Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 2 de setembro de 2020 Páx. 34865

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2020 pola que se dá publicidade á asignación e á denegación das solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e se notifican as resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018.

Para os efectos de establecer o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2019 en Galicia, no marco do establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 22 de xaneiro de 2019 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Así mesmo, levarase a cabo a notificación das resolucións pendentes de campañas anteriores reguladas na Orde da Consellería do Medio Rural do 10 de marzo de 2015, na Orde da Consellería do Medio Rural do 29 de xaneiro de 2016, na Orde da Consellería do Medio Rural do 31 de xaneiro de 2017 e na Orde da Consellería do Medio Rural do 6 de febreiro de 2018.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23, 24, 25, 26 e 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou as solicitudes de acceso á dita reserva e remitiu ao Fondo Español de Garantía Agraria (Fega) información sobre os solicitantes.

De acordo co disposto no artigo 27.1 do devandito Real decreto 1076/2014, o presidente do Fega comunicou ao Fogga, para o seu traslado aos interesados, a resolución sobre a asignación e a denegación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional das campañas 2015, 2016, 2017, 2018 e 2019.

Consonte o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) da asignación e denegación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2019 e notificación das resolucións pendentes das campañas 2015, 2016, 2017 e 2018.

Segundo. Contra a resolución do presidente do Fega que se publica, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2020

O director do Fondo Galego de Garantía Agraria
P.S. (Resolución do 9.6.2020)
Marta Forés Lojo
Secretaria do Fondo Galego de Garantía Agraria