Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 11 de setembro de 2020 Páx. 35822

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Pontevedra

EDICTO (F02 514/2013).

Neste órgano xudicial tramítase familia, garda, custodia alimentos de fillo menore non matrimonial C 0000514/2013, seguido por instancia de Lorena Carballa Barroso, contra Jacobo Sarda García, sobre familia, garda, custodia alimentos de fillo menor non matrimonial F02 514/2013 nos que se ditou sentenza con data do 22.11.2013 na que consta o seguinte encabezado e parte dispositiva.

Sentenza:

En Pontevedra, vinte e dous de novembro de dous mil trece.

Vistos por min, Tomás Farto Piay, maxistrado xuíz substituto do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Pontevedra, os precedentes autos de xuízo de garda, custodia e alimentos, seguidos, ante este xulgado co nº 514/2013, no que é parte demandante, Lorena Carballa Barroso, representado pola procuradora Sra. Gerpe Álvarez e asistido da letrada María Elena Lino García, e como parte demandada Jacobo Sardá García, declarada en rebeldía procesual, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Gerpe Álvarez, en nome e representación de Lorena Carballa Barroso contra Jacobo Sardá García, en rebeldía procesual e con intervención do Ministerio Fiscal, debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas:

1. O fillo menor, Manuel, continuará baixo a garda e custodia da nai, Lorena Carballa Barroso, sen prexuízo da patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores e do deber da nai de manter informado o proxenitor non custodio de cantas cuestións afecten de xeito transcendente o menor.

2. Establécese a favor do proxenitor non custodio o réxime de visitas e estanzas seguinte:

Corresponderanlle ao pai as fins de semana alternas, desde o venres ás 20.30 horas da tarde, ata o domingo ás 20.30 horas, debendo recollelo e retornalo o proxenitor no domicilio do menor, considerando ampliada a fin de semana, se é o caso, aos festivos contiguos, venres e/ou luns.

A metade das vacacións de Nadal, de forma alterna, sendo os períodos dende as 20.30 horas do día 23 de decembro ás 20.30 horas do día 30 de decembro o primeiro período, e desde esta data e hora ata as 20.30 horas do día 6 de xaneiro o segundo, elixindo os proxenitores sucesivamente, a nai os anos pares e o pai os impares, debendo comunicar a elección antes do 15 de novembro ao outro proxenitor.

En canto ás vacacións de verán, en períodos quincenais, quince días en xullo e quince en agosto, desde as 11.00 horas do día 1 ata as 20.30 horas do día 15, e así nos seguintes períodos, correspondendo a elección das devanditas quincenas á nai os anos pares e, os impares ao pai, quen notificará ao outro proxenitor o mes concreto elixido antes do día 15 de maio.

As vacacións de Semana Santa, a metade das vacacións de forma alterna, elixindo os proxenitores sucesivamente, a nai os anos pares e o pai os impares e así sucesivamente, sendo os períodos desde a saída do colexio do último día lectivo ata as 20.30 horas do Mércores Santo o primeiro, e desde esta data e hora ata as 20.30 horas do domingo o segundo.

Todas as entregas e recollidas do menor efectuaranse no domicilio no que estas residen coa nai, agás cando se indique expresamente outra cousa. Os períodos de vacacións interromperán o réxime de estanzas de fins de semana alternos, reiniciándose o devandito réxime ao termo de cada período vacacional co proxenitor que non tivese na súa compañía ao menor nese último período de vacacións.

Ambos os dous proxenitores quedan obrigados a comunicarse mutuamente calquera enfermidade que teña as menores, así como calquera problema, feito relevante ou actividade escolar, cultural ou lúdica que afecte ou interveña o fillo, para que poidan participar nesta.

Establécese o dereito de comunicación diaria non persoal entre o fillo e o proxenitor que non as teña na súa compañía, mediante telefonía ou, por calquera outro medio, tal como o correo electrónico, videoconferencia, etc, dentro dun espazo temporal que non altere a súa vida diaria, de estudo e horas de sono do menor.

3. Atribúese á nai e ao fillo en cuxa compañía queda o uso da vivenda familiar e o enxoval nela existente.

4. Procede establecer unha pensión por alimentos a favor do fillo da parella e con cargo ao pai de 150 euros ao mes, que deberá satisfacer dentro dos cinco primeiros días de cada mes, mediante ingreso na conta corrente designada pola nai. Esta cantidade adaptarase anualmente conforme as variacións que experimente o índice de prezos ao consumo que publica periodicamente o Instituto Nacional do Estatística ou Organismo que lle substitúa, tomando como base para a actualización o IPC anual do mes de xaneiro de cada ano, sen que sexa necesario o previo requirimento ou notificación.

Os gastos extraordinarios do menor serán satisfeitos ao 50% entre ambos os dous proxenitores, en todo caso terán tal consideración aqueles gastos médico-cirúrxicos e farmacéuticos que non estean cubertos pola Seguridade Social ou outro sseguros médicos concertados e os de libros e material escolar e actividades extraescolares da menor. Deberá existir acordo previo entre os proxenitores para realizar o gasto, salvo razóns de urxencia ou noutro caso autorización xudicial.

Dada a natureza do presente procedemento non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución en forma legal ás partes, ás que se advirte que contra esta cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra no prazo de vinte días contados desde a súa notificación, que se tramitará polas regras establecidas na Lei de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta instancia, de conformidade coa autoridade que me confire a Constitución de 1978 e a Lei orgánica do poder xudicial, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación de sentenza en legal forma a Jacobo Sarda García, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 19 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza