Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35354

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4509/2017).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4509/2017-RCUD 57/18-S desta sala, seguido por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Alejandro Costas Boullosa e Jocacoba, S.L. sobre outros dereitos Seguridade Social, foi ditada pola sala IV do Tribunal Supremo sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decido por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala ten decidido: 1. Desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto por Fremap. Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, representado e asistido polo letrado Francisco Casiano Rueda Pérez. 2. Confirmar a Sentenza ditada o 27 de febreiro de 2018 pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación número 4509/2017, que resolveu o formulado contra a Sentenza do Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 8 de setembro de 2017, recaída en autos número 325/2017, seguidos por instancia de Fremap, Mutua de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais nº 61, fronte a Alejandro Costas Boullosa, Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e Jocacoba, S.L., sobre incapacidade permanente. 3. Impoñer as custas á mutua recorrente en contía de 1.500 euros. Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina».

E para que sirva de notificación en legal forma a Jocacoba, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de agosto de 2020

O letrado da Administración de xustiza