Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 17 de agosto de 2020, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Gasdoca, S.L. de concesión administrativa de ocupación dunha parcela de dominio público portuario de Cangas para a explotación de estación de subministración de combustible a automóbiles (expediente 13-20-18-C1).

Bernardino Cabaleiro Piñeiro, en nome e representación de Gasdoca, S.L. solicita a concesión administrativa para a ocupación dunha parcela do dominio público portuario de Cangas para a explotación de estación de subministración de combustible a automóbiles, segundo o proxecto titulado «Mellora de instalacións na estación de servizo da estrada PO-551-p.q. 19+175 M.D. (avenida de Bueu, 1) Cangas do Morrazo» redactado polo enxeñeiro de camiños, canais e portos Eloy Fernández-Valdés Gómez de Membrillera en decembro de 2018.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 17 de agosto de 2020

Mateo Ruibal Fernández
Xefe da Zona Sur de Portos de Galicia