Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35515

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO da aprobación provisional e do acordo de sometemento a información pública do estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Allariz.

Con data do 11 de agosto de 2020, mediante resolución da Presidencia da Deputación de Ourense, aprobouse provisionalmente o estudo de ordenación da delimitación dos treitos urbanos en solo de núcleo rural na Rede provincial de estradas no concello de Allariz, e, ao abeiro do establecido no artigo 63.4 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, acordouse o sometemento ao trámite de información pública do expediente.

A duración da información pública será de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que o estudo pode ser examinado polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as alegacións que consideren oportunas, que deberán versar sobre a xustificación do establecemento da liña límite de edificación na forma proposta no expediente.

Durante o dito prazo, o expediente estará dispoñible para a súa consulta nos seguintes lugares:

Nas oficinas da Área de Infraestruturas, sitas no segundo andar do Pazo Provincial; r/ Progreso, nº 32, en Ourense, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Na Casa do Concello de Allariz. Praza Maior, 1, Allariz (Ourense).

Na sede electrónica da Deputación Provincial de Ourense: https://sede.depourense.es/sta/CarpetaPublic/doEvent?APP_CODE=STA&PAGE_CODE=PT S_TABLON&lang=GA

Ourense, 13 de agosto de 2020

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense