Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36579

IV. Oposicións e concursos

Parlamento de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2020 de nomeamento dun funcionario do corpo superior.

A Mesa do Parlamento de Galicia, na súa reunión do 27 de agosto de 2020 (BOPG núm. 10, do 3 de setembro), acordou a resolución e aprobación do proceso selectivo para ingresar por quenda libre nunha praza do corpo superior do Parlamento de Galicia a favor de David González Alonso.

O 9 de setembro de 2020, o xefe do Servizo de Persoal e Réxime Interior emitiu informe sobre o cumprimento por parte do interesado de todos os requisitos para ingresar na praza do corpo superior do Parlamento de Galicia, segundo o estipulado nas bases da convocatoria aprobadas por Acordo da Mesa do Parlamento de Galicia do 8 de xullo de 2019 (DOG núm. 142, do 29 de xullo, e BOPG núm. 511, do 26 de xullo).

De acordo coas bases da convocatoria e no uso das facultades que me confire o Estatuto de persoal e o Regulamento de organización e funcionamento do Parlamento de Galicia,

RESOLVO:

1º. Nomear funcionario de carreira para cubrir unha praza do corpo superior (grupo A) do Parlamento de Galicia a David González Alonso (DNI ***5631**).

2º. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia e na páxina web corporativa.

3º. Notificar esta resolución ao interesado, ao Servizo de Persoal e Réxime Interior e a Intervención e Asuntos Económicos.

Contra a presente resolución poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a Presidencia do Parlamento de Galicia no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente do Parlamento de Galicia