Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36315

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2020 pola que se conceden as axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, convocadas pola Resolución do 31 de decembro de 2019 (código de procedemento IN607E).

missing image file

A Resolución do 31 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 33, do 18 de febreiro de 2020) estableceu as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades identificadas na Estratexia RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeu á súa convocatoria para o ano 2020.

Os artigos 2, 3 e 4 desta resolución de convocatoria establecen, respectivamente, os requisitos que deben cumprir as entidades beneficiarias, cales son as actividades subvencionables e os requisitos das infraestruturas apoiadas para poder optar ás axudas.

Unha vez revisada a documentación inicial dos expedientes xunto coa documentación presentada tras os requirimentos oportunos, o órgano instrutor remitiu as solicitudes ao Departamento de Xestión da Innovación para a súa avaliación segundo os criterios de valoración establecidos no artigo 18 das bases reguladoras.

A Comisión de Selección prevista no artigo 17 das bases reguladoras, reunida o 23 de xullo de 2020, elaborou unha relación de proxectos por orde decrecente de puntuación e unha proposta de concesión de axudas aos proxectos.

A Comisión de Selección propón axudas que superan o importe da convocatoria coa previsión de que se amplíe o crédito de acordo co disposto no artigo 6 das bases reguladoras tendo en conta a existencia de remanentes procedentes da convocatoria de Unidades Mixtas de Investigación 2020 dos cales xa emitiu informe favorable a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Comunitarios.

Cómpre sinalar que a existencia dunha maior dispoñibilidade orzamentaria por importe de 254.007,00 € comporta a que o crédito final da convocatoria sexa de 5.254.007,00 €.

Unha vez realizada a instrución do procedemento e á vista da proposta de resolución e do informe emitido pola Comisión de Selección,

RESOLVO:

1. Ampliar o importe total do crédito das axudas establecidas na Resolución do 31 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fortalecemento dos centros de xeración de coñecemento aliñadas cos retos estratéxicos e prioridades establecidas na RIS3 de Galicia, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (código de procedemento IN607E). Na táboa seguinte detállase o crédito definitivo:

Aplicación orzamentaria

Ano 2020

(€)

Ano 2021

(€)

Total

Crédito inicial

09.A3.561A.781.0

(2016.00001)

4.000.000,00

1.000.000,00

5.000.000,00

Ampliación

09.A3.561A.781.0

(2016.00001)

3.342.282,80

1.911.724,20

5.254.007,00

2. Conceder as axudas, respectando a intensidade máxima prevista no artigo 8 das bases reguladoras, ás entidades seleccionadas que figuran no anexo I desta resolución, por orde decrecente de puntuación.

3. Denegar as solicitudes que acadaron unha puntuación inferior a 72 puntos por non dispoñer de crédito necesario para o seu financiamento. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

4. Desestimar as solicitudes que unha vez avaliadas non acadaron 60 puntos de valoración, que exixe o artigo 18 da convocatoria. Estas solicitudes relaciónanse no anexo II.

Todas as axudas concedidas se imputarán á partida orzamentaria 09.A3.561A.781.0 en que existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020.

Estas axudas están cofinanciadas no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 dentro dos seguintes parámetros eixe 1: «Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación»; prioridade de investimento 1.1 «A mellora das infraestruturas de investigación e innovación (I+i) e das capacidades para desenvolver a excelencia en materia de I+i, e o fomento dos centros de competencias, en especial os de interese europeo»; obxectivo específico 1.1.2. «Fortalecemento das institucións de I+D e creación, consolidación e mellora das infraestruturas científicas e tecnolóxicas», e actuación 1.1.2.1 «Fortalecemento de centros de xeración de coñecemento».

O pagamento destas axudas realizarase conforme o establecido no artigo 26 da resolución de convocatoria.

Para a xustificación da subvención deberá presentarse a documentación indicada no artigo 25 da convocatoria nos prazos establecidos no punto 2 do citado artigo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o presidente da Axencia Galega de Innovación no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Número de expediente

Solicitante

NIF

Denominación do proxecto de infraestruturas

Nota valoración

% Intensidade da axuda

Feder

Orzamento subvencionable

Subvención

2020

2021

Total

2020

2021

Total

IN607E 2020/08

Fundación Centro Tecnolóxico de Telecomunicación de Galicia (GRADIANT)

G36997229

XOIA-5G-Plataforma experimental de tecnoloxías de comunicacións móbiles avanzadas soportadas por intelixencia artificial

75

50

SI

107.005,11 €

0,00 €

107.005,11 €

53.502,55 €

0,00 €

53.502,55 €

IN607E 2020/05

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN)

G36606291

Fortalecemento da planta piloto de ensaios de corrosión

75

50

SI

17.000,00 €

172.338,00 €

189.338,00 €

8.500,00 €

86.169,00 €

94.669,00 €

IN607E 2020/04

Fundación Centro Tecnolóxico de Investigación Multisectorial (CETIM)

G70302427

Circular CETIM

74

50

SI

532.134,96 €

118.551,79 €

650.686,75 €

266.067,48 €

59.275,89 €

325.343,37 €

IN607E 2020/01

Fundación para la Promoción de la Innovación, la Investigación y el Desarrollo Tecnológico de la Industria de la Automoción de Galicia (CTAG)

G36871424

Infraestrutura de investigación, desenvolvemento e validación de novas tecnoloxías disruptivas aplicadas a vehículo autónomo e conectado

73

50

SI

1.798.556,90 €

683.973,62 €

2.482.530,52 €

899.278,45 €

341.986,81 €

1.241.265,26 €

IN607E 2020/02

Fundación para la Promoción de la Innovación, la Investigación y el Desarrollo Tecnológico de la Industria de la Automoción de Galicia (CTAG)

G36871424

Centro de Desenvolvemento e Validación para o Vehículo Eléctrico

72

47,7337 (*)

SI

4.430.698,04 €

2.983.832,60 €

7.414.530,64 €

2.114.934,32 €

1.424.292,50 €

3.539.226,82 €

(*) Intensidade de axuda axustada á dispoñibilidade de crédito.

ANEXO II

Solicitudes denegadas e desestimadas

Solicitudes denegadas:

Número de expediente

Solicitante

NIF

Denominación do proxecto de infraestruturas

Nota
valoración

Causa de denegación

IN607E 2020/06

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN)

G36606291

Proxecto de fortalecemento das capacidades de procesado de materiais por láser de alta potencia

71

Por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento

IN607E 2020/07

Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (AIMEN)

G36606291

Liña de fabricación por friction stir welding

68

Por non dispoñer de crédito suficiente para o seu financiamento

Solicitude desestimada:

Número de expediente

Solicitante

NIF

Denominación do proxecto de infraestruturas

Nota
valoración

Motivo

IN607E 2020/03

Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura (CETGA)

G36884260

Incremento da capacidade tecnolóxica do Centro Tecnolóxico do Clúster da Acuicultura (CETGA)

46,5

Unha vez avaliada non alcanzou os 60 puntos de valoración que exixe o artigo 18 da convocatoria