Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34581

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión do organismo autónomo Servizo Galego de Saúde á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a xestión da formación dos e das profesionais do Servizo Galego de Saúde derivada da organización da actividade formativa Medicina personalizada en psiquiatría.

De conformidade co previsto no artigo 9 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 14 de agosto de 2020, do presidente do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos e das profesionais do Servizo Galego de Saúde derivada da organización da actividade formativa Medicina personalizada en psiquiatría.

– Actividade: a xestión da asistencia e avaliación do alumnado proposto para a actividade e a programación, planificación e xestión das actividades formativas propostas polo Servizo de Saúde Mental, dentro dos límites orzamentarios establecidos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encargo a medio propio, de acordo co disposto nos artigos 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén recollida no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2020.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2020

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde