Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36583

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 69/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 69/2019 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Carlos Luis Marticorena Rodríguez contra a empresa Infordeza, S.L.U. e Carlos López Alvarellos, sobre ordinario, se ditou decreto con data do 28.8.2020, recorrible en revisión no prazo de tres días, o cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Infordeza, S.L.U. e Carlos López Alvarellos, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Pontevedra, 28 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza