Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36557

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no segundo cuadrimestre do ano 2020 que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 10 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro) e a Resolución do 14 de maio de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2020 (DOG núm. 103, do 29 de maio), dáse publicidade aos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos nos ditos cuadrimestres polo IGVS e que se incorporan como anexos II e III a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no segundo cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Acordo da Comisión Bilateral do 14 de maio de 2020, relativo á área de rexeneración e renovación urbana y rural da Ribeira Sacra, 1ª fase. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2020

137.193 €

14.5.2020

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo antigo de Lourenzá e de zonas de respecto en Lourenzá (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021

0 €

20.5.2020

Addenda para a terceira prórroga do convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Sociedade de Xestión de Activos Procedentes da Reestruturación Bancaria, S.A. para a cesión de vivenda destinada a alugamento alcanzable

35.550 €

15.6.2020

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbana de Santiago de Compostela, Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga

0 €

29.6.2020

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco

15.000 €

9.7.2020

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo da Comunidade Autónoma de Galicia e o Decanato Autonómico de Galicia do Colexio de Rexistradores da Propiedade, Mercantís e de Bens Mobles de España para o acceso á publicidade formal gratuíta no marco das axudas para facer fronte ás consecuencias económicas derivadas da COVID19

0 €

15.7.2020

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade de Santiago de Compostela para o asesoramento aos concellos na preparación da solicitude e do Plan de dinamización das áreas Rexurbe

30.090,10 €

20.7.2020

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Ferrol. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021

0 €

7.11.2019

ANEXO III

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no primeiro cuadrimestre do ano 2020

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Addenda ao convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limitada Galega, de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas

0 €

12.3.2020

Addenda ao convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca Corporación Bancaria, S.A. de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas

0 €

18.3.2020

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas na Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga

0 €

18.3.2020

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Mondoñedo e dos barrios históricos de S. Lázaro e Os Muíños (Lugo) Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016, e a súa prórroga

0 €

14.4.2020

Addenda para a modificación dos acordos da Comisión Bilateral relativos ás áreas de rexeneración e renovación urbanas de Vigo. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de Vivenda 2018-2021

0 €

16.4.2020