Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 8 de setembro de 2020 Páx. 35358

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño

EDICTO (184/2019).

Eu, José Antonio Romasanta Ageitos, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 do Carballiño, polo presente edicto anuncio que en virtude do acordado na resolución ditada no día da data no procedemento de divorcio contencioso 184/2019, e de conformidade co artigo 497.2 da LAC, mediante este edicto notifícase a María Sieira Caamaño a Sentenza do 9 de marzo de 2020, a cal non é firme e contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días.

Fáiselle saber que dita resolución estará á súa disposición nas oficinas do xulgado.

O Carballiño, 9 de marzo de 2020

O letrado da Administración de xustiza