo beneficiario que servisen de base para a concesión da axuda ou ocultación daqueles datos que a impedisen.

b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal a axuda foi concedida.

c) O incumprimento da obrigación de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables ou outras obrigacións impostas na resolución de concesión da axuda.

d) O incumprimento da obrigación de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 40 da presente resolución.

e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigacións contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, ou a concorrencia de axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) O incumprimento dos prazos de mantemento da actividade, do emprego ou do investimento, así como do plan de igualdade do centro no caso da aplicación como criterio de desempate, de acordo co establecido no artigo 35 desta resolución.

g) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.

h) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.

Artigo 47. Gradación dos incumprimentos

1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do investimento financiable ou da obrigación de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.

O incumprimento parcial dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención ou ao reintegro parcial da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes.

2. Tratándose de condicións referentes á contía do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao investimento deixado de practicar ou practicado indebidamente e minorarase a subvención proporcionalmente.

3. Por afectar as condicións que se tiveron en conta no momento de conceder a subvención, nos seguintes casos de incumprimento reducirase a intensidade da axuda do seguinte xeito:

a) No caso de que o custo total do proxecto finalmente xustificado sexa inferior ao orzamento mínimo subvencionable (2.000.000 euros) reducirase a axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc=1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo concedido. No caso de proxectos en cooperación, X é a porcentaxe deixada de xustificar por cada un dos membros da agrupación sobre o custo que lle foi concedido.

b) Se o custo xustificado finalmente por algunha entidade beneficiaria é inferior á participación mínima exixida para os proxectos en cooperación:

– No caso de colaboración efectiva entre empresas (polo menos unha das cales debe ser peme), cando unha das empresas asuma máis do 70 % dos custos subvencionables descontarase unha porcentaxe do 15 % de axuda adicional.

– No caso de colaboración efectiva con organismos de investigación, a súa achega non pode ser inferior ao 10 %, polo que se fose inferior descontarase a porcentaxe do 15 % de axuda adicional.

– No caso de empresas, a súa achega non pode ser inferior ao 10 % do custo total subvencionable do proxecto, polo que se fose inferior reducirase o 10 % da intensidade da axuda.

No caso de proxectos de innovación en materia de organización e procesos solicitados por grandes empresas, a participación das pemes con que colabora deberá ser como mínimo do 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto en cooperación. Se a achega é inferior ao 30 % o reintegro será total.

c) Se o custo xustificado finalmente na partida de persoal de nova contratación fose inferior á contía concedida nesta partida, reducirase a axuda aplicando o seguinte factor de corrección: Fc=1-X2/3600, onde X é a porcentaxe deixada de xustificar sobre o custo que lle foi concedido nesta partida.

d) Se se tivese incumprido a obrigación de dar publicidade ao financiamento do proxecto consonte o establecido nesta resolución, ou a obriga de comunicar a obtención doutras axudas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, aplicarase un factor de corrección do 0,95.

e) Se se tivese incumprido as tarefas, compromisos, obxectivos ou condicións do proxecto, dando lugar a un informe final negativo, o incumprimento valorarase en función deste e supoñerá a aplicación dun factor de corrección igual á porcentaxe de incumprimento sinalada no informe técnico. Se esta porcentaxe é superior ao 50 % considerarase como incumprimento total e dará lugar ao reintegro da totalidade da axuda.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.

A aplicación do factor de corrección realizarase na última anualidade, e o importe minorado detraerase desta. No caso de que o importe aprobado para a última anualidade resulte insuficiente para cubrir esta diferenza, requirirase a entidade beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación de expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.

4. Excepcionalmente, se o incumprimento deriva de causas de forza maior, causas non imputables ao beneficiario ou non previsibles ao longo do desenvolvemento do proxecto, a Axencia Galega de Innovación poderá revisar a aplicación do factor de corrección en función do grao e da entidade da condición incumprida e sempre que se cumprisen as actividades e obxectivos do proxecto e se obtivese un informe final positivo.

5. Se o incumprimento deriva da inobservancia dalgunha condición ou suposto distinto dos anteriores, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida.

6. No caso de condicións que constitúan obrigas que o beneficiario debe acreditar na fase de xustificación (deberes de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.) estas deberán xustificarse en todo caso para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecte nos controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a estas obrigas.

Artigo 48. Procedemento de reintegro

1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecesen os motivos que se indican no artigo 46 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.

2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do interese de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.

3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarase de oficio por acordo do órgano concedente destas e comunicarase ao beneficiario a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro nos artigos 37 e seguintes da Lei 9/2007 e 77 e seguintes do Decreto 11/2009.

4. A resolución de procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa.

5. Sen prexuízo do anterior, aos beneficiarios das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007 e no título VI do Decreto 11/2009.

Artigo 49. Prescrición

1. O dereito da Administración a recoñecer ou liquidar o reintegro prescribirá aos 4 anos.

2. Este prazo computarase en cada caso:

a) Desde o momento en que venceu o prazo para presentar a xustificación por parte do beneficiario.

b) Desde o momento da concesión, no suposto previsto no número 9 do artigo 28 da Lei 9/2007.

c) No caso de que se establecesen condicións ou obrigas que debesen ser cumpridas ou mantidas por parte do beneficiario ou da entidade colaboradora durante un período determinado de tempo, desde o momento en que venceu o dito prazo.

3. O cómputo do prazo de prescrición interromperase:

a) Por calquera acción da Administración realizada con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora, que conduza a determinar a existencia dalgunha das causas de reintegro.

b) Pola interposición de recursos de calquera clase, pola remisión do tanto de culpa á xurisdición penal ou pola presentación de denuncia ante o Ministerio Fiscal, así como polas actuacións realizadas con coñecemento formal do beneficiario ou da entidade colaboradora no curso dos ditos recursos.

c) Por calquera actuación fidedigna do beneficiario ou da entidade colaboradora conducente á liquidación da subvención ou do reintegro.

Artigo 50. Control

1. A Axencia Galega de Innovación poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 €, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, e quedará constancia no expediente mediante a acta de conformidade asinada tanto polo representante da Administración coma polo beneficiario. A comprobación material definida no parágrafo anterior poderáselle encomendar a outro órgano distinto do que concedeu a subvención.

3. A Axencia Galega de Innovación poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento do proxecto aos beneficiarios, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se na obrigatoria actividade de inspección previa ao pagamento final da subvención se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou un desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida. Ademais desta actividade final de inspección, a Axencia Galega de Innovación, no marco dos seus plans de inspección, poderá realizar as visitas e comprobacións iniciais, intermedias e finais que considere convenientes.

4. Así mesmo, a Axencia Galega de Innovación poderá convocar a entidade beneficiaria, se o considera necesario, a unha entrevista en relación coa execución das actividades e os resultados obtidos. No caso dos proxectos en cooperación convocarase a empresa líder.

5. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercido pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia (en diante, DL 1/1999), e a súa normativa de desenvolvemento.

Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, ás da autoridade de xestión, ás comprobacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e, de ser o caso, ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo.

Artigo 51. Publicidade

No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas con indicación da norma reguladora, beneficiario, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

Artigo 52. Medidas antifraude

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total o parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través da canle habilitada para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf.

Artigo 53. Réxime de recursos

1. Contra as resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015.

2. Contra as resolucións de reintegro, que poñen fin á vía administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou en calquera momento contado desde o día seguinte a aquel en que se produzan os efectos do silencio administrativo, perante a directora da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.

Artigo 54. Normativa aplicable

As axudas obxecto desta convocatoria réxense polas normas comunitarias aplicables e por razón de cofinanciamento pola Unión Europea e polas normas nacionais de desenvolvemento ou transposición destas. En particular, seralles de aplicación a seguinte normativa comunitaria:

a) Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado.

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006.

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre as disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

d) Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Suplementariamente, seralles de aplicación a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia; o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento; a normativa básica da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, así como a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais disposicións que resulten de aplicación.

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento

Facúltase a directora da Axencia Galega de Innovación para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e aplicación desta resolución.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO V

Índice da memoria técnica

1. Contido tecnolóxico do proxecto.

1.1. Obxectivos xerais do proxecto:

– Obxectivos xerais e técnicos.

– Antecedentes e estado da arte nacional e internacional. Xustificación da novidade que supón respecto destes antecedentes:

• Xustificación da necesidade de abordar o proxecto.

• Descrición das tecnoloxías ou innovacións que se pretenden empregar ou implantar no proxecto indicando as probas, validacións ou certificacións con que conta e as contornas e sectores en que foron empregadas, de ser o caso.

– Posibles proxectos futuros que se poderían derivar.

1.2. Descrición técnica do proxecto:

– Descrición do plan de traballo.

a) Identificación e descrición das principais fases/actividades técnicas (paquetes de traballo con tarefas e subtarefas asociadas), indicando para cada unha os seus obxectivos científico-técnicos específicos, as entidades participantes, os resultados esperados e o seu orzamento. No caso de que exista colaboración con algún organismo de investigación e difusión, describir con detalle o seu contido.

b) Medidas e accións previstas no proxecto que faciliten a implantación das tecnoloxías seleccionadas.

c) Cronograma das fases/actividades previstas (Gantt, PERT). Metodoloxía de execución das distintas tarefas e subtarefas descritas, indicando a súa interrelación.

d) Avaliación dos puntos críticos e factores de risco. Plan de continxencias.

– Descrición da capacidade técnica dos membros do equipo tendo en conta os seus CV. No caso de colaboración efectiva, deberá describirse a capacidade técnica do organismo de investigación.

– Estrutura organizativa do proxecto e mecanismo de xestión e seguimento proposto para o proxecto.

– Aspectos relacionados coa propiedade industrial e/ou intelectual, tanto desde a perspectiva da base tecnolóxica de partida necesaria para o desenvolvemento do proxecto como da xeración de novas patentes ou modelos de utilidade derivados deste (estratexia de protección dos resultados).

– Solvencia financeira. Deberase xuntar unha declaración relativa aos datos incluídos nos subcriterios do artigo 34, número 2.b.2, no momento de peche do último exercicio económico para o que estea vencida a obrigación de aprobación das contas anuais. A inscrición no Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas das Administracións Públicas acreditará as condicións de solvencia económica e financeira, excepto proba en contrario. Os organismos de investigación poderán acreditar esta solvencia a través doutras fórmulas similares que se adapten máis á súa xestión.

1.3. Orzamento total. Xustificación da adecuación económico-financeira da entidade solicitante ao desenvolvemento do proxecto:

– Xustificación das distintas partidas en que se distribúe o orzamento.

– Descrición dos aparellos e equipamentos de investigación que se van adquirir, dos materiais, das subcontratacións e doutro tipo de colaboracións técnicas, así como dos custos de persoal, xustificando a súa necesidade.

– Xustificación da solvencia financeira da entidade solicitante para asumir a execución do orzamento do proxecto.

1.4. Efecto incentivador:

Xustificación de como a axuda fará que a entidade solicitante emprenda actividades complementarias que non realizaría, ou que realizaría dunha maneira limitada ou diferente, de forma que a axuda supoña un aumento substancial dalgúns dos seguintes puntos:

– Do alcance do proxecto.

– Da cantidade total investida.

– Da súa velocidade de execución.

2. Descrición da entidade solicitante.

2.1. Descrición da/das empresa/s solicitante/s:

– Breve historial da entidade.

– Capacidade industrial e comercial da empresa: medios produtivos dispoñibles, produtos/servizos que comercializa e breve descrición da súa organización comercial e do seu posicionamento no mercado.

– Medios materiais e instalacións de I+D que utilizarán no proxecto.

– Relación de proxectos de I+D relacionados levados a cabo previamente pola empresa e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

2.2. Descrición do organismo de investigación con que colabora as empresa/s solicitante/s no marco dun proxecto en cooperación:

– Breve historial da entidade.

– Capacidade investigadora do organismo de investigación (medios, equipamento e traxectoria investigadora).

– Medios materiais e instalación de I+D que utilizarán no proxecto.

– Relación de proxectos de I+D relacionados levados a cabo previamente e cuxos resultados son útiles para o desenvolvemento das tarefas do proxecto que se solicita.

2.3. Plan de continxencias.

3. Mercado potencial do proxecto (mediante plan de negocio e análise financeira, e outras xustificacións).

Analizarase a viabilidade económica de cada proxecto, en termos de rendibilidade esperada, a través da descrición do mercado potencial e do plan de negocio definido para a comercialización dos resultados de investigación conseguidos. Incluirase:

– Definición dos novos produtos, procesos ou servizos resultantes do proxecto, indicando a súa adecuación ás necesidades do mercado detectadas e as principais diferenzas respecto da competencia.

– Análise dos mercados potenciais.

– Descrición da estratexia de comercialización dos produtos ou servizos obtidos e do impacto do modelo empresarial de explotación. Xustificación da adecuación da entidade solicitante para a explotación comercial do proxecto.

No plan de negocio deberán incluírse a conta de resultados do proxecto e indicadores do tipo VAN (valor actual neto), TIR (taxa interna de retorno) ou saldo de tesouraría acumulado do proxecto.

4. Impacto tecnolóxico e capacidade de internacionalización.

– Avaliación do incremento de competitividade (aumento da produtividade, redución de custos operativos, etc.) a través da integración das tecnoloxías da industria 4.0.

– Xustificación do impacto tecnolóxico potencial do proxecto a nivel internacionalización

– Consonancia e adecuación do proxecto coas tendencias internacionais da Fábrica do futuro, coa Axenda de competitividade industrial 4.0 e co Plan estratéxico de Galicia.

5. Impacto socioeconómico do proxecto:

– Xustificación da repercusión do proxecto na actividade empresarial galega, contribución ao fortalecemento do tecido empresarial en Galicia considerando a súa cadea de valor e o efecto en fervenza no tecido produtivo galego que se prevé obter. Capacidade de arrastre ou mobilización do investimento privado.

– Impacto do proxecto en termos de creación de emprego, especialmente emprego cualificado (postos indefinidos, formación e plans de igualdade).

– Implicacións ambientais.

missing image file

ANEXO VII

Custos máximos por grupo de cotización

Grupo de
cotización

Titulación/categoría profesional

Total anual

(soldo bruto + seguridade social a cargo da empresa)

1

Enxeñeiros/licenciados/persoal de alta dirección

45.000 €

2

Enxeñeiros técnicos, peritos e axudantes titulados/diplomados

39.375 €

3

Xefes administrativos e de taller (técnicos especialistas)

31.500 €

4

Axudantes non titulados

25.875 €

5

Oficiais administrativos

25.875 €

6

Subalternos

25.875 €

7

Auxiliares administrativos

25.875 €

8

Oficiais de primeira e segunda

20.250 €

9

Resto de oficiais

20.250 €

10

Peóns

20.250 €

11

Traballadores menores de 18 anos

20.250 €

Fonte: Seguridade Social

missing image file

ANEXO IX

Declaración relativa á condición de peme

– Identificación precisa da empresa.

Nome ou razón social:

Domicilio social:

Nº de rexistro ou do IVE1:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as2:

– Tipo de empresa (vexa a nota explicativa).

Indíquese cunha ou varias cruces a situación da empresa solicitante:

Empresa autónoma

(Neste caso os datos indicados a continuación proceden unicamente das contas da empresa solicitante. Cubra só a declaración, sen anexo)

Empresa asociada

Empresa vinculada

(Cubra e engada o anexo (e, de ser o caso, as fichas suplementarias); a continuación complete a declaración trasladando o resultado do cálculo de abaixo)

– Datos para determinar a categoría da empresa.

Calcularanse segundo o artigo 6 do anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

Período de referencia (*):

Efectivos (UTA)

Volume de negocio

Balance xeral (**)

(*) Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual. En empresas de nova creación que non pechasen aínda as súas contas utilizaranse datos baseados nas estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro.

(**) En miles de euros.

Importante: hai un cambio de datos con respecto ao exercicio contable anterior que podería implicar o cambio de categoría da empresa solicitante (microempresa, pequena, mediana ou grande empresa)

Non

Si (neste, cubra e engada unha declaración relativa ao exercicio anterior)3

– Sinatura.

Nome e cargo do asinante, facultado para representar a empresa:

Declaro polo meu honor que a presente declaración e os seus posibles anexos son exactos.

Feito en ................................................... o ... de ... de ...

Sinatura:

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

3 Número 2 do artigo 4 da definición no anexo á Recomendación 2003/361/CE da Comisión.

ANEXO IX

(continuación)

Nota explicativa
relativa aos tipos de empresas considerados para calcular os efectivos
e os importes financeiros

I. Tipos de empresas.

A definición de peme1 distingue tres tipos de empresa en función do tipo de relación que manteñen con outras empresas respecto da participación no capital, dereitos de voto ou dereito a exercer unha influencia dominante2.

Tipo 1: empresa autónoma.

É, con diferenza, o caso máis frecuente. Abrangue todas as empresas que non pertencen a ningún dos outros dous tipos (asociadas ou vinculadas).

A empresa solicitante é autónoma se:

• Non posúe unha participación igual ou superior ao 25 %3 noutra empresa.

• O 25 %3 ou máis desta non é propiedade directa doutra empresa ou organismo público nin de varias empresas vinculadas entre si ou varios organismos públicos, salvo determinadas excepcións4.

• E non elabora contas consolidadas nin está incluída nas contas dunha empresa que elabore contas consolidadas, e por tanto non é unha empresa vinculada5.

Tipo 2: empresa asociada.

Este tipo está constituído polas empresas que manteñen lazos significativos de asociación financeira con outras empresas, sen que ningunha exerza, directa ou indirectamente, un control efectivo sobre a outra. Son asociadas as empresas que nin son autónomas nin están vinculadas entre si.

A empresa solicitante é asociada doutra empresa se:

• Posúe unha participación comprendida entre o 25 %3 e o 50 %3 da devandita empresa.

• Ou se a dita empresa posúe unha participación comprendida entre o 25 %3 e o 50 %3 da empresa solicitante.

• E a empresa solicitante non elabora contas consolidadas que inclúan a devandita empresa por consolidación, nin está incluída por consolidación nas contas da devandita empresa nin nas de ningunha empresa vinculada a ela5.

Tipo 3: empresa vinculada.

Este tipo corresponde á situación económica das empresas que forman parte dun grupo que controla, directa ou indirectamente, a maioría do seu capital ou dereitos de voto (aínda que sexa a través de acordos ou de persoas físicas accionistas), ou que pode exercer unha influencia dominante sobre a empresa. Son casos menos habituais que, en xeral, se diferencian claramente dos dous tipos anteriores.

Para evitar dificultades de interpretación, a Comisión Europea definiu este tipo de empresas utilizando, cando se adapten ao obxecto da definición, as condicións incluídas no artigo 1 da Directiva 83/349 CEE do Consello, do 13 de xuño de 1983, baseada na letra g) do número 3 do artigo 54 do Tratado, relativa ás contas consolidadas6, que se aplica desde hai anos.

Polo tanto, unha empresa sabe, en xeral de forma inmediata, se está vinculada en canto que xa está suxeita á obriga de elaborar contas consolidadas, ou está incluída por consolidación nas contas dunha empresa obrigada a elaborar contas consolidadas.

Os dous únicos casos, aínda que pouco frecuentes, nos cales unha empresa pode considerarse vinculada sen estar obrigada a elaborar contas consolidadas descríbense nos dous primeiros guións da nota número 5 ao final da presente nota explicativa. Neste caso, a empresa debe verificar se cumpre algunha das condicións especificadas no número 3 do artigo 3 da definición.

II. Os efectivos e unidades de traballo anual7.

Os efectivos dunha empresa corresponden ao número de unidades de traballo anual (UTA).

Quen se inclúe nos efectivos?

• Os asalariados da empresa.

• As persoas que traballan para a empresa que manteñan unha relación de subordinación con esta e estean asimiladas aos asalariados conforme a lexislación nacional.

• Os propietarios que dirixen a súa empresa.

• Os socios que exerzan unha actividade regular na empresa e gocen de vantaxes financeiras por parte da empresa.

Os/as aprendices ou alumnos/as de formación profesional con contrato de aprendizaxe ou formación profesional non se contabilizarán dentro dos efectivos.

Modo de calcular os efectivos.

Unha UTA corresponde a unha persoa que traballase na empresa ou por conta desta a xornada completa durante todo o ano de que se trate. Os efectivos contabilízanse en UTA.

O traballo das persoas que non traballasen todo o ano ou o fixesen a tempo parcial, independentemente da súa duración, así como o traballo estacional, contabilízase en fraccións de UTA.

Non se contabiliza a duración dos permisos de maternidade ou permisos parentais.

1 No presente texto, o termo «definición» refírese ao anexo da Recomendación 2003/361/CE da Comisión, sobre a definición de pequenas e medianas empresas.

2 Artigo 3 da definición.

3 En termos de participación de capital ou dereitos de voto, terase en conta o maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe engadirase a porcentaxe de participación que calquera outra empresa vinculada á empresa accionista posúa sobre a empresa en cuestión (número 2 do artigo 3 da definición).

4 Unha empresa pode seguir sendo considerada autónoma, aínda que se alcance ou se supere este límite do 25 % cando corresponda a algún dos tipos de investidores que se indican a continuación (sempre que os investidores non sexan empresas vinculadas á empresa solicitante):

a) Sociedades públicas de participación, sociedades de capital risco, persoas físicas ou grupos de persoas físicas que realicen unha actividade regular de investimento en capital risco (investidores providenciais ou business angels) e invistan fondos propios en empresas sen cotización bolsista, a condición de que o investimento da business angels na mesma empresa non supere 1.250.000 euros;

b) Universidades ou centros de investigación sen fins lucrativos;

c) Investidores institucionais, incluídos os fondos de desenvolvemento rexional.

(Segundo parágrafo do número 2 do artigo 3 da definición).

5 Se o domicilio social da empresa está situado nun Estado membro que previu unha excepción á obriga de elaborar as contas, conforme á sétima Directiva 83/349/CEE, a empresa debe verificar especificamente que non cumpre ningunha das condicións establecidas no número 3 do artigo 3 da definición.

Nalgúns casos pouco frecuentes, unha empresa pode estar vinculada a outra a través dunha persoa ou un grupo de persoas físicas que actúen de común acordo (número 3 do artigo 3 da definición).

Á inversa, pode darse o caso, moi pouco habitual, de que unha empresa elabore voluntariamente contas consolidadas sen estar suxeita a iso segundo a sétima Directiva. Neste caso hipotético, a empresa non está necesariamente vinculada, e pode considerarse só asociada. Para determinar se unha empresa está vinculada ou non, debe verificarse, para cada unha das tres situacións mencionadas, se cumpre algunha das condicións establecidas no número 3 do artigo 3 da definición, se é o caso, a través dunha persoa ou grupo de persoas físicas que actúen de común acordo.

6 DO L 193, do 18.7.1983, p. 1 modificada pola Directiva 2001/65/CE do Parlamento Europeo e do Consello
(DO L 283, do 27.10.2001, p. 28).

7 Artigo 5 da definición.

ANEXO IX

(continuación)

Anexo da declaración

Cálculo no caso dunha empresa asociada ou vinculada

Anexos que se deberán achegar, segundo proceda:

– Anexo A se a empresa ten unha ou varias empresas asociadas (e, na súa falta, fichas suplementarias).

– Anexo B se a empresa ten unha ou varias empresas vinculadas (e, na súa falta, fichas suplementarias).

Cálculo dos datos dunha empresa vinculada ou asociada1 (ver nota explicativa).

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1. Datos2 da empresa solicitante ou ben das contas consolidadas [datos do cadro B(I) do anexo B3]

2. Datos2 agregados proporcionalmente de todas as (posibles) empresas asociadas (datos do cadro A do anexo A)

3. Suma dos datos2 de todas as (posibles) empresas vinculadas non incluídas por consolidación na liña 1 [datos do cadro B(2) do anexo B]

Total

(*) En miles de euros.

1 Números 2 e 3 do artigo da definición.

2 Todos os datos deberán corresponder ao último exercicio contable pechado e calcularanse con carácter anual En empresas de nova creación que non pecharon aínda as súas contas, utilizaranse datos baseados en estimacións fiables realizadas durante o exercicio financeiro (artigo 4 da definición).

3 Os datos da empresa, incluídos os efectivos, determínanse conforme as contas e demais datos da empresa ou, se é o caso, das contas consolidadas da empresa ou as contas consolidadas en que esta está incluída por consolidación.

Os resultados da liña «Total» deberán trasladarse ao cadro destinado aos datos para determinar a categoría de empresa da declaración.

ANEXO IX

(continuación)

ANEXO A

Empresa de tipo «asociada»

Para cada empresa para a que se cubra unha «ficha de asociación» (unha ficha para cada empresa asociada á empresa solicitante e para as empresas asociadas ás posibles empresas vinculadas cuxos datos aínda non se teñan recollidos nas contas consolidadas1). Os datos do «cadro de asociación» de que se trate trasladaranse ao cadro seguinte:

Cadro A

Empresa asociada

(complétese co nome

e a identificación)

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

1.

2.

3.

4.

5.

6.

7.

8.

Total

(*) En miles de euros.

(En caso necesario, engádanse páxinas ou amplíese o cadro)

Lembre: estes datos son o resultado dun cálculo proporcional efectuado na «ficha de asociación» cuberta para cada empresa asociada directa ou indirecta.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 2 (relativa ás empresas asociadas) do cadro do anexo da declaración.

1 Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior ao determinado no número 2 do artigo 6, é conveniente, con todo, aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo o parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición).

ANEXO IX

(continuación)

Ficha de asociación

1. Identificación precisa da empresa asociada.

Nome ou razón social:

Domicilio social:

N° de rexistro ou do IVE1:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as2:

2. Datos brutos da empresa asociada.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros.

Lembre: estes datos brutos son o resultado das contas e demais datos da empresa asociada. Se é o caso, consolidados, a que se engade o 100 % dos datos das empresas vinculadas a esta, salvo se os datos das devanditas empresas xa están incluídos por consolidación na contabilidade da empresa asociada3. En caso necesario, engadiranse «fichas de vinculación para as empresas vinculadas non incluídas por consolidación.

3. Cálculo proporcional.

a) Indíquese exactamente a porcentaxe de participación4 que posúe a empresa declarante (ou a empresa vinculada a través da que se establece a relación coa empresa asociada) na empresa asociada obxecto da presente ficha:

.........................................................................................................................................

.........................................................................................................................................

.........................................................................................................................................

Indíquese a porcentaxe de participación que posúe a empresa asociada obxecto da presente ficha na empresa declarante (ou na empresa vinculada):

.........................................................................................................................................

.........................................................................................................................................

.........................................................................................................................................

b) Selecciónese o maior de ambas as porcentaxes e aplíquese aos datos brutos indicados no cadro anterior. Trasládense os resultados do devandito cálculo proporcional ao cadro seguinte:

«Cadro de asociación»

Porcentaxe

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Resultados proporcionais

(*) En miles de euros.

Estes datos deberán trasladarse ao cadro A do anexo A.

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

3 Primeiro parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición.

4 Polo que respecta á participación no capital ou dereitos de voto, terase en conta a maior das dúas porcentaxes. Á devandita porcentaxe debe engadírselle a porcentaxe de participación que calquera empresa vinculada posúa da empresa en cuestión (primeiro parágrafo do número 2 do artigo 3 da definición).

ANEXO IX

(continuación)

ANEXO B

Empresas vinculadas

A. Determinar o caso en que se atopa a empresa solicitante.

 Caso 1: a empresa solicitante elabora contas consolidadas ou está incluída nas contas consolidadas doutra empresa vinculada [cadro B(1)].

 Caso 2: a empresa solicitante ou unha ou varias empresas vinculadas non elaboran contas consolidadas ou non se inclúen por consolidación [cadro B(2)].

Lembre: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos ou, se é o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas por consolidación1.

B. Métodos de cálculo para cada caso.

– No caso 1: as contas consolidadas serven de base de cálculo. Cúbrase a continuación o cadro B(1).

Cadro B(1)

Efectivos (UTA) (*)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

Total

(*) Cando nas contas consolidadas non figuren os efectivos, o cálculo deste realizarase mediante a suma dos efectivos de todas as empresas a que estea vinculada.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 1 do cadro do anexo da declaración.

Identificación das empresas incluídas por consolidación

Empresa vinculada (nome/identificación)

Domicilio social

N° de rexistro
ou do IVE (*)

Nome e cargo dos

principais directivos (**)

A.

B.

C.

D.

E.

(*) Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

(**) Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

Nota importante: as empresas asociadas a unha empresa vinculada deste tipo que non estean xa incluídas por consolidación trataranse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

– No caso 2: cubrir unha «ficha de vinculación» por cada empresa vinculada (incluídas as vinculacións a través doutras empresas vinculadas) e procédase mediante simple suma das contas de todas as empresas vinculadas cubrindo o cadro B(2) seguinte.

1 Segundo o parágrafo do número 2 do artigo 6 da definición.

Cadro B(2)

Empresa nº 

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (**)

Balance xeral (**)

1. (*)

2. (*)

3. (*)

4. (*)

5. (*)

Total

(*) Engádase unha «ficha de vinculación» por empresa.

(**) En miles de euros.

Os datos indicados na liña «Total» do cadro anterior deberán trasladarse á liña 3 (relativa ás empresas vinculadas) do cadro do anexo da declaración.

ANEXO IX

(continuación)

Ficha de vinculación

(Soamente para cada empresa vinculada non incluída por consolidación)

1. Identificación precisa da empresa.

Nome ou razón social:

Domicilio social:

N° de rexistro ou do IVE1:

Nome e cargo dos/das principais directivos/as2:

2. Datos relativos a esta empresa.

Período de referencia

Efectivos (UTA)

Volume de negocio (*)

Balance xeral (*)

Datos brutos

(*) En miles de euros.

Estes datos deberán trasladarse ao cadro B(2) do anexo B.

Nota importante: os datos das empresas vinculadas á empresa solicitante son o resultado das súas contas e demais datos, se é o caso, consolidados. A estes datos agréganse proporcionalmente os datos das posibles empresas asociadas ás devanditas empresas vinculadas, situadas nunha posición inmediatamente anterior ou posterior á da empresa solicitante, no caso de que non estean xa incluídas nas contas consolidadas3.

As empresas asociadas deste tipo deberán tratarse como socios directos da empresa solicitante. Por conseguinte, no anexo A deberán engadirse os seus datos e unha «ficha de asociación».

1 Determinarano os Estados membros segundo as súas necesidades.

2 Presidencia, dirección xeral ou equivalente.

3 Se os datos relativos a unha empresa se recollen nas contas consolidadas nunha porcentaxe inferior á determinada no número 2 do artigo 6, é conveniente, con todo, aplicar a porcentaxe que se determina no devandito artigo (segundo o parágrafo do número 3 do artigo 6 da definición).

ANEXO XII

Informe de revisión da memoria económica que realizará o auditor

O obxecto deste informe é tanto a validación da correcta xustificación dos gastos vinculados ao orzamento do proxecto como a verificación do cumprimento doutras condicións requiridas pola normativa aplicable.

O informe de auditoría axustarase ao disposto na Orde EHA/1434/2007, do 17 de maio, e, no caso dun proxecto en cooperación, deberá ser realizado por un mesmo auditor inscrito no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, cuxa designación corresponderá ao representante da agrupación.

O informe de auditoría deberá axustarse, ademais, á Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Ademais, terá en conta as bases reguladoras e as instrucións que se detallan neste anexo.

1. Análise e comprobacións que efectuará o auditor.

O auditor, na súa análise, deberá verificar a memoria económica e ter en conta:

1. As condicións da resolución de concesión.

2. O orzamento susceptible de financiamento establecido na resolución de concesión e, se é o caso, nas resolucións posteriores que impliquen modificacións autorizadas pola Axencia Galega de Innovación.

3. Que a información económica contida na memoria económica está soportada por unha relación clasificada dos gastos e investimentos da actividade financiada, con identificación do acredor e do documento (factura ou documento de valor probatorio equivalente segundo a normativa nacional e comunitaria aplicable á subvención), o seu importe, data de emisión e data de pagamento, tal e como se describe de forma detallada no artigo 42 para cada tipoloxía de gasto.

4. Que a entidade dispón de documentos orixinais acreditativos dos gastos xustificados e do seu pagamento e que os devanditos documentos foron reflectidos nos rexistros contables, tal e como se indica de forma detallada no artigo 42 para cada tipoloxía de gasto.

5. Que os gastos e investimentos que integran a relación cumpren os requisitos para ter a consideración de gasto susceptible de financiamento.

6. Que todos os pagamentos dos gastos executados están realizados dentro dos prazos establecidos no artigo 41.

7. Verificar que a entidade mantén un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado que facilite unha pista de auditoría apropiada en relación con todos os gastos correspondentes aos investimentos realizados no proxecto.

8. Verificar, no caso de organismos de investigación, que contan cunha contabilidade separada de actividades económicas e non económicas.

Coa xustificación de cada anualidade, os beneficiarios presentarán un resumo de execución da subvención agrupado por custos directos e indirectos:

A. Custos directos.

Os custos directos son aqueles que están directa e inequivocamente relacionados coa actividade subvencionada e cuxo nexo con esta actividade pode demostrarse. Consideraranse custos directos subvencionables os seguintes:

1) Persoal.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42 e comprobar:

a) Se o persoal está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Que o persoal cumpre os requisitos establecidos no artigo 12 da convocatoria para os custos de persoal.

c) Comprobación das retribucións satisfeitas das persoas que imputaron horas de acordo coa documentación xustificativa (nóminas e xustificantes de pagamento e certificado de retencións de IRPF).

d) Comprobación do custo da Seguridade Social imputable a cada beneficiario mediante os modelos RNT e RLC de cotización á Seguridade Social e documento de pagamento de todos os meses de actividade do proxecto.

e) Se o persoal está incluído no informe de vida laboral da empresa, se o tipo de contrato é subvencionable e se o grupo de cotización se corresponde co que figura na resolución de concesión.

f) Se se respectan os custos máximos por grupo de cotización establecidos no anexo VII. Para iso verificaranse os formularios que estarán dispoñibles na web da Axencia Galega de Innovación (certificación emitida polo responsable de persoal, tal e como figura no artigo 42).

g) No caso de que se imputen custos de persoal autónomo contratado en concepto de persoal propio, o auditor verificará, ademais:

– Que o devandito persoal traballa regularmente na entidade que imputa os gastos e que non se trata dunha contratación esporádica, e que tivo unha dedicación ao proxecto pola contía de horas imputada.

– Que se realizaron efectivamente os pagamentos ao persoal autónomo contratado pola contía imputada.

h) Comprobación, no caso de persoal de nova contratación para o proxecto, de que se dedica de xeito exclusivo a este (artigo 12.1.b), de que se fai mención expresa no contrato ao cofinanciamento Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao acrónimo do proxecto e á convocatoria.

i) Comprobación da comunicación por escrito ao traballador ou traballadora de que parte do seu salario está a ser cofinanciado con fondos Feder no marco do eixe 1 do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, ao acrónimo do proxecto e á convocatoria.

j) Comprobación de que toda a documentación xustificativa é coherente co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

k) Verificar que se cumpren o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

2) Equipamento e material instrumental: amortización de activos.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Se a cota anual de amortización, a data de inicio da amortización e o importe de adquisición de cada equipamento é a reflectida nos rexistros contables da sociedade e se corresponde co indicado na documentación de solicitude do proxecto.

c) Debe verificar que os equipamentos que se están a amortizar non recibiron calquera outra axuda pública para a súa adquisición.

d) Verificar, no caso de que o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 € no global do proxecto para un mesmo provedor, que se achegaron un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non existan no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

e) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

3) Materiais, subministracións e produtos similares.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c) Verificar, no caso de que o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 € no global do proxecto para un mesmo provedor, que se achegaron un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

d) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

4) Adquisición de patentes.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento financiable que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c) Verificar que as patentes foron adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas á entidade solicitante e que a operación se realizou en condicións de plena competencia.

d) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

5) Servizos tecnolóxicos externos.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c) Verificar, no caso de que o importe do gasto subvencionable iguale ou supere os 15.000 € no global do proxecto para un mesmo provedor, que se achegaron un mínimo de tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número de entidades que os presten ou subministren. Estas excepcións deberán xustificarse. A elección entre as ofertas presentadas realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e achegarase unha memoria xustificativa cando a elección non recaia na proposta económica máis vantaxosa.

d) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

6) Subcontratación.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) Verificar que as datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento son coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c) Verificar a subscrición do contrato entre o beneficiario e a entidade subcontratista e que este recolle os aspectos mínimos indicados no artigo 19 desta convocatoria.

d) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable.

7) Outros custos.

O auditor deberá analizar e verificar a existencia da documentación e requisitos detallados no artigo 42, comprobando:

a) Se este concepto está incluído dentro do orzamento susceptible de financiamento que figura na resolución de concesión ou resolucións posteriores de modificación aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

b) As datas das facturas e os documentos acreditativos do pagamento deberán ser coherentes co calendario de realización do proxecto que figura na resolución de concesión ou as súas posibles ampliacións de prazo de execución aprobadas pola Axencia Galega de Innovación.

c) Nos gastos de auditoría deberá verificar que o custo non supera os límites establecidos (artigo 20).

d) Verificar que se cumpre o resto de requisitos e que se conta con toda a documentación xustificativa indicada na presente convocatoria para este concepto subvencionable

B. Custos de carácter indirecto.

Os custos indirectos son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente coa actividade subvencionada por teren carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización. Inclúense os gastos administrativos tales como xestión administrativa e contable, gastos de supervisión e control de calidade, subministracións tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono, seguros, seguridade ou gastos de limpeza.

O auditor, conforme as bases reguladoras, verificará que os custos indirectos se corresponden co importe resultante de aplicar unha porcentaxe de ata o 10 % aos custos de persoal imputados ás actividades do proxecto.

2. Outras obrigas e comprobacións que ten que efectuar o auditor.

a) Deberá conservar copia de toda a documentación utilizada para a análise e verificación dos conceptos incluídos na memoria económica durante o prazo que sexa legalmente exixible.

b) Comprobará, no lugar de desenvolvemento do proxecto, a existencia de indicación visible do financiamento por parte da Axencia Galega de Innovación e que se cumpre o resto de requisitos en materia de publicidade e información recollidos no Regulamento 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, e nas bases reguladoras desta convocatoria.

c) Analizará a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade para efectos de determinar a súa incompatibilidade segundo o disposto nesta convocatoria, tendo en conta a información recollida nos anexos VI e VIII desta convocatoria.

d) Calquera outra que derive da verificación dos requisitos indicados nesta convocatoria e no resto de normativa que lle é de aplicación (artigo 54 das bases reguladoras).

missing image file
missing image file