Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 3 de setembro de 2020 Páx. 35096

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de convocatoria para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 137, do 20 de xullo de 2020, publicouse o anuncio relativo ás bases reguladoras do proceso selectivo para cubrir, en réxime de interinidade, tres prazas vacantes de auxiliar administrativo, polo sistema de oposición libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios deste proceso selectivo, cando procedan, realizaranse na forma prevista nas propias bases.

O Porriño, 31 de xullo de 2020

Eva García de la Torre
Alcaldesa