Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 9 de setembro de 2020 Páx. 35475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 462/2014).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Florín Constantineasa contra Groupama Seguros y Reaseguros, S.A., José Carlos Estévez Lago, María de los Ángeles Martínez Rial, Segaprel, S.L., Maderas y Leñas Arosa, S.L., Francisco Arosa Barbeira, Hermer Bernardo Lino Vasquez, Jorge Luis Somoza Lazare, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 462/2014 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Segaprel, S.L. e a Hermer Bernardo Lino Vasquez, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 16.11.2020 ás 9.00 horas, na planta baixa, sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous (2) días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao actor, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Segaprel, S.L. e a Hermer Bernardo Lino Vasquez, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza