Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36519

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

DECRETO 139/2020, do 17 de setembro, polo que se dispón que cese María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade como secretaria xeral técnica da Consellería do Mar.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira do Mar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Que cese María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade como secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, dezassete de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar