Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36581

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión

EDICTO (175/2019).

Neste órgano xudicial tramítase xuízo verbal 175/2019, seguido por instancia de María Belén Santamaría Domínguez, contra José Manuel Rodeiro Casais, sobre reclamación de cantidade, nos cales, por resolución, se acordou ditar sentenza cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal

Resolución

1º. Admito a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Virginia Louro Piñeiro, actuando en nome e representación de Belén Santamaría Domínguez fronte a José Manuel Rodeiro Casais.

2º. Condeno o demandado a aboar á demandante a cantidade de mil setecentos sesenta e nove euros con setenta e oito céntimos (1.769,78).

3º. Impoño á parte demandada o aboamento do xuro legal, que comezará a percibirse desde a data da interposición da demanda ata o ditado desta resolución. A partir desta data, a cantidade resultante percibirá os correspondentes xuros de demora procesual.

4º. Condeno en custas a parte demandada.

Líbrese testemuño da presente resolución, que se unirá aos autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que é firme e que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Corcubión, 5 de marzo de 2020

O/a letrado/a da Administración de xustiza