Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 17 de setembro de 2020 Páx. 36434

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 853/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 853/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Carolina Siso López contra Turmens Logística Urgente, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Providencia da maxistrada xuíza

Paula Méndez Domínguez

Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil vinte.

Visto o aprazamento acordado no presente procedemento para a realización de xuízo oral e a data en que viña sinalado o xuízo suspendido, e tendo en conta a súa natureza, o número de partes intervinientes e a duración previsible da vista, así como das demais vistas fixadas para o mesmo día:

De conformidade co sinalado no Acordo da Comisión Permanente do CXPX do 23 de maio de 2020, polo que se alza a partir do 4 de xuño de 2020 a suspensión de prazos e actuacións procesuais –que viña establecida conforme a disposición adicional segunda do RD 463/2020 de declaración do estado de alarma e as súas prórrogas–, e de conformidade co sinalado no Protocolo do 11 de maio de 2020 da Comisión Permanente do CXPX para a elaboración dos plans de restablecemento da actividade xudicial, e o Protocolo do TSX de Galicia, aprobado polo Pleno da Sala de Goberno en sesión do 29 de maio de 2020, para a coordinación das axendas de sinalamentos nos órganos xudiciais do ámbito do TSX de Galicia, e tendo en conta as limitacións de capacidade da sede xudicial deste xulgado e da Sala de Vistas fixadas pola Administración prestacional, así como as necesidades de separación temporal entre os sinalamentos –para os labores de hixienización, ventilación e limpeza das salas, e evitar a superación das capacidades fixados–, e limitacións horarias do uso das salas de vistas, resulta necesario reprogramar e efectuar nova sinalización de xuízo oral nas presentes actuacións.

Polos motivos expostos, sinálase para a realización dos actos de conciliación e xuízo no presente procedemento o día 10 de novembro de 2020, ás 12.40 horas o acto de conciliación e ás 12.45 horas o xuízo oral.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e efectúese a citación de partes, testemuñas e peritos que viñer acordada en autos para a nova data e hora indicadas.

Así mesmo, requírense as partes co fin de que, polo menos con dous días de antelación ao xuízo oral, comuniquen a este xulgado, por correo electrónico (para evitar anticipar as probas e salvagardar o dereito de defensa), as testemuñas e/ou peritos que van concorrer á vista, identificados polo seu nome e apelidos e o seu DNI, co fin de poder realizar as correspondentes actuacións e coordinación co Servizo de Seguridade da sede xudicial para control de acceso a esta e das capacidades permitidas.

Así mesmo, se for parte no procedemento unha Administración ou entidade pública, infórmaselle que ten a obriga de efectuar remisión do expediente administrativo por LexNet en formato PDF-A, con posibilidade de lector óptico ORC, previamente indexado con hipervínculo, ou de modo telemático ao correo electrónico do xulgado.

E, igualmente, fágaselles saber ás partes que, co fin de garantir a axilidade das vistas, poden presentar a documental e informes periciais por vía LexNet previamente ao acto do xuízo oral.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición, que se interporá ante este órgano xudicial no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

Así o acorda e asina a maxistrada xuíza. Dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Turmens Logística Urgente, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza