Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 31 de agosto de 2020 Páx. 34603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Vimianzo (expediente-e IN407A 2020/67-1).

Expediente-e: IN407A 2020/67-1.

Promotora: Electra do Foxo, S.L.

Denominación da instalación: LMTS, CTC e RBTS Señoráns, no lugar de Señoráns.

Concello: Vimianzo.

Feitos:

1. O 24 de marzo de 2020, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da dita instalación de distribución eléctrica.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 38 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Servizo de Xestión Cultural-Xefatura Territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Coruña e o Concello de Vimianzo. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos por Patrimonio e o Concello.

4. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

7. As características técnicas da instalación son as que se describen a seguir:

. O proxecto comprende o deseño dun centro de transformación que aloxará no seu interior un transformador de potencia de 100 kVA, unha cela de entrada, unha cela de protección de transformador, un cadro de baixa tensión, equipamentos de telexestión e demais aparellaxe para o seu correcto funcionamento.

– Prevese unha reserva de espazo para unha terceira cela de liña. O CTC fará a transformación de tensión de 20 kV a tensión de 400/230 V para manter a RBT existente no lugar de Señoráns.

– A conexión en MT realizarase mediante a derivación en LMTS desde apoio existente HVH-1600/R13 número 5-6 pertencente á derivada (DER) a Señoráns 2 (expedientes IN407A 2016/1226-1 e IN407A 2016/1215-1) onde se realizará un paso aerosubterráneo e para o cal se instalarán seccionadores unipolares SXS/coitelas e pararraios. Desde o PAS achegarase ao CTC proxectado PFU-4 de Ormazábal ata a cela de entrada en condutor RHZ1-2OL 3×(1×240) mm² Al cunha lonxitude de 543,97 m.

8. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle á empresa promotora esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 6 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña