Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34582

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 4 de agosto de 2020 pola que se nomea funcionaria en prácticas do corpo de mestres a Antía Cores Torres, que superou o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Mediante a Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido nas bases décimo primeira, décimo novena e vixésima da citada orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do procedemento selectivo.

Na Orde do 2 de agosto de 2019 (DOG do 26 agosto) pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron o procedemento selectivo de ingreso ao corpo de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019, concedéuselle o aprazamento da fase de prácticas a Antía Cores Torres, con DNI ***6119**, do corpo de mestres, especialidade de primaria.

Ao existir vacante dotada orzamentariamente, procede nomear funcionaria en prácticas do corpo de mestres a Antía Cores Torres.

Na súa virtude, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionaria en prácticas a Antía Cores Torres con DNI ***6119**, do corpo de mestres, especialidade de primaria, que tiña concedido o aprazamento da fase de prácticas e superou o procedemento selectivo convocado pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo).

Segundo. O nomeamento como funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde o 1 de setembro de 2020, ou desde a data da súa toma de posesión, de ser esta posterior.

Terceiro. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións do persoal funcionario en prácticas.

Cuarto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lle corresponda, deberá formular opción para a percepción das remuneracións mentres persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo).

Quinto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que coide oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2020

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional