Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (DSP 430/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 430/2019 deste Xulgado do Social, seguidos por instancia de Rosa María Grande Fernández contra a empresa Marcos Sucasas Lorenzo, sobre despedimento, se ditou sentenza con data do19.8.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días ante este xulgado, a cal se encontra á súa disposición na sede deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marcos Sucasas Lorenzo, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 20 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza