Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35355

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5198/2019-BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5198/2019.

Xulgado de orixe/autos: seguridade social 391/2019. Xulgado do Social número 1 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: letrado da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Mutua MC Mutual, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 275, José Pérez Fernández, Robulus, S.L.

Avogado: letrado da Tesouraría da Seguridade Social, José Luis Feijoo Borrego, Juan Carlos Vázquez García, David Lago Silva.

Eu, José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5198/2019 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Mutua MC Mutual, Mutua La Fraternidad Muprespa, Mutua Colaboradora con la Seguridad Social nº 275, José Pérez Fernández, Robulus, S.L. sobre outros dereito seguridade social, ditouse sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte particular:

«Decidimos que desestimamos o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social contra a sentenza ditada o 14.6.2019 polo Xulgado do Social número 1 de Vigo en autos número 391/19, sobre repartición de prestacións de enfermidade profesional, seguidos por instancia da Mutua La Fraternidad Muprespa, contra a recorrente, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Mutua MC Mutual, o traballador José Pérez Fernández e as empresas Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. e Robulus, S.L., resolución que se mantén na súa integridade.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Coritñas, S.L., e Robulus, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de agosto de 2020

O letrado da Administración de xustiza