En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 65 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese Manuel Rodríguez Vázquez como director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural