Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36436

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 81/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 81/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Antía Reino de la Campa contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditaron as seguintes resolucións cuxa parte dispositiva é:

Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

En Santiago de Compostela, vinte e seis de agosto de dous mil vinte.

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución de sentenza nº 167/19 de data 29.3.2019 ditada no procedemento despedimento DOI 742/19, confirmada por sentenza de data 7.2.2020 ditada en suplicación pola Sala do Social do TSX de Galicia, a favor da parte executante, Antía Reino de la Campa, fronte a Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L., Fogasa, parte executada, por importe de 1.115,40 euros en concepto de principal (510,40 euros en concepto de xuros procesuais e 605 euros en concepto de honorarios de graduado social), máis outros 51,04 euros que se fixan provisionalmente en concepto de custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que houbese de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a

O/A letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: Marina Pilar García de Evan.

En Santiago de Compostela, vinte e seis de agosto de dous mil vinte.

Parte dispositiva:

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

Requirir os executados Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L. co fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 1.115,40 euros en concepto de principal (510,40 euros en concepto de xuros procesuais e 605 euros en concepto de honorarios de graduado social), máis outros 51,04 euros que se fixan provisionalmente en concepto de custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta en Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (nº expediente xudicial 1589 0000 64 0081 20), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Ímpetu, S.L., co fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos abondo para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gimnasio Ímpetu, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza