Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de agosto de 2020, Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/100-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Udralar, S.L.

Domicilio social: rúa Carlos y Guillermo Fernández Shaw, 1 baixo, 28007 Madrid.

Denominación: proxecto de liña de media tensión soterrada, centro de transformación e liña de baixa tensión soterrada para alimentación a edificio sito na praza Fábrica de Tabacos, 10, parcela m², concello da Coruña.

Situación: praza Fábrica de Tabacos, 10, N2-11 POL H8.03, 15006 A Coruña.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada de 15 kV con inicio e fin na liña de distribución existente entre o CT 15CAB4 Novoa Santos e o CS 15CLLK Tabacalera, logo de entrar e saír no centro de transformación proxectado, condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2), Al, 110 m (entrada e saída).

Centro de transformación en local de obra civil na planta baixa do edificio. Celas prefabricadas de seccionamento, seccionamento telecontrolado e protección con seccionador e fusibles (24 kV, 400 A, 16 kA). Transformador de 400 kVA, refrixeración natural, en baño de aceite mineral e relación de transformación 15 /0.42 kV.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación.

O prazo de vixencia da autorización é dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A presente autorización entenderase outorgada salvo o dereito de propiedade e sen prexuízo de terceiro, e non poderá ser invocada para excluír ou diminuír a responsabilidade civil ou penal en que poida incorrer o beneficiario no exercicio da actividade ou na explotación da instalación autorizada.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra o presente acordo, que non é definitivo en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 112, 115, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 6 de agosto de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña