Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35513

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 10 de agosto de 2020, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia.

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión ordinaria do día 29 de xullo de 2020, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Estimar, estimar parcialmente e desestimar os escritos de alegacións presentados logo da aprobación inicial da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia e que se relacionan no certificado do secretario da XMU con data 20.9.2018, de acordo cos fundamentos expostos no informe contestación de alegacións emitido polos servizos técnicos e xurídicos da XMU existente no expediente e no sentido expresado neste.

Segundo. Aprobar definitivamente a segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia promovida polo IGVS e redactado polo arquitecto Rodrigo J. Portanet Fontana, conformado pola documentación técnica asinada electronicamente con datas 20.11.2019, 21.11.2019 e 9.12.2019 xunto coa documentación que incorpora, que tivo entrada os días 23 e 27.12.2019 no Rexistro xeral da XMU (docs. 190203081 e 190205253).

Terceiro. Ordenar a publicación do presente acordo no DOG (o informe ambiental estratéxico foi publicado no DOG núm. 194, do 11 de outubro de 2016) e, posteriormente, remitir un exemplar do instrumento definitivamente aprobado en soporte dixital e debidamente dilixenciado, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a súa inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia. Recibido o certificado de inscrición, publicarase a normativa no Boletín Oficial de Pontevedra.

Cuarto. O contido íntegro do instrumento definitivamente aprobado estará dispoñible no seguinte enderezo electrónico http://hoxe.vigo.org/movemonos/urb_plan_gest_1a.php, xunto co informe de resposta ás alegacións recibidas, e no Portal de Transparencia.

Quinto. Notificar individualmente o presente acordo na forma prevista no artigo 184.4 in fine do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Sexto. Contra este acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co artigo 46.1 da LRXCA, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo do exercicio doutras accións legais que se consideren convenientes».

Vigo, 10 de agosto de 2020

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 11.7.2019)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo