Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36554

III. Outras disposicións

Consello da Cultura Galega

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

Para os efectos previstos no artigo 1 da Lei 16/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, acórdase dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Consello da Cultura Galega, no segundo cuadrimestre do ano 2020, os cales se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela,10 de setembro de 2020

Rosario Álvarez Blanco
Presidenta do Consello da Cultura Galega

ANEXO

Convenio

Achega do Consello
da Cultura Galega

Data de sinatura

Protocolo xeral de actuación entre o Instituto Cervantes, o Instituto Ramón Llull, o Etxepare Euskal Institutua e o Consello da Cultura Galega

Sen dotación económica

25.5.2020