Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36582

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 246/2020).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 246/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Varela Barbeito contra Pronored, S.L.U. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Antonio Varela Barbeito, contra a entidade Pronored, S.L.U., en consecuencia, debo declarar e declaro o despedimento que a demandante foi obxecto con efectos do 29 de febreiro de 2020, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data do despedimento (29 de febreiro de 2020), ao cesar na súa actividade a anterior entidade, condenando a entidade Pronored, S.L.U., ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 11.312,32 €.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito perante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pronored, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 28 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza