Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34867

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2020 pola que se corrixe un erro na Resolución do 29 de xullo de 2020 pola que se corrixen os erros advertidos na do 25 de xaneiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Educación Infantil.

Advertido un erro no texto da Resolución do 29 de xullo de 2020 pola que se corrixen os erros na do 25 de xaneiro de 2011 pola que se publica o plan de estudos de graduado ou graduada en Educación Infantil pola Universidade da Coruña (DOG núm. 162, do 13 de agosto), esta reitoría, de acordo co disposto no artigo 109.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, rectifica e publica o devandito erro na forma na que se sinala:

No número 3.2, Contido do plan de estudos por módulos, de acordo coa Orde ECI/3854/2007, na páxina 32344, onde di:

Prácticas Escolares, incluíndo o Traballo Fin de Grao

Traballo Fin de Grao

TFM

6

Debe dicir:

Prácticas Escolares, incluíndo o Traballo Fin de Grao

Traballo Fin de Grao

TFG

6

A Coruña, 26 de agosto de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña